Amosando publicacións coa etiqueta 21 DÍAS CO GALEGO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 21 DÍAS CO GALEGO. Amosar todas as publicacións

03 marzo 2021

Entre donas ás beiras do Lérez

 

#21diascogalegoemais​ #aculturasegue​ #21dcgemais​ O IES Sánchez Cantón de Pontevedra está a traballar sobre a valoración de mulleres pontevedresas de diferentes ámbitos e a súa relación coa lingua.  
 
 

 
 
 
Este vídeo foi realizado na edición de 2021 por alumnado deste centro educativo dentro do programa 21 Días co Galego e + da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

21 febreiro 2021

21 DE FEBREIRO, DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA GALEGA

 A Mesa pola Normalización Lingüística : https://www.amesa.gal/


 

 


 Estreado o 18 de feb. de 2021

A Mesa pola Normalización Lingüística, Euskalgintzaren KONTSEILUA, CIEMEN, Iniciativa Pol asturianu, NOGARA, Plataforma per la Llengua, Òmnium, Escola Valenciana e Acció Cultural del País Valencià, difunden nas linguas propias oficiais (galego, catalán e éuscaro) e as que aspiran a este recoñecemento (asturleonés e aragonés) o contido da proposta que presentaron en febreiro de 2020 no Congreso de Madrid e que será debatida nunhas semanas

01 febreiro 2020

Pilar Ponte: 21 día co galego

Pilar Ponte: 21 día co galego . Temos que sumar!!!!

 “Vivir en galego no século XXI”

O luns 13 de xaneiro 2020 botou a andar a edición 2020 de 21 días co galego e máis, unha iniciativa de promoción do uso do galego que medra cada ano, estendéndose a máis centros e alumnado. Na orixe de todo está a idea que no ano 2014 tivo a profesora Pilar Ponte no IES da Pobra do Caramiñal: que os alumnos e alumnas empregasen o galego durante 21 días seguidos, tanto dentro coma fóra das aulas, sobre todo fóra das aulas. O proxecto demostrou a súa eficiacia e dende o ano pasado conta co impulso decidido da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Entre o 2014 e o 2020 o proxecto medrou moitísimo: dunha pequena iniciativa nun só centro á participación de case 4.000 alumnos e alumnas de toda Galicia. Dá vertixe?(...)
Pilar Ponte, coordinadora de 21 días co galego e máis. recibiu este martes en Vigo un dos Premios da Cultura Galega 2019, entregados pola Xunta.

Mensaxes desta campaña 2019-2020: 
 
"A lingua non depende só da clase de Galego, senón que a lingua é algo global, que afecta a todas as materias"
 Queremos que as familias participen, que falen en galego cos seus fillos e que despois, se o desexan, o colguen nas súas redes sociais e nos etiqueten con #21diascogalego.
 "Se unha persoa non domina as dúas linguas, non pode escoller libremente que lingua quere usar". A propia lei di que ao rematar o ensino obrigatorio os alumnos e alumnas teñen que dominar as dúas linguas por igual, e ese é o noso obxectivo. Só así serán libres de escoller.
 "O paso entre non ser galegofalante e selo é unha cuestión de actitude, non de coñecemento"
 "Esta xeración non ten xa eses prexuízos que si existían noutras épocas, de que se é un idioma de paletos e demais. Agora pesan máis cuestión de hábito, de utilidade"
 Propostas: http://blogs.xunta.gal/21diascogalegoemais/