AUTOR:Eduard Velasco.
EDITORIAL: XERAIS
Sinopse:
Bienvenido
queda sen tabaco e acaba nun centro sociocultural contrario aos seus
intereses de clase. Un home coma el nunca entraría nun sitio coma ese,
pero tampouco acabaría pasando a noite con Mariña, a camareira activista
que lle serviu a primeira copa de moitas. Desenfreados pola paixón,
durante un ano viaxarán por Galicia (das Rías Baixas ao Courel),
explorarán os límites dos corpos e as fronteiras das súas conviccións e
xogarán coas identidades ata transformárense en persoas insospeitadas
nas súas vidas anteriores, para incomprensión e hilaridade do seu
círculo máis próximo. Pero quen non estaría disposto a traizoar a
memoria familiar para seguir a chamada do desexo? "Os días felices de
Benvido Seixas" é unha novela retranqueira, irónica, divertidísima, que
enreda cos tópicos da cultura galega para facer un brinde a favor do
humor.
1 comentario:
Os días felices de Benvido Seixas narra a falsa historia de amor que provoca un casual encontro entre Mariña, unha muller de esquerdas e reivindicativa, e Benvido, un home criado no seo dunha familia rica ao que sempre lle deron todo feito. Este, para poder ter unha segunda cita con Mariña, decide mentirlle sobre a súa procedencia. Do mesmo xeito que cada vez ambos personaxes se van acercando e coñecendo máis, a mentira vai medrando ata chegar a un punto en que esta é tan grande que as consecuencias son desmedidas. Volverán a reencontrarse?
Ao meu parecer, é unha historia moi cómica que nos fai reflexionar, non pola historia en sí, senón a través de cada personaxe e da súa forma de resolver os conflitos. Tamén sobre a forma de ser dos galegos, coa que nos podemos sentir indentificados en certos diálogos cheos de ironía.
Por outra banda, pareceume unha obra fácil de ler e é capaz de xerar adicción para querer rematala.
Concluíndo, pareceume unha historia moi entretida, cómica e fácil de ler, polo que a recomendaría sen dúbida.
Publicar un comentario