Amosando publicacións coa etiqueta Lecturas 3º ESO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lecturas 3º ESO. Amosar todas as publicacións

27 decembro 2020

A caixiña de rancores de Héctor Cajaraville

     

AUTOR:  Héctor Cajaraville

TÍTULO: A caixiña dos rancores

EDITORIAL:INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOGO

5ª Edición - Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil, 2015 - Recomendado pola "Guía de literatura infantil e xuvenil para a igualdade" da Xunta de Galicia. 

A xuíza Felpeto, acabada de chegar á localidade costeira de Valdomar, revoluciona a vila coas súas orixinais sentenzas. Cando Estevo é obrigado a pasar todo o verán visitando a Chiruca, a anciá a que atropelara co seu ciclomotor, imaxina unhas soporíferas xornadas aturando as historias daquela muller que cruzara polo paso de cebra sen mirar. Pero todo cambia cando a casualidade fai que o mozo descubra un segredo que ten na súa cerna a Chiruca e que ela mesma descoñece. Coa axuda de Paula, a noiva de Estevo, o nobelo daquel misterio irase desenredando ao mesmo tempo que xorde entre os tres protagonistas unha relación tan profunda como inesperada, que pasa por riba da diferenza de idade e que demostra que a amizade verdadeira non entende de prexuízos nin de convencionalismos.

O diario violeta de Carlota de Gemma Lienas

                                                     

TÍTULO: O diario violeta de Carlota.

AUTORA:O diario violeta de Carlota de Gemma Lienas.

EDITORIAL: GALAXIA, COLECCIÓN COSTA OESTE.

Un día, Carlota recibe da súa avoa a encomenda de observar o mundo cunhas lentes de cor violeta, é dicir, dende unha óptica feminista e igualitaria. Axiña vai entender, e nós con ela, que hai moitísima situacións do noso día a día que tomamos como normais cando, en realidade, son todo un exercicio de discriminación e inxustiza.
 Moito máis ca novela, moito máis ca un diario

 

14 novembro 2020

O grupo de An Alfaya

 

TÍTULO: O grupo

AUTORA: An Alfaya

EDITORIAL: INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOGO E-book

XII Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil - Lista de Honra 2019 da OEPLI

Sentiches discriminación algunha vez polo teu aspecto, a túa orixe ou a túa orientación sexual? Serías quen de desprazarte a diario pola túa cidade nunha cadeira de rodas? Imaxinas ter un pai maltratador? Antón, Runa, Carla, Amina e Nico son adolescentes que viven en primeira persoa algunha destas situacións. Deciden acudir ao Centro Cívico do seu barrio seguindo o consello dos adultos nos que confían. Non se coñecían, mais a carón de Sandra, unha traballadora social que conduce os encontros, as súas voces álzanse de xeito testemuñal amosando a súa vulnerabilidade. Non obstante a coordinadora arrastra feridas pendentes de cicatrizar que a fan dubidar da súa capacidade profesional cando se atopa fronte ao Grupo.

24 outubro 2020

PEPE CARREIRO AUTOR DE BANDAS DESEÑADAS E A NORMALIZACIÓN DO GALEGO (II)

 

COMPOSTELA, A HISTORIA DUNHA LENDA.

Autor: Pepe Carreiro.

Editorial: ToxosOutos. Galicia, 2003
Textos en galego, castelán, inglés, francés

 

Historia da capital de Galicia "desde os albores da suposta descoberta do sepulcro do Apóstolo Santiago até o alzamento militar de 1936". Obra de Pepe Carreiro co asesoramento histórico de Clodio González Pérez.

PEPE CARREIRO AUTOR DE BANDAS DESEÑADAS E A NORMALIZACIÓN DO GALEGO (I)

 PEPE CARREIRO É AUTOR DE BANDAS  DESEÑADAS:

“Se se fai ben, o cómic pode ser un cabalo de Troia para introducir o galego en ambientes hostís”Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/04/2018 | Actualizada ás 08:35 (Entrevista).

 Pepe Carreiro traballou de debuxante e director de arte en varias axencias de publicidade de Vigo, fundou con outros socios unha axencia e ten un estudo propio desde os anos 90. Fundou as revistas Can sen Dono e XO! "; publicou dous libros de humor gráfico: Fraga na Galiza (Laiovento) e Mellor que onte, pero mellor que mañán (Fervenza).

Definese como humorista gráfico e ten publicado viñetas e tiras en numerosos medios. Como debuxante e guionista de banda deseñada publicou tres álbums da serie Os Barbanzóns: Baroña ou morte, Non solpor da prehistoria e A noite de Samaín; un álbum sobre Galicia nas guerras napoleónicas: A retirada de Sir John Moore e Historia de Compostela (Toxosoutos).

O seu maior éxito foi a creación da serie infantil Os Bolechas editada primeiro por A Nosa Terra e actualmente por Bolanda Edicións e Marketing e que deu o salto do papel a outros múltiples formatos, como espectáculos para teatro, discos, unha serie de televisión e agora está xa no mercado portugués. De feito, grazas a esta serie, milleiros de nenos  e nenas tiveron o seu primeiro contacto co galego. “O galego penetra mesmo en lugares onde non é ben recibido, pero para iso ten que estar ben escrito e o cómic tratar temas e debuxos que nin o máis recalcitrante españolista poida resistirse a ver”, asegura.

 

Os Barbanzóns:Baroña ou morte

Editorial ToxosOutos.
 

Primeira entrega da saga dos Barbanzóns, de ecos asterixianos e ambientada no Castro de Baroña, Nela, o personaxe Con, contra a tranquilidade do clan, decide concienciar aos seus do perigo de posibles invasións. A mellor defensa é o ataque, e a mellor defensa contra o ataque é unha boa festa.

 

 

 

 


Os Barbanzóns:No solpor da Historia

Editorial ToxosOutos.

Nesta nova aventura, Os Barbanzóns realizan unha accidentada viaxe a terras irlandesas, onde se encontrarán cos Moloney, unha familia moi peculiar. Por esta vez, o protagonismo tamén vai recaer sobre Son, o fillo máis vello de Con e Guinness, que co seu idealismo vai tentar revolucionar Eirín. 

 

 


Os Barbanzóns: A Noite de Samaín.

Editorial ToxosOutos.

Segundo os vellos costumes celtas e seguramente tamén os castrexos, o ano pártese en dúas estacións: verán e inverno. Non reparan e máis matices. E o paso dunha estación a outra exactamente na noite que vai do último día de Outono ao primeiro día de Santos. Pero a noite de Samaín ademais de separar o ano, confunde o mundo do máis alá co noso munto terreal. E iso si xa é outra historia. Precisamente a historia que viven neste novo libro os coñecidos habitantes do castro de Baroña: Os Barbanzóns. 

 

FONTE: http://culturagalega.gal/bd/ficha.php?id=381&busca=barbanzons

A retirada de Sir John Moore de Pepe Carreiro

 A retirada de Sir John Moore de Pepe Carreiro.


 

É a primeira entrega da serie "Galicia nas Guerras Napoleónicas". Teixugo é un arrieiro galego que no Bierzo tropeza co exército inglés baténdose en retirada para A Coruña, coa cabalería francesa pisándolle os talóns. Ubícase ao lector no escenario histórico da ocupación francesa mediante uns textos de presentación e despois aborda con humor os feitos históricos que desembocaron na batalla de Elviña.

Está publicada pola Editorial Xerais. 

 

08 xaneiro 2020

TÍTULO: Guernica . AUTOR:  Heliane Bernard

TRADUTORA: : Emma Lázare Rodríguez
 ILUSTRADOR: Olivier Charpentier
 Ed Kalandraka Editora.

RESEÑA:  Cun plantexamento cronolóxico, esta obra desgrana os episodios que conduciron á materialización dunha das obras da Arte Contemporánea máis famosas de todos os tempos, Entre malo e xuño de 1937, o pintor Pablo Picasso plasma toda a rabia, a impotencia e a dor que Ile causa o bombardeo sobre Guernica.
O mural foi un encargo para representar a España na Exposición Universal de París, pero converteuse nun símbolo da libertade, unha metáfora sobre o drama humano, o despropósito político e a antesala da debacle posterior, co estourido da II Guerra Mundial.
Heliane Bernard asómase á vida persoal do artista malagueño e repasa os feitos dende varios puntos de vista: aborda o complexo contexto histórico, métese na pel das vítimas da violencia, empatiza con aqueles que -como Picasso- asisten aos acontecementos dende a distancia e proxecta a conmoción que Ile causa tanta destrucción. As ilustracións de Olivier Charpentier, de trazos sobrios e audaces, xogan co simbolismo cromático: o vermello e o negro do sangre e da morte apodéranse do universo azul do pintor, dominando o seu impulso creativo.
O álbum contén un anexo con máis información sobre a historia de España na década de 1930 e unha biografía de Pablo Picasso que percorre a súa etapa parisina, a súa evolución artística e a súa obra máis universal; Heliane Bernard analiza os personaxes, elementos e composición do "Guernica" para que os lectores reflexionen sobre o seu significado: a crueza extrema dos conflictos bélicos, un berro contra a senrazón, un lenzo comprometido, que actualmente se pode visitar no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, de Madrid.
FONTE: http://culturagalega.gal/lg3/novidade.php?Cod_prdccn=1274

11 xaneiro 2018

Recinto Gris

 
Autora: Ledicia Costas.

Tras unha día de galerna, Cidade Vii foi invadida por un exército adestrado para conseguir unha cidade perfecta. Aqueles soldados altísimos de uniforme negro e cabeza de lobo peiteaban o territorio, rexistraban cada casa, non deixaban nada ao chou. Tiñan instrucións moi claras que cumprir: colleren aqueles que perturbaban o equilibrio social, ás persoas consideradas diferentes, metelas nos camións e trasladalas a Recinto Gris, un lugar habilitado para aloxar os que non encaixaban no seu deseño. Aqueles soldados lobos presentáronse na casa de Nube, unha rapaza incapaz de mentir, coa intención de levala.

Irmán Rei Artur

Autor: Carlos G. Reigosa

Tres relatos curtos que constitúen unha nova invención galega dos temas do ciclo da Táboa Redonda. Tres narracións que completan a vella historia do rei Artur e os cabaleiros da Táboa Redonda con cadansúa recreación persoal que Carlos G. Reigosa fai dalgún episodio desde unha nova perspectiva moi libre. A primeira, “A tentación de Lanzarote”, “Amor de Merlín” e  “A morte do rei Artur” 

A cripta do apóstolo

Autor: Pere Tabaruela.
 O libro divídese en dúas partes de extensión desigual, a primeira titúlase “A Lenda”, abrangue aproximadamente cincuenta páxinas, e nela o autor novela a lenda do apóstolo desde as súas orixes ata o nacemento da cidade de Santiago de Compostela. A segunda, titulada “A cripta do apóstolo”, constitúe o corpo da novela, e nela ofrécesenos a historia da peregrinación dos catro amigos durante dúas semanas acompañados dun misterioso e enigmático monitor. Xacobe, Paula, Jaume e Candela, e o resto dos seus compañeiros de clase, protagonizan a aventura de percorrer o Camiño de Santiago durante dezaseis días. Coa mochila ao lombo, combinando traxectos a pé e desprazamentos en autocar, estes mozos e mozas peregrinos do século XXI percorrerán un itinerario cultural fascinante que os levará dende Somport, un porto de montaña no Pireneo de Aragón, situado preto da fronteira francesa, deica a catedral de Compostela, onde está a cripta do apóstolo. Mais no comezo da súa viaxe, un dos monitores que os acompaña, un personaxe moi peculiar, alértaos de que un perigo sobrevoa a cidade compostelá. Será certo?

A boca do monte

Autora: Celia Díaz
A boca do monte  mestura  acontecementos históricos coa vida dos personaxes xurdidos da  imaxinación. Unha viaxe longa, á época do imperio romano, no sur da provincia de Lugo, por terras de Quiroga, máis concretamente no túnel de Montefurado. É unha historia sobre a nosa historia, sobre os nosos devanceiros que foron esmagados por un imperio, o romano, ao que pouco lle importaban as xentes de Galicia máis que como man de obra á que escravizar. Pero malia a situación, sempre hai quen se rebela, sempre hai quen pelexa pola súa liberdade. Unha viaxe pola Galicia de hai moitos séculos. Pero tamén pola Roma imperial e grande que, tamen, puxo as súas gadoupas na nosa terra.

26 decembro 2017

Reo

Autor: Xesús Fraga

Esta é a historia de Reo, un rapaz calquera dun barrio calquera.
Premio Fervanzas Literarias 2014 ao Mellor Libro de Literatura Xuvenil

Pero Reo é o rei dos graffiteiros da cidade: o que máis bombardea coa súa sinatura, o máis comprometido coa súa arte; o mellor. O graffiti é o que lle permite dar saída a todas as inquedanzas que lle bolen na cabeza. Ata que un día un misterioso rival o reta nos muros da cidade. Unha confrontación da que emerxerá transformado, aínda que non como Reo espera. Velaquí un dos argumentos da novela gañadora do Premio Raíña Lupa de Literatura Xuvenil 2013 e na que, ademáis de envolvernos nunha trama trepidante arredor de Reo, o hip hop, as bandas dos barrios e ás veces a tristeira vida cotiá de quen ten horizontes máis grandes, deita unha interesante reflexión sobre a vida dos mozos e mozas dos nosos días, sobre as súas angueiras e esperanzas.

21 decembro 2017

Corredora

Autora: María Reimóndez
Editorial: Xerais, Colección Fóra de Xogo.

Genet Mullugueta naceu nunha aldea de North Wolloh en Etiopía. Dende noviña o que máis lle gustaba era correr e correr polo ventre da montaña. Mais a fame, a guerra e a figura do pai obrígana a acompañar a súa nai e a pedir esmola polas rúas inseguras e caóticas de Addis Abeba. Alí, vendendo panos nos cruzamentos, Genet coñeceu a Abebe, un médico e voluntario da federación de atletismo que, sorprendido coa súa resistencia e velocidade, lle propón adestrar en Meskel Square. Dende entón, a súa vida mudará, como a doutras nenas, mozas e mulleres etíopes que corren contra si mesmas sen fin.Corredora é unha historia colectiva de superación deportiva. Recolle a tradición atlética de Etiopía na busca activa de talentos entre as crianzas do rural ou empobrecidas nas cidades.

22 segundos


O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese momento só vivira de portas para dentro. Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falase."Son Álex, un mozo transexual. Abro este vlog para compartir con vós a miña vida. Quen me coñeza e estea a ver este vídeo entenderá moitas cousas, ou mesmo non comprenderá –ou non quererá comprender– nada. O distinto asusta, dá vertixe porque obriga a cuestionarse tantas cousas... E por iso fago este vídeo, porque non quero ter máis medo, nin vergoña de ser quen son."Antes de que lle dese tempo a pensar, conectou a cámara co ordenador. Vinte e dous segundos. Ese foi o tempo que tardou o arquivo en subir á rede. "22 segundos" relata, en primeira persoa, anacos da infancia e adolescencia dun mozo transexual que, desde os primeiros anos sabe –sen poñerlle etiquetas– que a súa identidade de xénero non coincide co sexo que lle asignaron ao nacer. Unha obra que busca visibilizar, desde a empatía, un colectivo de persoas historicamente silenciadas e denigradas que loita por que as leis –e a sociedade– deixen de consideralas enfermas.

12 novembro 2017

Voa, Cascuda!


Autora: Leticia Dotras
Argumento: Narra a historia de tres xeracións de mulleres escrita en formato epistolar. Será a nai a encargada de transmitir esa selección de vivencias, tanto de xeracións anteriores como da propia vida da filla , incluso dende moito antes de nacer , converténdose esta na cerna motriz de todo o relato novelado.

21 xuño 2017

Memorias dun neno labrego

Memorias dun neno labrego fala dun neno chamado Balbino que vive na Galicia da primeira metade do século XX, cando os galegos emigraban a outros países, normalmente a América. Este rapaz é pobre e ten que traballar na leira do Señor. Balbino goza coas súas aventuras na aldea.
O libro está distribuído en capítulos nos que se contan historias da vida do protagonista. Balbino dálle a volta ó feito de non ser un adulto, de non poder emigrar a América. A pesar da súa idade, pensa no mundo, no futuro, no Señor, en Manolito, en Eladia (que queda olvidada finalmente por mor de Flora), en querer emigrar a América…
Autor: xosé Neira Vilas.
Editorial Galaxia.

21 xaneiro 2017

Denébola a Roxa

Autor: Héctor Cajaraville.
O 15 de marzo de 1600, o mesmo día en que fai quince anos, Denébola recibe a noticia de que o seu pai decidiu enviala como noviza a un convento de clausura. Pero a moza, que comparte nome cunha das estrelas máis brillantes da constelación de Leo, loitará por un futuro máis luminoso ca este que o seu pai, o poderoso señor de Mourentán, elixiu para ela. Marcada pola superstición asociada á súa cabeleira roxa, buscará o modo de rexerse polos seus propios principios e tomar as rédeas do seu destino. Na súa viaxe á procura da liberdade acabará chegando a América, un Novo Mundo no que todo está por facer e onde é posible converter en realidade o soño de trazar o seu camiño na vida. Ao longo da novela asistimos á transformación da xove protagonista nunha muller que se rebela contra os prexuízos, as convencións e os costumes do seu tempo

24 maio 2016

Ás veces quero morrer coa risa

Autoras: Birgit Schlieper e Nina Stahl
Conta a historia dun rapaz de 16 anos ao que lle diagnostican un cancro termial. O protagonista non é capaz de pensar con claridade diante da tremenda realidade, nin entender por que ten que morrer tan novo con todo o que lle queda por vivir: ter noiva, o primeiro coche, ir a concertos..., en definitiva, todo o que calquera adolescente devece por facer. Séntese furioso, desvalido e enganado pola vida. Todo semella inxusto. Ten que decidir onde pasar o tempo que lle queda, se seguir no hospital, onde está rodeado por persoas que comparten o mesmo fado, ou marchar cos seus pais. Mais coñece a Henene, unha rapaza que está aínda máis enferma ca el. Así, coa aparición do amor, descobre un posible sentido para o tempo que lle queda: quere pasalo con Helene.

Marxinados

Autor: Pepe Carballude
Marxinados é unha historia de persoas que viven, dalgunha maneira fóra do mundo. Pero que tamén queren cambialo. Fálanos dunha estrela do baloncesto que un día decide rematar a súa carreira e ir traballar como educador ao internado onde tamén él foi criadfo. Está alí para botar unha man a nenos e nenas que, coma el, foron excluídos por unha realidad que os puxo fóra: pais e nais atrapados na miseria, nas drogas, nos problemas duros do lado máis feo do mundo. Per otamén está alí chamado por unha historia de amor. Unha novela para pensar nas persoas que non poden facer nada por cambiar as cousas. Pero también unha novela para pensar nas persoas que as cambian, para mellor, todos os días.

20 xaneiro 2015

Debuxos no muro.

Autora: Aurora Rúa. Ed. Galaxia, Col. Costa Oeste.
Pablo é un mozo de 15 anos que pasa os últimos días do verán co seu pai no hospital onde traballa. É unha especie de castigo para que así poida preparar o exame dunha asignatura suspensa. Durante a súa reclusión forzosa, descobre uns debuxos sorprendentes pintados nas paredes dunha cova. Así, a través dos debuxos nun muro, coñecerá a Pep, un rapaz da súa idade, que viviu, setenta anos atras, recluído tamén, pero por razóns ben diferente: como prisioneiro republicano durante a Guerra Civil de España. Unha novela que nos fala da amizade e da arte como memoria histórica, onde presente e pasado se entrelazan a través duns sinxelos trazos de carbón.