24 febreiro 2018

DÁLLE VIDA A TÚA LINGUA: FÁLAA

TEMOS A RESPONSABILIDADE DE PRESERVAR O NOSO IDIOMA, COMO?
USÁNDOO. GALEGO LINGUA VEHICULAR XA!!!
 Segundo a RAG

A poboación co galego como lingua inicial cae 20 puntos en só dúas décadas.

 No informe, que actualiza os datos xa publicados de entre 1992 e 2013, destaca a "tendencia á bilingüización e monolingüización cara ao castelán" na sociedade galega desde os anos 90 e advirte dun"modelo de política lingüística de baixa intensidade" que "pode resultar axeitado para situacións onde a finalidade sexa o mantemento lingüístico", pero que "semella insuficiente para reverter, ou polo menos frear, procesos de substitución". A RAG, como xa fixera noutras ocasións, sinala o polémico Decreto 79/2010 -que veu substituír o anterior que garantía un mínimo do 50% das materias no ensino obrigatorio en galego- como un dos causantes do "retroceso" que está a sufrir o idioma no ámbito educativo e tamén como posible influxo na diminución do seu uso entre os máis novos a nivel xeral.

Os procesos de substitución lingüística do galego polo castelán na xente máis nova, que se desaceleraran entre 2003 e 2008 (ver gráfico anterior), volveron reforzarse entre 2008 e 2013, polo que, segundo a Academia, "cómpre explorar" a relación desta tendencia coa aplicación do devandito decreto, "dado que estes datos van parellos á súa aplicación", polo que "puido influír de forma substancial".


http://www.gciencia.com/ciencia/rag-estudo-galego/



Ningún comentario: