Amosando publicacións coa etiqueta HIP HOP. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta HIP HOP. Amosar todas as publicacións

18 febreiro 2021

Pelenuca - NA GALIZA EM GALEGO #Fase2

Hip hop de Peneluca II: NA GALIZA EM GALEGO #Fase2

  Segundo tema da maqueta #Fase2. Agosto 2020

Brais Merelas - Grabaçom e mestura 

Elvira Romero- Videoclipe 

VINTAGEMAN - Instrumental 

Alguns dos vídeos utilizados forom sacados da canle de Galiza Contrainfo, do Día das Letras Galegas (2017) e da manifestaçom em contra de Galicia Bilíngüe (2009).

 Letra: 

Caminhando pola rua dim-me conta dumha cousa, faz dez anos nom havia o que agora: nenas jogando no parque e passando na bola, mas numha língua de fora. E a quem se lhe bota a culpa agora? Goberno espanhol que decidiu por nós, políticas lingüísticas jogando em contra, falta de soberanía para tomar decissons…? Num futuro contaremos aos netos historias dumha língua chamada galego, e mentres tanto falantes en descenso, e já choraremos, já choraremos. Nom sejas parva, fala galego às nenas, logo virám as penas. Os prejuízos perseguem-nos mas nós correremos máis rápido. Eu canto em galego, idioma dos meus pais, que marche daqui quem nom queira escuitar. Eu canto em galego porque som da Galiza, e que tape as orelhas quem nom goste desta língua. A minha, única e oficial. Nada de autonómica nem regional. Nada de conflito institucional: levámo-lo ás ruas, para ganhar. Temos direito a vivir na nossa língua sem trabas, co bilinguismo nom me enganas: oficialidade só para o galego. O espanhol que o falem em espanha. Temos umha língua internacional, da Galiza a Moçambique, do Brasil a Portugal. E muitos países máis, e há quem canta espanhol para triunfar (xd) Está claro, nom o nego, querem matar o galego. Se o futuro da língua está nas súas mans, o importante aquí é cortar polo sam. Eu canto em galego, idioma dos meus pais, que marche daqui quem nom queira escuitar. Eu canto em galego porque som da Galiza, e que tape as orelhas quem nom goste desta língua. Eu canto em galego, idioma dos meus pais, que marche daqui quem nom queira escuitar e que tape as orelhas quem nom goste de ouvir política, a minha música sempre combativa. 

 DEFENDE A TÚA LÍNGUA!

PELENUCA: Repaso #Fase2

 Hip hop de Peneluca II: Repaso #Fase2

 

 Primeiro tema da #Fase2, maqueta totalmente grabada e mesturada por Brais Merelas dende o armário da minha habitaçom.

 Letra: 

Ideias na cabeça que dam voltas todo o tempo, mas a mim ninguém me ensinou a estruturar pensamentos, escuito o beat e solto o que vou vendo, umhas veces rápido e outras máis lento. Aprendendo e lendo críticas, atendendo e ouvindo muito rap, asistindo a festis e concertos sempre que mo permitam o tempo e o peto. E nom me meto, nom me meto nada como muito uns grolos e um par de caladas. Tento coidar-me que so há umha vida, para fazer rap nom preciso falar de farinha nem falar de pistolas que nom toquei na vida, creastes umha personagem e vivides numha mentira, e di-me ti, que tes de interesante? Se quitas as pintas pagadas polos papis. E di-me ti, que nos vas contar? Se so ceivando machismo pola boca sabes rimar. E di-me meu, que tes de diferente aos pijos dos que rajas nos teus temas sempre? Las Ninyas del Corro já o dixerom: vestides as mesmas marcas e consumides o mesmo veleno e credes-vos innovadores, revolucionários. So sodes cópias cutres de quatro americanos! Isto nom é beef é um repaso, quitando caretas a um feixe de paiasos. Isto nom é rap, nem é nada, é umha tipa sem muita ideia que nom quere estar calada. Eu nom vinhem aquí para desmontar nada, mas fóde-me ver que o que triunfa é umha farsa, muito bocas, muito trepas, que por tres minutos de fama vende à família e colegas. E agora virám com que o rap nom é política. O hip hop sempre foi rebeldía. Que nom venda tanto nom é meu problema, só sodes rebeldes se vos quita os petas a polícia. Eu som fiel as minhas ideias de verdade, a camisola que levo representa a minha identidade, nom é estilismo, nom é umha moda, vos muito logo antifascista e logo a tratar mal às moças. Eu nom som cantante, nom tenho ritmaço, só escrevo temas para quem queira escuita-los, e na Galiza, que menos que em galego! nom me pidas muito pero o mínimo já o tenho. Assím que ti que cantas espanhol, quita o "GZ" do nome, faz-me o favor, nom presumas da terra se nom luitas polo idioma, que te escuitem os de fora se nom cantas para nós. Isto nom é beef é um repaso, quitando caretas a um feixe de paiasos. Isto nom é rap, nem é nada, é umha tipa sem muita ideia que nom quere estar calada. Isto nom é beef é um temaço, quitando caretas a um feixe de paiasos. Que se de por aludido quem queira, em escuitar as críticas eu pido-me primeira!


PELENUCA: "Rural"

 Defende o rural! Hip hop de Peneluca I



Dende os arredores de Teixeiro. Marzo 2020

Vídeo por Elvira Romero Letra, voz, grabaçom e montagem por min 

Base livre atopada polo YouTube (Beatz Cvrry)

 FONTE: https://www.youtube.com/channel/UCUF1-vK5Sy-JFWuXtjDPcMw

Hip Hop em galego

A páxina de Facebook Hip Hop en galego comezou a ser desenvolvida en xaneiro do ano 2015. O obxectivo da mesma é promover o Hip Hop feito en galego con independencia de normas lingüísticas dentro e fóra da nosa rexión.

FONTE:  https://www.facebook.com/hiphopemgalego/



Un mapa cos grupos e artistas máis relevantes da nosa historia

🎵 Con case 40 anos de historia, este "mapa" serve para identificar os grupos (en maiúsculas) e as artistas (rappers, beatmakers, djs...) que aportaron contido á nosa cultura.

🎤 A contribución de cada unha non se pode medir coa imaxe, pero abonda con escoitar os traballos das artistas para valoralo.

Como consello, escoita aquelo que descoñeces (xa sexa actual ou do pasado) e volve a escoitar aquelo que non che gustou de primeiras.

Aproveita ben o tempo e axuda as artistas difundindo a súa música!
Tedes moito onde escoller, e todo feito na nosa lingua.

#RapEnGalego #hiphopemgalego
#HipHop #Galiza #hiphopengalego #rapengalego #rapgz #rap

28 setembro 2019

PREMIO AO MELLO TEMA DE HIP HOP EN GALEGO 2018

Alto Asalto - Caixa de cristal 

 Tema incluído no Lp SOÑOS E QUIMERAS (2018)

 Letras / Voces por GatoPersa e Moudafaka.  Instrumental por Screwaholic Gravación e mistura por MOU en Rapapoulo (Ordes).  Máster por Jamminmasters (Berlín). Unha obra audiovisual de Alberto Lora

Letra:

 Moudafaka: Nunca fun tan libre lonxe deso onde non quero estar, non me pode molestar o malestar de estar mentíndome a mín mesmo para encaixar co resto non hai camiño recto nesta costa posta aposta polos mesmos dos impostos, que che tratan como a bosta, aquí non hai pistas, non tópa-la resposta! A ver se caes da cresta e devolves algunha ostia, érguete da sesta! non todo van ser festas! Ven a peste que se orquesta nos ventos do leste, deforesta apreste, calquer mente agreste....apesta! o cheiro cada vez é máis funesto, a pasta deshonesta sempre torna en manifesto, aplastando restos, secuestrando xestos, infesto e descomposto sen poder poñerlle rostro, eu mato polos meus, tí faino polos teus, son libre sen Deus, o responsable dos meus erros. 

ESTRIBILLO: Na caixa de cristal, tan só mira e asinte, o mundo está expectante, queren droga pra evadirse, cada mes hai un tema de moda pra que poidas falar e te olvides do que vives na caixa de cristal. 

GatoPersa: Ver esos buítres bailando arredor do Sol, nun guión que se repite en bucle, reixas invisibles que te fan sentir inútil, nun mundo táctil, ai cariño! dame un chute pola napia, e imos de Versace! As novas sereas xa non van a por Ulises, tan pagadas por Soros pra que te psicoanalicen, confrontan ó humano sempre en 2 matices histéricos, estou en extinción coma os linces ibéricos, siguen ó existencialismo como unha relixión, logo hai depresión, porque van de algo que non son, liberais de Hong Kong con rastas e tatús queren vir a dar leccións como Cristo na crús, imos ca lingua na fase de sacarlle brillo, aplastar cús! non paran de botar pús...putas da industria! Moulin Rouge! Molesta a lus nos ollos porque non a viras nunca, molesta a lus nos ollos porque non a viras nunca! 

ESTRIBILLO: Na caixa de cristal, tan só mira e asinte, o mundo está expectante, queren droga pra evadirse, cada mes hai un tema de moda pra que poidas falar e te olvides do que vives na caixa de cristal. 

 Moudafaka: Felís con pouco ou nada, entón serás felís con todo, a boca faise porca, cando empina o cóbado, de luns a sábado, matemáticas mortas, ollos nas mirillas, controlan tralas portas... pendientes do que fas! e non do que fan eles! calan porque temen, por se caen un par de tortas; bolas de goma e porras, que o medo te coma e corras, que te convirtas nun comepollas, que obedezas e que non te movas! 

GatoPersa: Non sei qué nova moda inventarán estos carallos, hai un camiño que non vai a Roma e quero encontralo, a liberdade do individuo é un valor inventado se vives nun mundo de resíduos asíduo ó sado... eu era de ir de cuncas, levar vacas ó establo, sen o autoengano de pavos que se cren de Chicago, temos o estilo secuestrado coma se fora un empresario, dos gordos, os corvos volven a voar polo páramo! 

 ESTRIBILLO: Na caixa de cristal, tan só mira e asinte, o mundo está expectante, queren droga pra evadirse, cada mes hai un tema de moda pra que poidas falar e te olvides do que vives na caixa de cristal.

FLOW DO TOXO

Videoclip oficial producido por Flow do Toxo. (Xullo 2019)


Gravado en PSK (imaxe)/Pía (son) 
Operadoras de cámara: Silvia Mella/Denís Pedrera Editado, mezclado e masterizado por Corazón Molotov
Fonte: https://www.youtube.com/channel/UCx_RFfz2DBsEVzLAH7JADVw

Txuki Camanho con "Escóitame"

Debut de Txuki Camanho con "Escóitame" (Agosto de 2019)

Grabado, mesturado e masterizado en YIMI YOU REK
Voces por Txuki Camanho
Prod. Sabe
Video por Nadie González
Cámaras Lokutor, Nadie González e Paula Quintana
FONTEhttps://www.facebook.com/hiphopemgalego/posts/2427225764225855/


SE QUEREDES SABER MÁIS DE HIP HOP EM GALEGO: https://www.facebook.com/hiphopemgalego/