Amosando publicacións coa etiqueta Lecturas 2º ESO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lecturas 2º ESO. Amosar todas as publicacións

27 decembro 2020

A caixiña de rancores de Héctor Cajaraville

     

AUTOR:  Héctor Cajaraville

TÍTULO: A caixiña dos rancores

EDITORIAL:INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOGO

5ª Edición - Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil, 2015 - Recomendado pola "Guía de literatura infantil e xuvenil para a igualdade" da Xunta de Galicia. 

A xuíza Felpeto, acabada de chegar á localidade costeira de Valdomar, revoluciona a vila coas súas orixinais sentenzas. Cando Estevo é obrigado a pasar todo o verán visitando a Chiruca, a anciá a que atropelara co seu ciclomotor, imaxina unhas soporíferas xornadas aturando as historias daquela muller que cruzara polo paso de cebra sen mirar. Pero todo cambia cando a casualidade fai que o mozo descubra un segredo que ten na súa cerna a Chiruca e que ela mesma descoñece. Coa axuda de Paula, a noiva de Estevo, o nobelo daquel misterio irase desenredando ao mesmo tempo que xorde entre os tres protagonistas unha relación tan profunda como inesperada, que pasa por riba da diferenza de idade e que demostra que a amizade verdadeira non entende de prexuízos nin de convencionalismos.

O diario violeta de Carlota de Gemma Lienas

                                                     

TÍTULO: O diario violeta de Carlota.

AUTORA:O diario violeta de Carlota de Gemma Lienas.

EDITORIAL: GALAXIA, COLECCIÓN COSTA OESTE.

Un día, Carlota recibe da súa avoa a encomenda de observar o mundo cunhas lentes de cor violeta, é dicir, dende unha óptica feminista e igualitaria. Axiña vai entender, e nós con ela, que hai moitísima situacións do noso día a día que tomamos como normais cando, en realidade, son todo un exercicio de discriminación e inxustiza.
 Moito máis ca novela, moito máis ca un diario

 

24 outubro 2020

PEPE CARREIRO AUTOR DE BANDAS DESEÑADAS E A NORMALIZACIÓN DO GALEGO (II)

 

COMPOSTELA, A HISTORIA DUNHA LENDA.

Autor: Pepe Carreiro.

Editorial: ToxosOutos. Galicia, 2003
Textos en galego, castelán, inglés, francés

 

Historia da capital de Galicia "desde os albores da suposta descoberta do sepulcro do Apóstolo Santiago até o alzamento militar de 1936". Obra de Pepe Carreiro co asesoramento histórico de Clodio González Pérez.

PEPE CARREIRO AUTOR DE BANDAS DESEÑADAS E A NORMALIZACIÓN DO GALEGO (I)

 PEPE CARREIRO É AUTOR DE BANDAS  DESEÑADAS:

“Se se fai ben, o cómic pode ser un cabalo de Troia para introducir o galego en ambientes hostís”Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/04/2018 | Actualizada ás 08:35 (Entrevista).

 Pepe Carreiro traballou de debuxante e director de arte en varias axencias de publicidade de Vigo, fundou con outros socios unha axencia e ten un estudo propio desde os anos 90. Fundou as revistas Can sen Dono e XO! "; publicou dous libros de humor gráfico: Fraga na Galiza (Laiovento) e Mellor que onte, pero mellor que mañán (Fervenza).

Definese como humorista gráfico e ten publicado viñetas e tiras en numerosos medios. Como debuxante e guionista de banda deseñada publicou tres álbums da serie Os Barbanzóns: Baroña ou morte, Non solpor da prehistoria e A noite de Samaín; un álbum sobre Galicia nas guerras napoleónicas: A retirada de Sir John Moore e Historia de Compostela (Toxosoutos).

O seu maior éxito foi a creación da serie infantil Os Bolechas editada primeiro por A Nosa Terra e actualmente por Bolanda Edicións e Marketing e que deu o salto do papel a outros múltiples formatos, como espectáculos para teatro, discos, unha serie de televisión e agora está xa no mercado portugués. De feito, grazas a esta serie, milleiros de nenos  e nenas tiveron o seu primeiro contacto co galego. “O galego penetra mesmo en lugares onde non é ben recibido, pero para iso ten que estar ben escrito e o cómic tratar temas e debuxos que nin o máis recalcitrante españolista poida resistirse a ver”, asegura.

 

Os Barbanzóns:Baroña ou morte

Editorial ToxosOutos.
 

Primeira entrega da saga dos Barbanzóns, de ecos asterixianos e ambientada no Castro de Baroña, Nela, o personaxe Con, contra a tranquilidade do clan, decide concienciar aos seus do perigo de posibles invasións. A mellor defensa é o ataque, e a mellor defensa contra o ataque é unha boa festa.

 

 

 

 


Os Barbanzóns:No solpor da Historia

Editorial ToxosOutos.

Nesta nova aventura, Os Barbanzóns realizan unha accidentada viaxe a terras irlandesas, onde se encontrarán cos Moloney, unha familia moi peculiar. Por esta vez, o protagonismo tamén vai recaer sobre Son, o fillo máis vello de Con e Guinness, que co seu idealismo vai tentar revolucionar Eirín. 

 

 


Os Barbanzóns: A Noite de Samaín.

Editorial ToxosOutos.

Segundo os vellos costumes celtas e seguramente tamén os castrexos, o ano pártese en dúas estacións: verán e inverno. Non reparan e máis matices. E o paso dunha estación a outra exactamente na noite que vai do último día de Outono ao primeiro día de Santos. Pero a noite de Samaín ademais de separar o ano, confunde o mundo do máis alá co noso munto terreal. E iso si xa é outra historia. Precisamente a historia que viven neste novo libro os coñecidos habitantes do castro de Baroña: Os Barbanzóns. 

 

FONTE: http://culturagalega.gal/bd/ficha.php?id=381&busca=barbanzons

A retirada de Sir John Moore de Pepe Carreiro

 A retirada de Sir John Moore de Pepe Carreiro.


 

É a primeira entrega da serie "Galicia nas Guerras Napoleónicas". Teixugo é un arrieiro galego que no Bierzo tropeza co exército inglés baténdose en retirada para A Coruña, coa cabalería francesa pisándolle os talóns. Ubícase ao lector no escenario histórico da ocupación francesa mediante uns textos de presentación e despois aborda con humor os feitos históricos que desembocaron na batalla de Elviña.

Está publicada pola Editorial Xerais. 

 

21 xuño 2017

Memorias dun neno labrego

Memorias dun neno labrego fala dun neno chamado Balbino que vive na Galicia da primeira metade do século XX, cando os galegos emigraban a outros países, normalmente a América. Este rapaz é pobre e ten que traballar na leira do Señor. Balbino goza coas súas aventuras na aldea.
O libro está distribuído en capítulos nos que se contan historias da vida do protagonista. Balbino dálle a volta ó feito de non ser un adulto, de non poder emigrar a América. A pesar da súa idade, pensa no mundo, no futuro, no Señor, en Manolito, en Eladia (que queda olvidada finalmente por mor de Flora), en querer emigrar a América…
Autor: xosé Neira Vilas.
Editorial Galaxia.

A Odisea contada aos nenos.

Neste fermosísimo relato nárranse as aventuras que vive Ulises -coñecido como Odiseo en Grecia- navegando polo mar Mediterráneo. Enormes tempestades azoutan a súa nave porque o deus do mar, Poseidón, quérelle facer mal. Non obstante, protéxeo a deusa da sabedoría, Atenea. Ulises ten que enfrontarse a un xigante monstruoso dun só ollo, a unha maga que converte en porcos os seus compañeiros e a moitos outros perigos.
Autora: Rosa Navarro Durán.
Ilustrador: Francesc Rovira
Editorial Rodeira.

Viaxes dun can de palleiro

En primeira persoa preséntasenos “Eu son un can de palleiro, un can de aldea. Coma quen di, un ninguén. O meu nome non importa. O realmente importante desta historia é a historia mesma. Unha aventura popularmente coñecida como A Odisea.” Este comezo, homenaxe a Balbino a as súas Memorias dun neno labrego, xa nos sitúa no reescritura dun vello relato que anda entre nós desde os tempos antigos. Pero agora, cambiámoslle a voz -é un can quen nos conta- e o lugar -xa non damos voltas querendo volver a Itaca senón que temos a casa no Barbanza. Todo nos é próximo: o Olimpo está no Courel.
Autor: Pere Tobaruela.
Editorial Xerais.

Alaia e a deusa

Alaia, unha moza da tribo dos nerios, ten que abandonar o seu castro natal para ir traballar á cidade de Thaladé, construída enriba do bravo Mar Poñente. Alí coñecerá a crueldade dos amos e as contradicións da mal chamada civilización, mais tamén descubrirá o maior dos segredos que gardan os seus túneles ancestrais. Así e todo, a mais grande aventura de Alaia será coñecer ese prodixioso misterio que se agocha no corazón do ser humano: o amor verdadeiro.
Autor: Tomás González Ahola.
Editorial Urco

As meigas de Lupa

María colleu un avión a Santiago de Compostela, onde a esperan os seus curmáns Pablo e Martiño, para pasar unha semana de vacacións coa avoa Berta. Unha sorpresa agarda aos tres rapaces na casa de Santa Cruz de Ribadulla: deberán compartir a estancia con varias amigas da avoa, que veñen participar nun congreso de meigas. Tras a desaparición dunha vella chave da avoa e tras a presenza daquelas mulleres agóchase a historia dun segredo milenario, que foi gardado xeración tras xeración, que pasou de bocas a oídos, unha e outra vez, e que nunca se contou a quen non era merecedor de sabelo.Unha emocionante novela de intriga no século XXI. 
Autora: María Solar.
Editorial Xerais.

21 xaneiro 2017

Alaia e a Deusa

Autor: Tomás González Ahola

Alaia, unha moza da tribo dos nerios, ten que abandonar o seu castro natal para ir traballar á cidade de Thaladé, construída enriba do bravo Mar Poñente. Alí coñecerá a crueldade dos amos e as contradicións da mal chamada civilización, mais tamén descubrirá o maior dos segredos que gardan os seus túneles ancestrais. Así e todo, a mais grande aventura de Alaia será coñecer ese prodixioso misterio que se agocha no corazón do ser humano: o amor verdadeiro.

Denébola a Roxa

Autor: Héctor Cajaraville.
O 15 de marzo de 1600, o mesmo día en que fai quince anos, Denébola recibe a noticia de que o seu pai decidiu enviala como noviza a un convento de clausura. Pero a moza, que comparte nome cunha das estrelas máis brillantes da constelación de Leo, loitará por un futuro máis luminoso ca este que o seu pai, o poderoso señor de Mourentán, elixiu para ela. Marcada pola superstición asociada á súa cabeleira roxa, buscará o modo de rexerse polos seus propios principios e tomar as rédeas do seu destino. Na súa viaxe á procura da liberdade acabará chegando a América, un Novo Mundo no que todo está por facer e onde é posible converter en realidade o soño de trazar o seu camiño na vida. Ao longo da novela asistimos á transformación da xove protagonista nunha muller que se rebela contra os prexuízos, as convencións e os costumes do seu tempo

27 marzo 2012

O asasino invisible

Autor: Xosé Durán
Dez relatos que de variadas maneiras tratan dunha sociedade na que as máquinas empezaron a levar o control. As posibilidades e os perigos da revolución tecnolóxica son os verdadeiros protagonistas deste inquietante libro, que non deixará a ninguén indiferente. Non faltando humor e misterio,  á vez que convida á reflexión sobre o ser humano dun futuro que xa está a empezar.

25 novembro 2011

A filla do ladrón de bicicletas

 A filla do ladrón de bicicletas conta a historia dunha nena, Serafina, que é filla dun ladrón de bicicletas e que por diversas circunstancias vive coa súa tía, dona Perfecta. A súa máxima aspiración é ser equilibrista nun circo con Celerífera, a bicicleta, e cara a iso van enfocados todos os seus esforzos, aos que non serán alleos nin a axuda do vello Elías nin as dificultades que lle ocasionan a panda de Martiño o Bravo.

Autora: Teresa González Costa. Ed. Xerais, Col. Merlín.
Ilustrador: Jacobo Fernández Serrano.

A chamada da selva

 Autor: Jack London. Ed. Xerais.
A chamada da selva é a historia destes homes, desta epopeia vivida no espello da aventura dun can, Buck, que tras catro anos de cómodo vagar na granxa do xuíz. Miller, preto de San Francisco, ten que comezar unha vida rexida pola lei do vergallo e da loita pola existencia para, ó cabo, senti-la chamada do atávico, o achegamento ó lobo, o seu irmán salvaxe que ha cantar co seu ouveo a canción do mundo primitivo.

15 novembro 2011

Os Megatoxos e a cara oculta da lúa (4)

Autor: Anxo Fariña. Ed. Xerais.
Outra volta, pois, aventuras do grupo, afectado polos efectos da flor do toxo, cuxos membros nesta ocasión loitan a dúas bandas: contra o mal que se propaga polo seu instituto e asemade contra a tiranía dunha raíña que quere dominar o mundo. Males que acontecen simultaneamente e que engadirán unha transformación no carácter de Lúa e así farán máis difícil e perigoso acadar o final desexado.

Os Megatoxos e os Templarios da luz (3).

Autor: Anxo Fariña. Ed. A Nosa Terra.
Para Ruxe, Ninfa, Lúa e Faísca, a vida non volverá a ser igual despois dos recentes acontecementos vividos. Algo tan inocente como unha viaxe de estudos coa clase vai transformarse, grazas a intervención dos xemelgos Ezbel e Exeria, nun inesperado pesadelo.
Os Megatoxos descubrirán que as redes dos misteriosos Templarios da Luz esténdense a todos os niveis e que, para a súa desgraza, están máis ligados á súa existencia do que lles gustaría aceptar.
Uns descubrimentos que realizarán no pasado, no medio da Revolución Industrial en París, a cidade das luces. Alí terán que facer fronte a unha decisión na que, nun lado da balanza estará un ser querido e no outro, unha cidade enteira. Elixan o que elixan, o futuro non volverá a ser o mesmo.

Os Megatoxos e a espada esmeralda (2).

Autor: Anxo Fariña . Ed. A Nosa Terra
Ruxe, Lúa, Faísca e Ninfa están a vivir un curso escolar do máis emocionante. tras desenvolver por accidente estraños poderes, un milleiro de problemas comezan a xurdir nas súas vidas.
Na procura dunha solución para a súa mutación xenética, viaxarán desta vez ao medievo, onde atoparán un antigo e misterioso mosteiro no que nada é o que parece.
Nesta nova aventura, os Megatoxos deberán medir a súa intelixencia e valor entre códices medievais, nunha biblioteca chea de enigmas e perigos, situación que porá en xogo a súa amizade.

Os Megatoxos e o aprendiz de druída (1).

Autor: Anxo Fariña
Cando Ruxe, Faísca, Ninfa e Lúa comezan este curso, apenas se coñecen. Mais un incidente inesperado fará que as súas vidas cambien para sempre. Decataranse de que teñen máis cousas en común que asistiren á mesma escola, e máis preocupacións que entregaren a tempo os traballos de clase.
Estraños poderes, aventuras e misteriosos encontros. todo isto mesturado nunha viaxe polo tempo, na procura de respostas, na terra dos seus antergos... os celtas. 







Os irmáns Corazón de León


Título: Os irmáns Corazón de León.
Autor: Astrid Lindgren. Editorial:XeraisKarlos está enfermo e sabe que vai morrer, pero quen morre antes é o seu irmán máis vello, Ionatán, ó intentar salvalo dun incendio. O dous volverán atoparse en Nangoisllala, o paraíso, a onde voan todos os que morren. Alí todo é perfecto, non hai enfermidades e vívense aventuras sorprenden-tes. Pero Nangoisllala está baixo a ameaza do demoniaco Téngoil, contra o que terán que loitar para salvarse. Astrid Lindgren consegue retratar a morte e a soidade como parte natural da vida, mesturando no mesmo relato realidade e fantasía con absoluta normalidade.
http://www.astridlindgren.se/index_1024.htm