Amosando publicacións coa etiqueta aRi[t]mar 21. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta aRi[t]mar 21. Amosar todas as publicacións

27 marzo 2021

Miguel Araújo - A Incrível História de Gabriela de Jesusel Ara

 A Incrível História de Gabriela de Jesus de Miguel Araújo, terceiro premio de música no aRi[t]mar 2021.

 


Os d´abaixo: Pasei pola túa horta

 Pasei pola túa horta de  Os d´abaixo foi o terceiro tema máis votado no aRi[t]mar 2021

 

Os d’Abaixo apareceron no ano 2010 co obxectivo de promover e animar bailes e festas tradicionais na contorna de Compostela. O seu repertorio recolle algunhas das pezas populares máis coñecidas da música galega xunto con novas achegas de fontes tradicionais ou de nova composición.

Os d’Abaixo teñen tocado en diversas festas e festivais de Galiza e tamén fóra dela, en lugares como o Festival de Músicas do Mundo, (maio 2012, Etxarri-Aranaz-Navarra), o festival Le Grand Bal de l’Europe (xullo 2012, Gennetines-Francia), o Festival Intercéltico de Lorient (agosto 2013, Lorient-Bretaña), e o Calan Mai, a festa da primavera celta (maio de 2014, Cardiff-Gales). Na primavera de 2014 edítase o primeiro disco do grupo “Ao vivo en Lorient”, que recolle 16 pezas gravadas nos concertos feitos en 2013 neste festival bretón. Na primavera de 2017 sae á luz o seu segundo disco “Quixera ser dos paxaros”, o primeiro gravado en estudio e no que se recollen unha maioría de temas inéditos para o folc galego, resultado dun gran traballo de investigación por parte de Xosé Ramón Vázquez, daquela acordeonista do grupo. "Pasei pola túa porta", o primeiro video adianto do que será o seu novo traballo, que verá a luz no próximo 2021, e no que ademáis da tradición e da investigación, que acompañan ao grupo dende os seus inicios, terá unha gran presenza a composición, que aportará novas sonoridades e melodías ao xa extenso repertorio destes composteláns.

Xoana: Anceios

 Xoana - Anceios

 «Anceios», tema pertencente ó disco Dardos.‘Dardos’ xurdiu como unha proposta que axude a proporcionarlle á nosa lingua uns aires renovados que demostren a súa capacidade de desenvolverse en calquera eido e de tratar todo tipo de temáticas. Son os prexuízos e a ignorancia os que limitan un idioma, e é ben sabido o sufrimento que estes lle causaron ó longo dos anos á cultura de Galicia; de aí o meu empeño en demostrar a súa valía a través deste disco.

Máis información:  https://www.xoana.gal/dardos/


 

Videoclip de animación realizado por Carlos Lago (O Terser Home). Produción musical, arreglo, mestura e masterización por José Portela. Letra de Eva Martínez Adega. Esta canción pon fin a unha primeira etapa musical e á vez dá comezo a outras. Cun arreglo musical diferente ó tema orixinal aproxímase a unha visión máis electrónica e actualizada. Este traballo foi unha mostra da variedade de posibilidades que ofrece o galego e ese foi o obxectivo ata o final. «Anceios» ten como protagonistas ás persoas obrigadas a marchar da súa terra na busca doutra á que poder chamar fogar, mantén o espírito de denuncia do disco. Xoana non estivo obrigada a nada, mais encontrou na música a súa casa. 

 LETRA: 

 «Quen dixo que é de noso esta Terra para nela sementar férreas fronteiras? Quen converteu o mar nun punto negro ó que van naufragar soños eternos? A pel que nos envolve e aloumiña xa non acalafría ante a inxustiza; xa non se quebra con cruel anguria de quen anceia un lar mentres camiña. Das pedras valoramos a dureza, dos homes, disque agora, a vileza. Chegou a hora de tatuar nas almas, un corazón, un beixo, unha esperanza. Se é tempo de liberarse, se hai sorrisos no aire, se ti e eu anceiamos sempre unha vida, moitas, diferentes… Sobran palmas que alzan o ego de quen do mundo fai o seu feudo; faltan mans que constrúan fogares e destrúan barreiras de maldade. Xa abonda de baldías escusas. Dan vergonza as promesas obtusas. Fan falla humanas obras e feitos que á vida garantan o dereito. Ringleiras de soños agatuñan murallas. Alfaias sen vida aboian nas praias. Hoxe é a primeira alba dunha era que agarda, apaixonada, sen espera, que deixa atrás, por fin no esquecemento salaios, feridas, silencio…