24 outubro 2020

BANDA DESEÑADA: Historieta Galega 1973-2008

 Historieta Galega 1973-2008

Catálogo da exposición retrospectiva homónima,  Exposta no Auditorio de Galicia do 6 de marzo de 2008 ao 8 de xuño de 2008, foi comisariada por Fausto Isorna e Gemma Sesar. 

O catálogo contén pranchas de cómic de Isaac Díaz Pardo, Pepe Barro, Ricardo Lázaro, Catamarca, Manuel Fragoso, Loquis, Ouro, Losada, Xabier Correa Corredoira, Pedro Sardiña, Álvaro de la Vega, Euxío, Geno, Tijarafe, Dolores Torres, Bernar, Gonzalo Viana, Manuel Figueiras, Armando Salas, Nacho Hortas, Xurxo, Ramón Marcos, e ilustracións de Pepe Barro e Miguel Vigo, ademais de obra gráfica de todos os autores ligados nesta mesma ficha. 

Os textos do catálogo, ademais da introdución dos comisarios, son de Pepe Barro (sobre Reimundo Patiño), Daniel Buján e Rosario Crespo (BD galega no s.XIX), Pedro Porcel (revistas de BD infantil), Carlos Portela (o estado da BD en Galicia) e Marisa Sobrino (cómic e posmodernismo). Leva prefacio de Ánxela Bugallo, conselleira de cultura, e Néstor Rego, concelleiro de cultura de Compostela, ademais dun epílogo a xeito de catálogo de publicacións galegas que provocou certa polémica. O catálogo está publicado pola Xunta de Galicia (Consellería de Cultura e Deporte) e o Concello de Santiago (Concellaría de Cultura). A organización correspondeu a Auditorio de Galicia baixo mecenado de tres compañías privadas. Patrocinado pola Xunta de Galicia (Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar) e Feima (Fundación de Arte Galego, Madrid). 

Houbo en 2007 unha exposición itinerante (Madrid, Barcelona, Lisboa, Porto) chamada ``La historieta gallegaŽŽ, dos mesmos comisarios, tamén responsables do documental ``35 anos de historieta galegaŽŽ (2009). 

Ningún comentario: