Amosando publicacións coa etiqueta RICARDO CARVALHO CALERO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta RICARDO CARVALHO CALERO. Amosar todas as publicacións

18 febreiro 2021

MJ PÉREZ: Nom existe a morte

 "Musicando Carvalho 2020". 

MJ recupera e transforma o tema "Nom existe a morte", que nace dun poema de Ricardo Carvalho Calero e que foi finalista do concurso "Musicando Carvalho 2020". A cantautora escolle este poema no que Carvalho fai unha reflexión sobre o paso do tempo e a partir de aí desenvolve unha composición musical que intenta acompañar e apoiar a mensaxe do poema xogando coa narración e a música.

O videoclip pretende ser un percorrido visual a través do poema, enfatizando a mensaxe, a través da técnica de siluetas en movemento con video integrado. Colaboración especial de Laura Romero na ilustración e rotoscopia (nos momentos instrumentais). 

FONTE: https://www.youtube.com/c/MJPerezMusic/videos


 Poema de Ricardo Carvalho Calero

A tua carne é moza.
A morte está longe.
Non existe a morte.

Oh corpo florido.
O esprito está alén.
Non existe o esprito.

Todo o mundo é teu.
Deus está no ceu.
Ceu azul só é.

Realidade farta.
Realidade oca.
Nada entre unha e outra.

O rio do tempo
leva-te a outros climas.
A mar ja se albisca.

Ao desembocar,
a verdade é outra,
outro o degarar.

Todo o que veías
se desfai no espello
desa água tranquila.

Paira sobre a água
o que agora é todo
e antes era nada.

Morte, esprito e Deus.
Existe só iso.
Trindade sen veus.

Carvalho Calero, R., (1961), Salterio de Fingoi

 

14 outubro 2020

#MusicandoCarvalhoCalero

 Su Garrido Pombo- Saudade dumha voz


 

 #MusicandoCarvalhoCalero

 “Musicando Carvalho Calero” é um concurso musical desenhado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) em colaboraçom com a CRTVG. Todos os grupos ou solistas de qualquer estilo musical poderám candidatar-se a este concurso. Podes consultar as bases e ler toda a informaçom em:

http://musicando.carvalho2020.gal 

 Para máis información de Su Pombo garrido: http://sugarridopombo.com/

E lembra que podes ...https://colegasdaspalabras.blogspot.com/search?q=su+pombo

16 maio 2020

Ricardo Carvalho Calero, Letras Galegas 2020

  Ricardo Carvalho Calero

                                     Construtor do galego

"O galego, como dizia Castelao, é um idioma extenso e útil, porque com pequenas variantes se fala em diversos lugares de distintos continentes."

 https://carvalho2020.gal/?lang=gl

15 maio 2020

Telexornal Carvalho Calero

Estamos a piques de celebrar o Día das Letras Galegas, este ano adicado ao escritor e educador Ricardo Carvalho Calero. Aínda que a celebración do propio día trasladouse para o 31 de Outubro,podemos curiosear e coñecer ao homenaxeado deste ano. Un ano máis acollemos con entuasiasmo o traballo realizado polo alumnado e Departamento de Lingua e Literatura Galega do CPI dos Dices ( Rois-A Coruña).
Telexornal sobre Carvalho Calero (Día das Letras Galegas 2020)




Poderemos ver entrevistas a Xosé Luís Axeitos, Alfonso Vázquez Monxardín, Xulio Xiz, Araceli Herrero, Paulo Fernández Mirás, Miro Vilar, Eduardo Maragoto, Laura Tato Fontaíña e Ramona Giráldez.

RICARDO CARVALHO CALERO: LETRAS 2020

 17 DE MAIO DE 2020, DÍA DAS LETRAS GALEGAS:  
RICARDO CARVALHO CALERO

DENDE O IES ANTÓN LOSADA (A ESTRADA), GRAZAS Á PROFE DE GALEGO ALEXANDRA, PODEMOS ACCEDER A ESTA PRESENTACIÓN INTERACTIVA SOBRE RICARDO CARVALHO CALERO

Paseando por ela podemos acceder á declaracion da RAG do 17 de maio do 2020 como día do escritor ferrolán, a un vídeo do Colexio San Pío X (Ourense) sobre a súa vida, a varias interpretacións dalgunhas obras: "Non sei se a matei", "Luísa Sorriso", "Desde o ceu com amor", a un boletín sobre o reintegracionismo, a un encrucillado sobre a súa figura, ou a un increíble xogo interactivo, Don RiDardo, tamén creado polo Colexio San Pío X.
Toda unha aventura arredor de Ricardo Carvalho Calero.

09 novembro 2019

AGAL


Associaçom Galega da Língua (AGAL) é umha associaçom sem fins lucrativos, legalmente constituída em 1981, que visa a plena normalizaçom do Galego-Português da Galiza e a sua reintegraçom no ámbito lingüístico a que historicamente pertence: o galego-luso-brasileiro.
Clique nos itens de cima para ter mais informaçons.

Reintegracionismo

O Galego-Português, na Galiza denominado Galego e internacionalmente conhecido como Português, é a língua própria de Galiza, Portugal e Brasil, sendo também língua oficial em Angola, Moçambique, Cabo Verde, Guiné Bissau, São Tomé e Príncipe, Timor Lorosae…, comunidade lingüística internacional conhecida como Lusofonia (também Galegofonia ou Galego-Lusofonia).
Na actualidade, porém, e no território da Galiza, nom é oficialmente reconhecida a identidade internacional do galego, ao mesmo tempo que avança a perda de falantes. A AGAL nasceu em 1982 para continuar o trabalho iniciado polo galeguismo histórico no sentido de recuperar o reconhecimento da unidade e os usos da nossa língua. Isto é, por outras palavras, o reintegracionismo.

Professor Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910 – Compostela, 1990). LETRAS GALEGAS 2020.

«Do mesmo jeito que os diferentes dialectos do castelhano se escrevem coa mesma ortografia, ainda que a pronúncia andaluza, por exemplo, difere consideravelmente da burgalesa, caberia umha ortografia unificada para o ámbito galego-português, ainda que um falante compostelano, um falante lisboeta e um falante evorense manifestem tamém as suas peculiaridades na pronúncia»
(De ortografia galega, A. C. Francisco Lança (Ribadeu), Dez anos de cultura galega, 1982).

No castelo de Luna, aló nos montes,
o real prisioneiro aferrollado
quer morrer, e morrer quer, o coitado,
con cadeas que á groria foron pontes.
Día aquil sen mañá i enchento de ontes.
Ribadavia souril, Avia loubado…
Cabaleiros, besteiros no fousado…
Balbor de Deus no gurgullar das fontes…
Ai, adéus… De unha vida – treboada
de courazas e pó, elmos e croas,
súpeta e deloirante cabalgada –
Fican os ferros sós, as chagas soas,
e unha morna saudade aluarada,
rei da saudade, que ao teu reino voas.
R. Carvalho Calero, Morte do Rei don García, 1954*

18 outubro 2019

The Tetas' Van: Luisa Sorriso

O grupo The Tetas´Van interpreta o poema de "Luisa Sorriso" de Ricardo Carvalho Calero



Info do grupo:"Somos un grupo de música maioritariamente feminino que facemos versións de temas divertidos mesturando o roclk o swing o blues...etc. Cas nosas músicas pretendemos defender o papel da muller no escenario e transmitir a nosa ideoloxía defensora e crítica con temas que nos importan e nos interesan a todos ademáis de pasalo ben movendo o esqueleto!!!"
Fonte: https://es-es.facebook.com/thetetas.van

Letra do poema:
 
Sorri-me, Luísa Sorriso.
Sempre ela está silenciosa,
pra non desfacer, falando,
o triángulo da sua boca.
Qué ben debe de saber
a améndoa da tua faciana,
mollada en mel do teu pelo.
¿Deixas-me probá-la?
Pero ti, sempre a sorrir,
calas.
Como unha fotografía
de ti mesma, silenciosa.
pra non desfacer, falando,
o triángulo da tua boca.
O triángulo da tua boca
forman-no duas gueivotas.
Duas, voadoras
e roxas.
Por un ceu de nubes brancas
e rosa,
voan,
unha porriba da outra.
Polo ceu da tua faciana.
Unha paira;
a outra
leva ergueitas as asas.
Paxareiro é o teu siléncio,
Luísa Sorriso, que as garda.
O cazador dunha verba
pode matá-las.


Ricardo Carballo Calero: O silenzo axionllado (1934)

Fanny + Alexander-Maria Silenzo

Seguimos recompilando poemas musicados de Ricardo Carvalo Calero. Desta seleccionamos o poema de Maria Silenzo interpretado polo grupo Fanny+Alexander


Info do grupo: Fanny+Alexander son unha banda indie galega con base en Compostela que gosta de poñer a proba en cada unha das súas cancións os límites do Pop máis canónico, chimpando do pop acústico á indietronica máis arriscada, do chamber-pop orquestrado ao máis shoegazer e espacial, do sintético pop electrónico ao máis folkie e espido.
Publicou os seguintes traballos: Lusco e Fusco, (A Regueifa Discos, 2006), Finais dos 70s comezos dos 80s, (A Regueifa Discos, 2007) e Alfaias, (A Regueifa Discos, 2009)
Fonte: http://www.gzmusica.com/cartafol/pop-indie/fanny--alexander.html

Letra do poema  " Maria silenzo" do poemario Pretérito Imperfeito:

Cabeleira de chúvia, ollos de néboa.
Maria Siléncio, esfarrapada, à espreita.
Sempre agardando, pola noite, as barcas.
A tua angúria fala con olladas.
Maria Nocturna: no peirán ¿qué esperas?
¿polo dia non vives?
¿Naces cada solpor? ¿Cais de primeira estrela?
Maria Siléncio, sempre dura e muda...
¿Cál é a barca que agardas?
Das fontes dos teus ollos
fluen rios de sono.
Pero ti sempre dura e desvelada,
batida polo vento, no peirán...
Maria Siléncio, eu roubaria
no ceu
a estrela de mel,
na água
a estrela de prata,
pra che mercar a fala.
Se queres ulir flores,
darei-che a flor da lua.
Maria do Mar, ¿qué barca agardas?
¿Queres o sol, carne de lua fria?
O sol é un porco-espiño disfarzado.
No mar agora, ourizo de mar, dorme.
Pescado pola cana do abrente,
darei-cho eu, raiolante e mollado.
¡Maria Siléncio, Voz Dormida: fala!
¿A qué afogado esperas,
Maria da Sombriza Espranza?
Maria Siléncio, ¿aagardas a tua voz?
¿As ondas do mar levado roubaron-cha?
De chúvia e vento vestida,
Maria Siléncio, calada...

Os Amigos dos Músicos: Osaka

Osaka  é a primeira canción que fixemos xuntos Os Amigos dos Músicos. A letra é unha adaptación do poema de Carvalho Calero "A Orquestra Filarmónica de Osaka".
Podedes escoitala na súa bandcam: https://osamigosdosmusicos.bandcamp.com/track/osaka
sen tanta...interferencia




Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990), escritor, historiador da literatura, crítico literario, lingüista e filólogo, foi escollido este ano polo pleno da Real Academia Galega como o persoeiro homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020.

Letra do poema "A Orquestra Filarmónica de Osaka" do poemario Reticências:
 
A Orquestra Filarmónica de Osaka,
em Bratislava interpreta
a Sétima Sinfonía.
Ásia digere Europa. O pragmatismo
asume o romantismo. O eslavismo

acolhe o germanismo. O sinecismo
sob o teu signo reina.
Ti, sobre o branco touro, bela
dos grandes olhos, navegaste

nom só o Mar Nosso, até Creta; tamém
os Sete Mares, conquistadora
do antigo e o novo mundo, com exércitos,
com inventos, e máquinas, e ideias,

espargendo a tua força, a tua graça,
a tua moda, a tua ciencia, a tua
técnica. E ainda que conservem

alguns povos vestigios de seu, matam
coas tuas armas, amam
cos teus beijos, falam coas tuas palabras,

mais cada vez, cada vez mais, Europa.
O maestro de oblíquos olhos
dirige a tua música
vestido co teu fraque, e estreita
coa tua mao a mao
do primeiro violino.
Só podem superar-te
os que te reconhecem
como mai ou madrasta, os criados
aos teus peitos, os assovalhados
polos teus pés, emancipados ou

manumitidos. Para ser senhores
de si mesmos, tenhem que ter sido
filos ou servos teus, e ao rebelar-se

contra ti, corroboram-te e proferem
na língua tua a fórmula
da sua independencia.
E podem renegar
de ti, porque lhes deste
a consciencia de serem eles próprios;
porque ti os concebeste ou os calcaste
co teu selo de fogo,

como no curro
dos montes da Barbança os bravos poldros
de esgrêvias crinas, tardos de domar.

como no curro
dos montes da Barbança os bravos poldros
de esgrêvias crinas, tardos de domar.

Espalhada por cinco continentes,
vás como umha maré todo alagando.
Pagas o teu tributo aos que dominas.
Tem mais petróleo América; Japom,
mais cortesias e calculadoras.

Mas o mundo vai-se facendo Europa
enquanto Europa vai fazendo o mundo.

E o branco touro que me namorara,
polo espaço nadando chega à lua,
para desembarcar-te
en amorosas praias siderais,
onde génios, ou anjos,

ou deuses, a benvida che darám,
oh Europa dos redondos brancos peitos,

interpretando para ti os acordes
do final da Novena Sinfonia.