15 novembro 2011

Os irmáns Corazón de León


Título: Os irmáns Corazón de León.
Autor: Astrid Lindgren. Editorial:XeraisKarlos está enfermo e sabe que vai morrer, pero quen morre antes é o seu irmán máis vello, Ionatán, ó intentar salvalo dun incendio. O dous volverán atoparse en Nangoisllala, o paraíso, a onde voan todos os que morren. Alí todo é perfecto, non hai enfermidades e vívense aventuras sorprenden-tes. Pero Nangoisllala está baixo a ameaza do demoniaco Téngoil, contra o que terán que loitar para salvarse. Astrid Lindgren consegue retratar a morte e a soidade como parte natural da vida, mesturando no mesmo relato realidade e fantasía con absoluta normalidade.
http://www.astridlindgren.se/index_1024.htm

4 comentarios:

aitor dixo...

Encántame este libro, é un dos meus favoritos.Non sabía como empezara a fabulosa historia dos Megatoxos, e dígoo por que eu empezara polo terceiro libro.Non cambies nunca Anxo Fariña.Por certo, se queredes podedes ver a paxina web dos megatoxos en google.


asinado:Aitor

Anónimo dixo...

Este libro gustoume moito porque nel aprendes a valorar a importancia da familia e canto se pode chegar a querer a un irmán. Ademáis, tamén expresa que se queres algo, tes que loitar para conseguilo e non rendirte nunca. Outra cousa que me encantou foi como iste libro dá a entender como as persoas que nunca se consideraron valentes e non cren en sí mesmos, poden chegar a ser as máis valentes de todas e salvarche de máis de unha.
Sinceramente, encantoume o libro. Engánchate ata o final.Recoméndollo a calquera.
Asinado: Raquel Otero

Andrea Fernández dixo...

Os irmáns Corazón de León é unha das novelas que máis me gustou, porque trata un dos temas que a min máis me gusta: a fantasís. Comeza ao se enterar Karlos, un neno de dez anos, que a súa enfermidade é mortal, e entón o seu irmán Ionatán ase as fálalle de Nnaguillala, un país fantástico ao que irán ao morrer. É un país no que se vive na época das fogueiras e as lendas. Pero o que non contaban era que Ionatán morrería antes tantando salvar a Karlos dun incendio na súa casa.
Unha vez en Nanguillala descubrimos a natureza: as montañas, os bosques, as pombas brancasmensaxeiras... e os monstros(Katla, unha dragoa dominada por Ténguil grazas ao son dun corno e Karma,unha serpe xigante que vivía na Feervenza de Karma e que desaparecera esperando que chegara o día da loita entre elas,pois odiábansedesde ocomezodos tempos.).Karlos tamén descubrirá que existen outos países fantásticos como Karmanallaka, o lugar onde reinaba Ténguil e Nanguilima, o lugar ao que se ía despoies da morte en Nanguillala.
É un libro cheo de aventuras e acción, xa que os dous irmáns loitarán , xunto con Sophía, Huberto, Macías e Órvar, contra o exército de Ténguil que escravizou áxente do Val des Silveiras. Unha historia na que os bos e xustos loitan contra os ttiranos e traidores como Llusi.
Outro dos temas que máis me gustou foi a complicidades que teñen os dous irmáns, o amor, o respecto e o sentimento de ter que cuidarse e protexerse un ao outro en todo momento. Que se demostra ata o final da historia no que Ionatán, inmobilizado polo lume de Katla, é axudado por Karlos ao ter o valos de saltar con el ás costas pola Fervenza de Karma para poder ir a Nanguilima, onde os esperaba o seu bo amigo Macías para vivir por fin sen medo e felices no Val das Maceiras,

Noelia González dixo...

Gustoume moito, é un libro que te engancha dende o principio, con el podes pasar un bo tempo de lecer.
Explícanos valores como é a honestidade, a familia e que hai que loitar sempre polo que queres.
Recomendaríallo a todo o mundo, sinceramente é un bo libro....