Amosando publicacións coa etiqueta BANDA DESEÑADA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta BANDA DESEÑADA. Amosar todas as publicacións

24 outubro 2020

Os pioneiros da banda deseñada galega (1971-1979), de Xulio Carballo

 Os pioneiros da banda deseñada galega (1971-1979)

Autor: Xulio Carballo Dopico

Editorial: Xerais

En 2015, Xulio Carballo defendía na Universidade da Coruña a súa tese de doutoramento, elocuentemente titulada Para unha historia da banda deseñada galega.

 Aquela tese vén de ser transformada agora nun necesario libro de divulgación: Os pioneiros da banda deseñada galega (1971-1979). Carballo establece unha cronoloxía das obras fundacionais da BDG e define detalladamente as pretensións dos autores que as fixeron posibles. O que os pioneiros Reimundo Patiño, Xaquín Marín, Chichi Campos ou Xosé Díaz tiñan en común era o desexo de empregar un medio popular, o cómic, para difundir unha mensaxe política emancipadora, unha chamada a tomar conciencia dos problemas políticos, sociais e económicos da época e transformar a realidade. Velaí a singularidade do caso galego, no que a serodia aparición da banda deseñada está claramente vinculada á escaseza de publicacións periódicas en galego e, en definitiva, á ausencia dunha cultura normalizada na nosa lingua.

Carballo sinala tamén a década dos 70 como o tempo no que se produciu a progresiva acollida das tiras cómicas en galego polos xornais do País, destacando de novo o labor de Xaquín Marín canda outros autores coma Xosé Lois, Esperante, Veiga ou Pepe Carreiro. Máis adiante chegarían os suplementos infantís e culturais, así como pequenos milagres coma a revista Vagalume, que en 1977 chegaba a contar en Galicia con máis de 5.000 subscritores. En 1979, o fanzine Xofre, promovido por un novísimo Miguelanxo Prado, Xan López Domínguez e Fran Jaraba, sinalaba o final dun tempo mediante a introdución dun novo paradigma na concepción da BD galega que, sen renunciar a reflectir a realidade do País, facíao abríndose a influencias do cómic que naquela altura estaba a producirse en España, Europa ou Norteamérica.

O libro ten outras virtudes máis incómodas, coma a de poñer en evidencia que o cómic galego ofrece un inxente campo de estudo que demanda atención académica, ou constatarmos que non existen, a día de hoxe, reedicións recentes de ningún dos grandes dos títulos fundacionais da nosa BD.

FONTE: http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/88920-orixes-banda-desenada-galega


MOI ENTERESANTE TAMÉN  INFORMACIÓN DE :

http://www.komic.es/gl/lecturas/720-os-pioneiros-da-banda-desenada-galega-1971-1979-xulio-carballo.html 
Cando, hai uns anos, Xulio Carballo entrou en Komic Librería solicitando información para a súa tese doutoral sobre os primeiros pasos da banda deseñada galega, non podiamos sospeitar que o seu traballo ía ter un percorrido e unha repercusión tan relevantes, nin que da súa investigación naceran froitos tan interesantes e necesarios como a estupenda exposición BDG 70: a revolta do cómic galego, que comisariou no ano 2016 para a Sala Normal da Universidade da Coruña (e da que dá testemuño o seu excelente –tanto no contido como na súa edición– catálogo), ou o libro do que hoxe vos falamos, recén saidiño do prelo: Os pioneiros da banda deseñada galega (1971-1979).

Os pioneiros da banda deseñada galega (1971-1979) preséntasenos como algo tremendamente necesario: para entender o presente é preciso coñecer o pasado.

 AH! e POR SE VOS DESPISTASTES, XULIO CARBALLO DO PICO FOI PROFE NO NOSO INSTITUTO NO CURSO 2018-2019!!!!

10 anos de BD galega (2007)

 10 anos de BD galega (2007).

 

Catálogo da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, coordenado coas Xornadas de BD de Ourense e con Viñetas desde o Atlántico, e publicado pola Xunta de Galicia coa colaboración do Concello da Coruña. 
O contido procede dunha exposición comisariada por Fran Bueno, Henrique Torreiro e Javi Montes. De cada autor exponse unha pequena mostra de traballo e un índice das súas principais publicacións.

FONTE: http://culturagalega.gal/bd/ficha.php?xenero=Cat%E1logos%20e%20manuais&id=261&busca=Dez%20anos%20de%20BD

 

BANDA DESEÑADA: Historieta Galega 1973-2008

 Historieta Galega 1973-2008

Catálogo da exposición retrospectiva homónima,  Exposta no Auditorio de Galicia do 6 de marzo de 2008 ao 8 de xuño de 2008, foi comisariada por Fausto Isorna e Gemma Sesar. 

O catálogo contén pranchas de cómic de Isaac Díaz Pardo, Pepe Barro, Ricardo Lázaro, Catamarca, Manuel Fragoso, Loquis, Ouro, Losada, Xabier Correa Corredoira, Pedro Sardiña, Álvaro de la Vega, Euxío, Geno, Tijarafe, Dolores Torres, Bernar, Gonzalo Viana, Manuel Figueiras, Armando Salas, Nacho Hortas, Xurxo, Ramón Marcos, e ilustracións de Pepe Barro e Miguel Vigo, ademais de obra gráfica de todos os autores ligados nesta mesma ficha. 

Os textos do catálogo, ademais da introdución dos comisarios, son de Pepe Barro (sobre Reimundo Patiño), Daniel Buján e Rosario Crespo (BD galega no s.XIX), Pedro Porcel (revistas de BD infantil), Carlos Portela (o estado da BD en Galicia) e Marisa Sobrino (cómic e posmodernismo). Leva prefacio de Ánxela Bugallo, conselleira de cultura, e Néstor Rego, concelleiro de cultura de Compostela, ademais dun epílogo a xeito de catálogo de publicacións galegas que provocou certa polémica. O catálogo está publicado pola Xunta de Galicia (Consellería de Cultura e Deporte) e o Concello de Santiago (Concellaría de Cultura). A organización correspondeu a Auditorio de Galicia baixo mecenado de tres compañías privadas. Patrocinado pola Xunta de Galicia (Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar) e Feima (Fundación de Arte Galego, Madrid). 

Houbo en 2007 unha exposición itinerante (Madrid, Barcelona, Lisboa, Porto) chamada ``La historieta gallegaŽŽ, dos mesmos comisarios, tamén responsables do documental ``35 anos de historieta galegaŽŽ (2009). 

PEPE CARREIRO AUTOR DE BANDAS DESEÑADAS E A NORMALIZACIÓN DO GALEGO (II)

 

COMPOSTELA, A HISTORIA DUNHA LENDA.

Autor: Pepe Carreiro.

Editorial: ToxosOutos. Galicia, 2003
Textos en galego, castelán, inglés, francés

 

Historia da capital de Galicia "desde os albores da suposta descoberta do sepulcro do Apóstolo Santiago até o alzamento militar de 1936". Obra de Pepe Carreiro co asesoramento histórico de Clodio González Pérez.

PEPE CARREIRO AUTOR DE BANDAS DESEÑADAS E A NORMALIZACIÓN DO GALEGO (I)

 PEPE CARREIRO É AUTOR DE BANDAS  DESEÑADAS:

“Se se fai ben, o cómic pode ser un cabalo de Troia para introducir o galego en ambientes hostís”Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/04/2018 | Actualizada ás 08:35 (Entrevista).

 Pepe Carreiro traballou de debuxante e director de arte en varias axencias de publicidade de Vigo, fundou con outros socios unha axencia e ten un estudo propio desde os anos 90. Fundou as revistas Can sen Dono e XO! "; publicou dous libros de humor gráfico: Fraga na Galiza (Laiovento) e Mellor que onte, pero mellor que mañán (Fervenza).

Definese como humorista gráfico e ten publicado viñetas e tiras en numerosos medios. Como debuxante e guionista de banda deseñada publicou tres álbums da serie Os Barbanzóns: Baroña ou morte, Non solpor da prehistoria e A noite de Samaín; un álbum sobre Galicia nas guerras napoleónicas: A retirada de Sir John Moore e Historia de Compostela (Toxosoutos).

O seu maior éxito foi a creación da serie infantil Os Bolechas editada primeiro por A Nosa Terra e actualmente por Bolanda Edicións e Marketing e que deu o salto do papel a outros múltiples formatos, como espectáculos para teatro, discos, unha serie de televisión e agora está xa no mercado portugués. De feito, grazas a esta serie, milleiros de nenos  e nenas tiveron o seu primeiro contacto co galego. “O galego penetra mesmo en lugares onde non é ben recibido, pero para iso ten que estar ben escrito e o cómic tratar temas e debuxos que nin o máis recalcitrante españolista poida resistirse a ver”, asegura.

 

Os Barbanzóns:Baroña ou morte

Editorial ToxosOutos.
 

Primeira entrega da saga dos Barbanzóns, de ecos asterixianos e ambientada no Castro de Baroña, Nela, o personaxe Con, contra a tranquilidade do clan, decide concienciar aos seus do perigo de posibles invasións. A mellor defensa é o ataque, e a mellor defensa contra o ataque é unha boa festa.

 

 

 

 


Os Barbanzóns:No solpor da Historia

Editorial ToxosOutos.

Nesta nova aventura, Os Barbanzóns realizan unha accidentada viaxe a terras irlandesas, onde se encontrarán cos Moloney, unha familia moi peculiar. Por esta vez, o protagonismo tamén vai recaer sobre Son, o fillo máis vello de Con e Guinness, que co seu idealismo vai tentar revolucionar Eirín. 

 

 


Os Barbanzóns: A Noite de Samaín.

Editorial ToxosOutos.

Segundo os vellos costumes celtas e seguramente tamén os castrexos, o ano pártese en dúas estacións: verán e inverno. Non reparan e máis matices. E o paso dunha estación a outra exactamente na noite que vai do último día de Outono ao primeiro día de Santos. Pero a noite de Samaín ademais de separar o ano, confunde o mundo do máis alá co noso munto terreal. E iso si xa é outra historia. Precisamente a historia que viven neste novo libro os coñecidos habitantes do castro de Baroña: Os Barbanzóns. 

 

FONTE: http://culturagalega.gal/bd/ficha.php?id=381&busca=barbanzons

A retirada de Sir John Moore de Pepe Carreiro

 A retirada de Sir John Moore de Pepe Carreiro.


 

É a primeira entrega da serie "Galicia nas Guerras Napoleónicas". Teixugo é un arrieiro galego que no Bierzo tropeza co exército inglés baténdose en retirada para A Coruña, coa cabalería francesa pisándolle os talóns. Ubícase ao lector no escenario histórico da ocupación francesa mediante uns textos de presentación e despois aborda con humor os feitos históricos que desembocaron na batalla de Elviña.

Está publicada pola Editorial Xerais. 

 

18 xaneiro 2020

Anémona de Río : Tam

Anémona de Río, alumna do Garaxe Hermético, presenta o primeiro manga galego: 'Tam'.

 

  Os mangas son os cómics tradicionais xaponeses e agora tamén terán unha visión galega grazas ás habilidades da debuxante e creadora Anémona de Río, el alter ego de Aldara Àlvarez García.

A súa primeira obra leva por título 'Tam' e logrou o Premio Fin de Curso 2017 en O Garaxe Hermético, a escola de banda deseñada que dirixe Kiko da Silva. Ten a honra de ser o primeiro manga galego.
'Tam' conta a historia dunha moza que recibe unha invitación para participar nunha cea de antigos estudantes. A partir de aí xorde unha trama na que se analizan os ataques ao aspecto físico da muller por parte da sociedade e a influencia tiránica do mundo da moda entre os gustos da mocidade.

11 decembro 2019

Grandarroiba, Banda Deseñada de Cristián F. Caruncho


Título: Grandarroiba
Autor: Cristian F. Caruncho
Editorial: Demo Editorial.

Cristián F. Caruncho acaba de lanzar ao mercado o seu primeiro traballo longo no campo da banda deseñada. Grandarroiba, publicada por Demo Editorial, é unha historia de máis de 60 páxinas que segue a biografía dun home que vive no fondo da montaña da parroquia do Couzadoiro, en Ortigueira. A evolución da personalidade do protagonista ao longo do tempo retrata tamén a situación do rural do país.
 

18 marzo 2018

Operario Jano

Autor: Jano Guionista e Debuxante.
Jano, un clásico do panorama da BD underground galega, ofrece un álbum que conecta tematicamente á perfección co panorama social e económico dos séculos XX e XXI, caricaturizando de forma dramática a frialdade dun modelo de sistema capitalista que anula a individualidade do ser. E conségueo exclusivamente coa forza da imaxe, cun debuxo que lembra dalgún xeito as vangardas europeas.
Argumento:
A historia dun obreiro nunha fábrica, o reflexo da sociedade industrial. A xente viaxa do campo á cidade e descobre unha nova paisaxe onde as árbores mudan en enormes edificios. O operario busca o seu sustento tentando integrarse nun sistema laboral que non atende a valores humanos e onde a propia conduta da xente está mecanizada.
 

Os perigos de Internet


Autores: Marcos, Ramón , Debuxante e   
Sesar, Gemma  Guionista
Cómic que tenta alertar sobre ameazas na Rede para os novos. Pódese descargar : http://centros.edu.xunta.es/ceippedroantoniocervino/?q=node/458
Publicado polo Valedor do Pobo e a Consellería de Traballo e Benestar.

22 xaneiro 2018

BANDA DESEÑADA


Celsius Pictor, María Pascual de la Torre, Víctor Coyote e Juan Berrio son os autores convidados á segunda edición de Allariz Debuxado. O encontro de ilustración que se desenvolve na Vila do Arnoia desenvolverase entre o 26 e o 27 de xaneiro próximos cun programa que se amplía e inclúe por vez primeira unha Feira da Ilustración. Este novo espazo permitirá a venda e presentación de produtos vencellados á ilustración. Ademais o espazo Bencomún acollerá encontros con autores e haberá actividades de animación de rúa.
 Dentro do programa, ademais dos relatorios que impartirá cada un dos convidados, inclúese unha mesa redonda sobre "A aventura de publicar o primeiro libro", que contará con intervencións de Jorge Campos, Mariana Aravena, Lidia Noko Noko, Xulia Pisón e Sonia García Vidal. A exposición As doce probas de Heracles de Celsius Pictor na galería circular completa o programa do evento.


http://www.culturagalega.org/bd/

15 decembro 2017

Hexed. A marca de Lucifer

A debuxante é  Emma Ríos (Vilagarcía de Arousa, 1976), froito da súa colaboración co escritor Michael Allan Nelson (Los Ángeles, California, 1972).
Un tomo recopilatorio da miniserie guionizada por Michael Alan Nelson e debuxada por Emma Ríos. Luci Jennifer Inacio das Neves, máis coñecida coma Lucifer, é unha moza de profesión ladroa de obxectos de natureza máxicos. Para iso fai uso de todas as súas habilidades e do seu poder para controlar certas forzas escuras do mundo no que vive, ademais de desvelarnos o terrible segredo que marca a súa pel.
Curiosidades: á orixe da ladroa Hexed, coñecida  como Lucifer –Luci Jenifer Inacio das Neves– está na serie titulada Fall of Chthulu, creada polo guionista Michael Alan Nelson.Con inspiración lovecraftiana, ten á vez a súa xénese no tema de Metallica, And Justice for All (1988).

01 decembro 2017

O picoto do pai

 O picoto do pai, unha banda deseñada que se presenta como "a primeira novela gráfica colectiva" (82 páxinas a cor) que asinan os alumnos da escola de banda deseñada O Garaxe Hermético


12 novembro 2017

Presas Fáciles

Autor: Miguelanxo Prado.

10 de marzo de 2014, Juan Taboada, comercial do Banco Ovejero, aparece morto no seu domicilio por presunto envelenamento. Tresdías atrás ,José Manuel de la Vila,  conselleiro delegado de Bancamar, era atropelado por un coche; esa mesma tarde morría no hospital. Nun escenario onde os altos cargos que levaron ao país á quebra son recompensados con indemnizacións millonarias e a ciudadanía sofre as consecuencias da fraude bancaria pola venda de accións preferentes. A Inspectora Tabares e o inspector Sotillo deben descubrir que relación existe entre os crimes recentes e a crise financeira.