Amosando publicacións coa etiqueta A NOSA LINGUA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta A NOSA LINGUA. Amosar todas as publicacións

21 abril 2021

A diplomacia do galego gaña a batalla na UE

A diplomacia do galego gaña a batalla na UE 

O recurso aos organismos internacionais para lograr fóra do espazo estatal unha protección para o idioma que negan as institucións galegas e españolas vén de vello. 

A loita pola igualdade de dereitos para a lingua galega líbrase tamén na esfera internacional. A este respecto, tense caracterizado pola súa eficacia a acción diplomática da Mesa pola Normalización Lingüística diante do Consello de Europa e da Organización das Nacións Unidas, que teñen impugnado a política idiomática do Executivo galego e do seu homólogo español. Neste sentido, o ditame do Consello de Europa de marzo de 2021, cuxas conclusións representan unha emenda á totalidade da acción gobernamental en relación coa lingua galega, é resultado dun traballo de anos. (...).

O comité de expertos sinala no informe que recibiu información que suxire que a distribución das linguas entre as materias escolares “non é equitativa”. O número de materias que se imparten en galego nas escolas nas que se introduciu o inglés “tan baixo” que apenas pasa de 33%. O galego está presente “só nunha parte dos centros de educación infantil”, engade.

O material didáctico en galego tamén é insuficiente, considera o comité, que recolle o seguinte dato: como resultado desta situación a porcentaxe de menores de 15 anos que non sabe falar galego é de 23,9%, segundo un estudo realizado polo Instituto Galego de Estatística.

O informe sinala que esta tendencia podería levar a un aumento constante dos menores que non saber falar galego.

Ante esa situación, o comité de expertos sinala que España ratificou o artigo 8.1 da Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias, o que significa que a educación debe impartirse co galego como medio de ensino.(...).

 Ademais, o comité de expertos considera que non se eliminaron todas as limitacións ao ensino en galego, tal e como teñen recomendado.  

En canto á avaliación da recomendación realizada a España desde o comité de expertos para que se modificase a Lei Orgánica do Poder Xudicial co obxectivo de garantir o uso do galego nos procesos xudiciais a pedimento dunha das partes, o informe recalca que a lei non foi modificada. 

 Sobre a recomendación de utilizar o galego na administración do Estado na Galiza, o comité sinala que, segundo información recibida por distintas entidades e ONG, “aínda hai casos nos que as delegacións locais do Estado se negan a tramitar documentos e expedientes ou a aceptar reclamacións en galego, mesmo cando se lles pide explicitamente e cando a lexislación recoñece o dereito para utilizar o galego”.

 FONTE: https://www.nosdiario.gal/articulo/lingua/diplomacia-do-galego-gana-batalla-ue/20210414230108119564.html

 

01 decembro 2020

Reivindicamos os nosos dereitos lingüísticos:

 Unha profesora da UDC négase a correxir un exame en galego.

 Os feitos fixéronse públicos despois de que o estudante reproducise nun chío a resposta da docente respecto dun traballo que presentara en galego:"No puedo corregir la redacción en gallego"... los textos que no entiendo los traduzco en Google y  valoraré según la traducción que me de" 

  Outra compañeira recibiu “a mesma mensaxe”. 

Ante esta situación, o alumno denunciou o caso co obxectivo de reivindicar que se cumpran os seus dereitos lingüísticos.

 A Universidade da Coruña dirixiuse directamente aos alumnos afectados a través do seu perfil oficial no Twitter. “Trasládovos a ti e á túa compañeira a desculpa da institución. É lamentable. Calar non é unha opción cando traballamos arreo por unha universidade pública, galega e feminista”, sinala a universidade na súa resposta.

Noutro chío, a UDC di que a resposta da profesora “é un manifestación persoal”que “non representa a postura oficial da UDC, que traballa arreo –engade– por unha universidade pública, galega e feminista”. A UDC engade finalmente que está tomando xa medidas para evitar situacións de discriminación e desprezo pola nosa lingua.

A día de hoxe creo que a profesora aínda non pediu desculpas.

 Que no S.XXI isto sexa titular nas redes, televisións e xornais demostra o pouco respecto que mostra certo funcionariado público polos dereitos do alumnado galego. Se o profesorado ( ben sexa universitario ou doutro nivel educativo) non ten competencias lingüísticas non debería optar a un posto de traballo  na nosa comunidade.

Non vos asustedes... que xa o Séchu escribiu  o relato" A lingua máis difícil" no seu Made in Galiza para apoiar estes casos. 😤

Acadar títulos de graos e post graos universitarios, aprender un ou varios idiomas xermánicos é doadísimo. Onde vai parar... O que debe ser difícil é desenvolver o sentido do ouvido, da vista e sobre todo: DO RESPECTO!!!!!! 


22 outubro 2020

O deporte tamén fala galego: Land Rober - Ana Peleteiro, orgullo galego!

 Ana Peleteiro no Land Rober, 28 de marzo 2019.

 

 ANA PELETEIRO: O GALEGO É BO!!

Unha muller que ten claras as súas raíces e unha conciencia lingüística que a acompaña por todo o mundo. Aquí conta a súa  evolución lingüística.

 


Ana Peleteiro Brión, nada en Ribeira o 2 de decembro de 1995, é unha atleta galega, especialista en triplo salto.

Foi elixida mellor atleta española júnior dos anos 2011,[1] 2012,[2] e 2013, pola Real Federación Española de Atletismo.[3] No campionato do mundo de atletismo júnior de 2012, celebrado no Estadio Olímpico de Barcelona, conseguiu o récord nacional na súa modalidade.[4][5] No ano 2012 recibiu o Premio Nacional do Deporte, e, no 2013, o Premio Princesa de Asturias S.A.R. Doña Letizia.[6] Proclamouse en nove ocasións campioa absoluta de España de triplo salto, catro delas ao aire libre e cinco en pista cuberta, a primeira delas en febreiro de 2014, aínda en idade júnior.[7] No Mundial de atletismo en pista cuberta de 2018, disputado en Birmingham, acadou o bronce en triplo salto cunha distancia de 14,40 m.[8] E no campionato de Europa absoluto de atletismo de 2018 celebrado en Berlín conseguiu a medalla de bronce, a primeira medalla conseguida por un atleta galego nun campionato de Europa.[9].

En 2019 proclamouse campioa de Europa de pista cuberta de triplo salto cunha marca de 14,73 metros, novo récord de España, no Campionato de Europa de Atletismo en Pista Cuberta disputado en Glasgow.[10]

 En marzo de 2020 conquistou o seu quinto campionato de España en pista cuberta, en Ourense. Con molestias nun xeonllo preferiu non arriscar e bastoulle con saltar 13,90 para gañar o campionato.[33]

FONTE: https://gl.wikipedia.org/wiki/Ana_Peleteiro 

14 outubro 2020

Mira quen fala galego

Mira quen fala galego

 Unha vez máis, grazas á https://cartaxeometrica.blogspot.com/   

coñecemos a xente que ama e respecta a nosa lingua e a usa... USA!

Este  mestre do estado de Nova York, nos Estados Unidos, explica as razóns polas que se interesou pola nosa lingua e se botou a falala. Comenta que lle dá moita mágoa ver a falta de aprecio polo galego dalgúns cidadáns. Conta o  caso dun veciño da Coruña que se puxo en contacto con el para ter un compañeiro de conversa. El escribiulle en galego, e o coruñés reprochoullo. "Sentinme moi insultado", comenta o mestre. 

Ten unha canle en youtube: https://www.youtube.com/channel/UCzl3jvhyLbmrfBx8-WZG7PA

13 outubro 2018

Galilusofonía

Nace Galilusofonía, unha rede para impulsar as relacións lingüístico-culturais entre Galiza e a Lusofonía

Participan trece iniciativas galegas e portuguesas. Realiza a súa primeira reunión no marco do Foro na Maré-Cantos na Maré.

Nace a Rede da Galilusofonía, no marco do Foro da Maré-Cantos na Maré, impulsada por diferentes iniciativas galegas e portuguesas que partillan o obxectivo común de difundir a música e as artes e aproximar a língua e a cultura de Galiza e de toda a Lusofonia.
 
Estas iniciativas, con diferentes enfoques e formatos decididen xuntarse co obxectivo de amalgamar esa audiencia para dar novos pasos na dirección pretendida, sumando esforzos e recursos humanos e materiais.
 
Entre as  iniciativas que manifestaron a súa adhesion á Rede están A Mesa pola Normalización Lingüística, Academia Galega da Língua Portuguesa, AGAL-Associaçom Galega da Língua, AJA Galiza-Núcleo da Associaçom Jose Afonso na Galiza, aRi[t]mar galiza e portugal-Escola Oficial de Idiomas de Santiago, Cantos na Maré, Castro Galaico Festival de Nogueiró-Braga, Convergências Portugal Galiza-Braga, Festival da Poesia no Condado-SCD Condado, Fundación Via Galego, Ponte a Portu-Gal-Concello de Ponteareas, Ponte nas Ondas eTraz outro amigo também-Concello de Cedeira.

A Rede pretende agora reunir todas estas iniciativas arredor dun Foro e un Espazo internacionais.

24 abril 2018

Amando o común: a Toponimia

Por que debemos conservar os nosos topónimos?



Para verificar a perda de riqueza cultural nun proceso de deterioro e extinción da etnodiversidade con varias compañeiras e compañeiros do Instituto de Estudos Miñoráns acometemos un extenso traballo de campo do Val de Miñor con homes e mulleres habitantes das serras da Groba e do Galiñeiro. Coa escusa da recollida de toponimia de varias parroquias levamos a cabo un labor transversal que inclúe a recollida de vocabulario e á vez dos usos e saberes tradicionais que transparentan a estrutura e organización rural agrogandeira herdeira, continuadora da explotación milenaria da terra que levou a un agudo coñecemento do medio, levou á regulación do uso das augas, á observación da natureza, ó coñecemento de xenealoxías de seres humanos e animais, á organización comunal dos montes, ó aproveitamento do mar, á xestión das burras do monte etc. etc... Hai xeitos e calidade de vida á que non queremos volver pero hai moitos elementos milenarios constitutivos da sociedade rural e mariñeira que deberiamos coñecer, recoller, transmitir e aproveitar como recurso en diferentes aspectos.
por compartir.

15 abril 2018

O Deporte galego fala galego

Dezasete deportistas de elite do país reivindican a lingua galega neste vídeo realizado nos XX Encontros para a Normalización Lingüística. #odeportegalegofalagalego


 Fonte:Consello da Cultura Galega 
Publicado o 13/04/2018

CORRELINGUA 2018. A LINGUA NON PARA! Bolboreta

Vídeo gañador do concurso de vídeo do Correlingua 2018, a lingua non para!, na categoría de educación secundaria e bacharelato. Os creadores desta proposta foron os alumnos da ESO do CPR Seminario Menor a Inmaculada de Ourense.


CORRELINGUA 2018. A LINGUA NON PARA! Moucho

Vídeo gañador do concurso de vídeo do Correlingua 2018, a lingua non para!, na categoría de educación infantil e primaria. Este vídeo foi feito polo alumnado de 5ºA do CEIP Ramón Cabanillas (Santiago de Compostela) baixo o alcume Moucho.


18 marzo 2018

Galicia é única

Pois alá imos cun video de http://youtubeiras.gal/
Na categoría de " Videopinarmos"



Foi realizado polo alumnado de 1º de Bacharelato do IES Manuel García Barros (A Estrada)

Pino ou piñeiro

A través de https://cartaxeometrica.blogspot.com.es/
podemos ver este interesante video :


 Na descrición do audiovisual infórmasenos que é o primeiro capítulo dunha serie titulada "Descubrindo as palabras" de http://youtubeiras.gal/

 O Portal das Palabras adicoulle unha entrada a "pino" e outra a "piñeiro" indicando que a etimoloxía de ambas palabras procede do mesmo vocablo latino pinus-i, só que a segunda sufriu maior variación xa que parece ser que deriva da forma pinarius, do baixo latín.
Tamén é moi curioso ver como as corporacións municipais se meten a ensalzar símbolos por presuntas relacións lingüísticas sen fundamento lingüístico ningún. No vídeo vemos á presentadora a carón da estatua do galo piñeiro. Bo sería que antes consultaran a alguén que saiba do tema, e aínda mellor sería que actuasen con respecto á lingua de noso.






27 febreiro 2018

PRECISAMOS DA INMERSIÓN LINGÜÍSTICA

 PRECISAMOS DA INMERSIÓN LINGÜÍSTICA
 
Xoán Antón Pérez Lema - Avogado e analista político.

"PP e Cs desenvolven una absurda competición por lle amosar á cidadanía quen é máis españolista. Deste xeito, o Goberno do Estado estudou a introdución do castelán como lingua vehicular, mentres Cs vén de propor una reforma da lei básica estatal de emprego público para que ningunha das autonomías bilingües poida esixir o coñecemento da lingua propia, que só podería avaliarse como simple mérito.
 O galego na Galicia e o catalán na Catalunya non son linguas minoritarias, senón as linguas propias de cadanseus países, ademais amplisimamente espalladas en termos de comprensión pasiva e uso activo, tanto na lectoescritura como na oralidade. Mais si son linguas minorizadas. Porque a Constitución e os Estatutos construíronse sobre a preeminencia do castelán, que todos temos o deber de coñecer, mentres non se pode esixir o recíproco coñecemento da lingua propia. Para máis, o castelán é omnipresente na vida empresarial, cultural, informativa, de lecer…A desigualdade é abafante e o Estado só mira pola lingua castelá. “Siempre fue la lengua compañera del Imperio”, que dicía Nebrija.   
Entón, como única vía de garantir os dereitos lingüísticos dos galegofalantes e unha educación común e inclusiva precisamos blindar certos ámbitos da educación ao galego como lingua vehicular. O actual modelo limitativo do galego, implantado por Feijóo no 2010, fracasou na garantía do coñecemento fluente de ambas as dúas linguas ao remate do ensino obrigatorio. E, no actual contexto de minorización, só un uso vehicular do galego en termos do 60-70% do tempo lectivo pode reverter esta falla de coñecemento efectivo da nosa lingua. Como tamén cómpre garantir un uso equilibrado (loxicamente bastante menor) do inglés que garanta un coñecemento real e xeralizado, non reservado a uns poucos privilexiados, desta lingua como lingua franca europea e universal. Porque o castelán entra xa por pura ósmose social.
 A inmersión lingüística en galego, como a súa esixencia para traballar en calquera emprego público e a equiparación xurídica real co castelán, son medidas precisas non só para garantir os dereitos lingüísticos das persoas, senón mesmo para garantir o dereito de todos a unha educación común e inclusiva.
http://www.sermosgaliza.gal/opinion/xoan-anton-perez-lema/precisamos-da-inmersion-linguistica/20180225210658066395.html


26 febreiro 2018

A LINGUA GALEGA NA MOCIDADE

A LINGUA GALEGA NA MOCIDADE

Víctor F. Freixanes, "La Voz de Galicia" 25/02/2018 05:00 h.
 
"Andrea ten 15 anos, estuda derradeiro ciclo de secundaria nun colexio concertado en Santiago, gústanlle as ciencias sociais, aínda que non ten decidido cara a onde orientar os seus estudos futuros, no caso de que acceda á universidade, que de seguro accederá. A reflexión que reproduzo é súa, case que literal: «Nacín nunha familia galegofalante. Os meus país e os meus avós falaron e falan galego comigo. Pero cheguei á escola e dende o primeiro momento, xa dende moi pequeniña, decateime de que, na práctica, o galego non contaba, ou contaba ben pouco, nas relacións sociais, na comunicación cos mestres (con algunha excepción), no tempo de recreo no colexio, nos cómics, no cine, na televisión… O mundo, fóra da relación íntima cos meus pais, vivía e desenvolvíase en castelán, e os nenos e as nenas, no colexio, aínda que moitos estaban na miña situación, instalámonos entre nós tamén en castelán, porque era a lingua que mandaba. ¿Que podemos facer para que isto non suceda?». 
 E engade Andrea sobre a súa situación, xunto con algúns outros compañeiros que me visitan: «¿Que temos que facer para que a lingua galega, que nós sabemos que é a lingua do noso país, a lingua dos nosos pais e dos nosos avós, siga viva e medre arredor de nós?».
Cando Andrea di «arredor de nós» refírese á vida social (as vías de socialización que actúan alén da familia: a escola e os amigos fundamentalmente, que é onde se establecen as primeiras relacións da convivencia). Cando Andrea di «arredor de nós» refírese ás horas de recreo, a relación cos mestres, a programación do tempo de lecer, os debuxos animados, os xogos (incluídos os videoxogos), e cada vez máis, xa metidos na adolescencia: as redes sociais, o cine, a música, as primeiras discotecas, a prensa, a radio, a televisión, a sinalización das cidades, os escaparates das tendas, o consumo... Dende 1984 dispoñemos de medios de comunicación en galego (a CRTVG, coa radio e a televisión autonómicas), pero ¿que outras ofertas hai no dial, alén de meritorias propostas de radio local? ¿E os medios impresos? ¿Que oferta ten o cidadán que se achega aos quioscos de prensa, ou ás carteleiras de cine, nas plataformas dixitais da televisión, na música?
O recente estudo que presentamos dende a Real Academia Galega sobre a presenza/resistencia da lingua galega nesta segunda década do século XXI, di dúas cousas fundamentais. A primeira é que a lingua galega segue a ser a lingua maioritaria da nosa poboación, ¡aínda a xente maior está viva!; pero atención á segunda: a lingua perde aceleradamente falantes nos sectores máis novos, moi principalmente no ámbito urbano, que é onde se van deseñando e impoñendo os modelos de futuro. Sobre estes sectores de mocidade é sobre os que cómpre actuar, con vontade política, con recursos, con intelixencia e firmeza, con afouteza (outra vez a palabra), sen retórica e sen cortinas de fume, que ao final son demagoxia e ruído.



https://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2018/02/25/lingua-galega-na-mocidade/0003_201802G25P16993.htm

24 febreiro 2018

LINGUA

Poema de Marica Campo

Eu son esas mulleres e eses homes
cantos vos deron terra,sangue e vida,
leite que vos criou,paixón e forza
para estar vós mesmos fronte ao mundo.
Eu son cal alma enteira deste pobo,
amasada en mil séculos de loita.

As miñas palabras saben da loita,
de rapaces e de rapazas,de mulleres e homes
de mágoas e ledicias
Para non vos perderdes polo mundo
precisades alimentar a súa forza.

Porque son coma o mar
eterna e forte,inmensa e indómabel,sempre loitando
salpicando de soños o ancho mundo
Se en min é longa e larga a súa vida,
porque a miña existencia é a do pobo.

Mais pendura o meu ser na voz do pobo,
sobe ou mingua coa dela miña forza,
a medidas da súa é miña vida
nas nosas mans.
a mesma loita.
Eu resido na boca deses homes
e mulleres que me erguen fronte ao mundo. 
 

DÁLLE VIDA A TÚA LINGUA: FÁLAA

TEMOS A RESPONSABILIDADE DE PRESERVAR O NOSO IDIOMA, COMO?
USÁNDOO. GALEGO LINGUA VEHICULAR XA!!!
 Segundo a RAG

A poboación co galego como lingua inicial cae 20 puntos en só dúas décadas.

 No informe, que actualiza os datos xa publicados de entre 1992 e 2013, destaca a "tendencia á bilingüización e monolingüización cara ao castelán" na sociedade galega desde os anos 90 e advirte dun"modelo de política lingüística de baixa intensidade" que "pode resultar axeitado para situacións onde a finalidade sexa o mantemento lingüístico", pero que "semella insuficiente para reverter, ou polo menos frear, procesos de substitución". A RAG, como xa fixera noutras ocasións, sinala o polémico Decreto 79/2010 -que veu substituír o anterior que garantía un mínimo do 50% das materias no ensino obrigatorio en galego- como un dos causantes do "retroceso" que está a sufrir o idioma no ámbito educativo e tamén como posible influxo na diminución do seu uso entre os máis novos a nivel xeral.

Os procesos de substitución lingüística do galego polo castelán na xente máis nova, que se desaceleraran entre 2003 e 2008 (ver gráfico anterior), volveron reforzarse entre 2008 e 2013, polo que, segundo a Academia, "cómpre explorar" a relación desta tendencia coa aplicación do devandito decreto, "dado que estes datos van parellos á súa aplicación", polo que "puido influír de forma substancial".


http://www.gciencia.com/ciencia/rag-estudo-galego/



21 febreiro 2018

DÍA DA LINGUA MATERNA, 21 DE FEBREIRO

A RAG alerta no Día da lingua materna da creba da transmisión lingüística interxeracional:

A Real Academia Galega difunde, co gallo do Día internacional da lingua materna, Lingua e sociedade en Galicia. Resumo de resultados 1992 – 2016, unha nova publicación do Seminario de Sociolingüística que presenta unha visión panorámica da situación social da lingua galega co obxectivo de identificar as tendencias que marcan a súa evolución nas últimas décadas. O traballo advirte da crecente ruptura da transmisión interxeracional e duns usos minguantes do galego por parte da xente máis nova, especialmente nos ámbitos urbanos e periurbanos.
"A nosa ética profesional, na liña da acción continuada da Real Academia Galega canto entidade legalmente encargada da defensa e ilustración da lingua galega, obrígamos a lanzar a voz de alerta, unha voz que quere ser alentadora, pero que non pode deixar de expresarse en tons de alarma", salienta ao respecto na introdución o coordinador do Seminario de Sociolingüística, o académico Henrique Monteagudo. "Non pretendemos alimentar un discurso pesimista sobre o futuro do galego, pero non podemos deixar de sinalar os riscos que corre o noso idioma", engade.
A análise, un resumo e unha actualización de Lingua e Sociedade. A evolución sociolingüística 1992-2013, reflicte unha sociedade bilingüe cunha "vitalidade incuestionable" da nosa lingua, con máis de 1,3 millóns de galegofalantes habituais, pero esta cifra non pode ocultar que o signo das tendencias é negativo, sobre todo cando se introduce o factor tempo. Entre a poboación xeral, o perfil máis frecuente é o das persoas que empregan como lingua habitual o galego (31 %) ou tanto o galego como o castelán (42 %), e os datos do CIS de 2016 amosan que o galego é a lingua materna do 44,7% das persoas de 18 ou máis anos, fronte ao 30,7% que teñen como lingua inicial o castelán ou o 23,6% con ambas. Pero se na análise se ten en conta a poboación máis nova, desde os 5 anos, e se detén nos 65, a lingua inicial maioritaria empeza a ser o castelán (38% fronte ao 34% do galego e o 28 % de ambas), que é tamén o idioma que emprega habitualmente unha maior proporción nesta ampla franxa de idade que conta coas xeracións máis novas.
Estes resultados -advírtese- ofrecen un prognóstico do que pode acontecer a curto prazo nos usos lingüísticos se a situación non experimenta "un drástico cambio, e sen necesidade de aplicar complicadas fórmulas matemáticas". De feito, as xeracións máis novas están xa protagonizando "un proceso acelerado de monolingüización en castelán, a un ritmo que non prevían os resultados de estudos demolingüísticos previos".
Pero cales son os motivos da creba da transmisión interxeracional do galego? O traballo explica que esta ruptura non é consecuencia tanto das decisións das familias, senón que máis ben procede de "aspectos relacionados coa súa escasa presenza na socialización secundaria", nomeadamente no ámbito escolar e de maneira especial en determinados contextos semiurbanos. Sobre o papel da escola, aínda que se evidencia que a institucionalización deu avances positivos, como demostra a crecente competencia para ler e escribir en galego desde os anos noventa, sinálase tamén que co último decreto neste eido, o 79/2010, asistimos a unha reversión dos avances conseguidos.
Con este diagnóstico sobre a mesa, a RAG apela ao conxunto da sociedade e en especial aos seus líderes políticos, económicos e sociais para garantir o futuro da nosa lingua "Cómpre recoñecer as dificultades do presente e os erros do pasado, pero sobre todo é imprescindible un compromiso sincero, unha acción eficaz e iniciativas máis ambiciosas por parte do goberno e do conxunto das institucións galegas e dos distintos axentes sociais", conclúe Henrique Monteagudo.







13 febreiro 2018

Remédios para o galego

Remédios para o galego   (Coord.) por Diego Bernal e Valentim Fagim.

Editoria Através

“Eu sou do tamanho do que vejo”, escreveu Fernando Pessoa. Eis 44 autores/as e 68 artigos que, como a máxima pessoana, vivem o galego do tamanho do que veem, em Portugal, no Brasil, em Angola ou Moçambique. E continuam a sonhar, meio século depois, com esse galego extenso e útil, confundido com o português, com que sonhou Castelão. 

http://pgl.gal/remedios-para-o-galego/  

 O livro foi intitulado de Remédios para o Galego, jogando com o duplo valor da palavra Remédios neste contexto: solução e medicamento e pedimos ao desenhador Abraham Carreiro, sócio da Agal, que elaborasse uma capa que recolhesse a ideia de medicamento.

A metáfora dos Remédios foi levada mesmo a uma das orelhas do livro que se pode extrair e usar como marcador. No tal marcador aparece um texto em formato bula onde se recomenda uma ingestão diária de textos (melhor à noite antes de adormecer), as idades adequadas e não interrompermos o tratamento até concluir o processo. Não tem efeitos secundários indesejáveis.
Os artigos foram agrupados em 8 categorias focando um quarto doméstico:
Em Armário daremos de frente com experiências pessoais, desde a passagem ao lado escuro da norma, as cidades que perderam falantes e ganharam hablantes ou histórias de adolescentes reintegrantes.
Na chave juntamos textos que evidenciam a capacidade de aceder que oferece uma visão ampla da nossa língua, formas de implementar esta visão nas aulas de galego, dicas para os pais que querem transmitir a língua e, em geral, para viver em galego sem estar pendente dos orçamentos anuais para normalização linguística.
Com a roupa refletiremos sobre a importância da ortografia, a interação entre falar e escrever, os ingredientes do galego que não vemos porque nos são ocultados e estratégias para usufruir um galego soberano frente à língua do estado.
A maquilhagem tem a ver com a identidade, o nome da nossa língua, a imagem que temos dela, a imagem do “povo”, formas de viver a língua ou a necessidade de reconhecer-nos uns aos outros, usemos o modelo de língua que usemos.
Com xadrez entramos na estratégia, ainda que esta palpite em todos os textos. Estratégias para que os galego-falantes nos falem em galego, os alicerces [mesmo históricos] da estratégia reintegracionista, o caminho que nos marca Google, estratégias para o ensino, estratégias que é melhor não seguir e os passos a dar para situar a nossa língua no mundo.
O espelho vai-nos permitir ver o nosso reflexo noutras línguas e noutros contextos a fim de ver melhor a nossa realidade: País Basco, Catalunha, Valência, Ocitânia, Sérbia e Croácia ou Noruega.
O cadeado é tudo aquilo que discrimina. São os preconceitos por falar galego, são as auto-limitações, são os limites que são colocados às pessoas que vivem o galego como sendo uma língua internacional e os desejos de tolerância gráfica.
Por fim, a janela é como somos visto de fora, por pessoas de Portugal, do Brasil e de Angola, por pessoas que não têm as nossas cargas e podem ter um olhar mais leve. Vão-nos falar da origem do português, de como é percebido e recebida a nossa variedade, do que nos une e da Galeguia.
Às melhoras!

Porque nom sou contra a normativa oficial

Porque nom sou contra a normativa oficial.

Comentário de Eduardo Maragoto ao redor da normativa oficial e o galego internacional

 http://nostelevision.gal/

01 febreiro 2018

A lingua non é unha peza de museo

Intervención de Nuria, moza de 23 anos, no LGx15 2017.       
 #LGx15. Ideas para o futuro da lingua | www.lgx15.gal | Sala Capitol | Santiago de Compostela | 9 de novembro de 2017 | Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) | www.ctnl.gal


Nuria Espasandín, unha rapaza de 23 anos de Vimianzo, que estuda actualmente Dereito na Universidade da Coruña, despois de de que comezara a carreira en Santiago de Compostela. Tamén atopou tempo neste camiño para tomarse un ano sabático cando non soubo atopar o rumbo e ir traballar a terras inglesas. Decisión que a levou a patear máis dunha ducia de países do globo e vicio que ocupa gran parte do seu tempo: viaxar, en todos os sentidos e extensións da palabra. Escribe tamén por puro deleite aínda que comparte algún que outro texto na rede, onde tamén deixa caer os seus pensamentos en forma audiovisual. Ente último pasatempo foi o que a levou a ser finalista de #youtubeiras e #youtubeiros (http://youtubeiras.gal/) en 2017 co seguinte vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=3THm7... Canle de Youtube de Nuria: https://www.youtube.com/channel/UCic_...




08 decembro 2017

A fronteira será escrita


Documental cheo de sensibilidade das xentes da raia nos concellos de Lobios e Entrimo na que a cámara recolle as reflexións sobre a lingua que fan os veciños.


A Fronteira Será Escrita from Filmes de Bonaval on Vimeo.


Até os anos 90 un pequeno río era a única fronteira entre a localidade portuguesa de Várzea e a galega de Olelas.
O encoro hidroeléctrico do Alto Lindoso afastou físicamente estas dúas aldeas.
En xaneiro do 2011 habitantes de Olélas visitan de novo Várzea para lembrar tempos mozos... e veremos finalmente como hai novas fronteiras que chegan para tronzar as identidades que manteñen as linguas.
O audiovisual preséntase así:
"Muita gente pensa que nas zonas fronteiriças, os habitantes dum e doutro lado da raia se entendem bem. Nem sempre é assim, mas a fronteira galego-portuguesa em geral, e particularmente a Baixa Límiae o Gerês, conformam um desses casos. Por motivos, quer linguísticos, quer culturais, os seus habitantes tinham, até há bem pouco, sérias dificuldades para explicar as diferenças que os definiam como pertencentes a dous países de costas viradas.
Mas o Estado sempre sai vencedor e consegue dar a volta ao mais ancestral dos acervos. A cultura ativa de falar, tocar, dançar e cantar igual que os vizinhos é subjugada agora por outra identidade, mais passiva e acaso também mais poderosa, que consolida a fronteira. Ela vem de longe, armada com as mais poderosas ferramentas para comunicar e atrevendo-se mesmo a renomear os lugares em que as pessoas vivem. O que antes se dizia igual, agora lê-se diferente e a linha divisória torna-se por fim visível. Porém, para muitas pessoas, a escrita continua a ser a única fronteira que elas conseguem ver."