Amosando publicacións coa etiqueta ACTIVIDADES. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ACTIVIDADES. Amosar todas as publicacións

24 febreiro 2018

11 abril 2011

BLOG PARA A EXCURSIÓN AO VAL DAS ELLAS


Os tres institutos que imos compartir viaxe ao Val das Ellas ou de Xálima (IES Prieto Nespereira, IES Monte Carrasco e IES Lagoa de Antela) creamos un blog para colgar todo o material (investigación, actividades, vídeos...) sobre este proxecto.
Monte Lagoa Nespereira no Val de Xálima

16 xuño 2009

TOPONIMIA


TRABALLO DE TOPONIMIA 1º DE BACHARELATO
OBXECTIVOS:
  1. Facer un traballo de investigación manexando distintas fontes: impresas,dixitais, orais.
  2. Manter un contacto interxeracional coa xente do noso contorno, interesándonos pola nosa cultura, pasado... axudando a manter viva nas xeracións máis novas a nosa lingua.
  3. Intercambiar experiencias cos IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia, Abrente de Ribadavia e San Mamede de Maceda.
CONTIDOS:
  1. Elaboración esquema das poboacións dos concellos que acolle o noso centro.
  2. Estudo comparativo da nomenclatura oficial // popular.
  3. Investigación da microtoponimia (orixe do nome, explicación, relacións...)
  4. Achegamento etimolóxico sempre que sexa posíbel.
  5. Percorrido natural pola nosa microtoponimia.
  6. Elaboración de camisetas con cinco topónimos de cada IES.

26 maio 2009

Bali Rai: Un casorio moi mal amañado


A charla tiña como punto de partida a presentación do seu libro Un casoiro ben mal amañado, editado por Sotelo Blanco.
O autor veu acompañado por un intérprte galego, pero case non fixo falta. Todo o alumnado de 4º ESO lera a obra e traballaran cuestións relacionadas con ela na aula de galego e investigaron na biografía do autor na clase de inglés. O alumnado de 1º de Bacharelato traduciu un fragmento da obra orixinal ao galego (na aula de inglés) e interesouse pola lingua e a cultura punxabi na de galego.

20 maio 2009

HIP HOP CON "GARCÍA"

Escoita a Dios ke te Crew



Óscar Penín (da Editorial OUVIRNOS), responsable para a cidade de Ourense dos
actos de conmemoración do 90 Aniversario da Coral de Ruada e do programa
+msc, ofreceunos esta actividade que aceptamos encantad@s.

Tamén o podedes ver no canal de youtube Colegas das palabras.

14 maio 2009

"Liberación de libros" (bookcrossing).




Nós
,
alumnado de 4º Eso e club de lectura “Colegas das palabras” do
IES Julio Prieto Nespereira, queremos sumarnos a esta iniciativa e promovela polo barrio. Queremos espallar a nosa literatura, a nosa lingua,
e compartir... quen sabe por cantos recunchos do mundo!

Onde hai libros ceibes?
  • Cafetería Nevosa (R/Río Mao-nº21).
  • Cafetería Titanic (Avda. De Santiago-nº88).
  • Cafetería La Factoría(Avda. De Santigo- nº94).
  • Café Isaac(R/ Samuel Eiján)
  • Cafetería Chanuco (R/Río Cerves esquina Rúa do Vinteún)
  • Cafetería Jam Session (R/Ramón Cabanillas-nº18)
  • Cafetería Cadomoki (R/Ramón Cabanillas esquina Celso Emilio Ferreiro)
  • Cafetería Rigodón (Praza da Marina- A Ponte).
ÚNETE!!!

09 marzo 2009

Día da muller traballadora

Esta actividade complementou a do Día da non violencia de xénero. Tivemos
como convidada á poetisa Marta Dacosta.

14 febreiro 2009

Día do amor fronte á violencia, guerra, discriminación...


Esta actividade utilizouse para homenaxear ao profesor do Departamento de
Ciencias desaparecido, Amadeo. Con Moito amor participaron alumn@s de todo o
centro, coordinando o ENDL as lecturas públicas no patio, xunto á arbore plantada na súa memoria. Este é un dos poemas lidos polos “Colegas das palabras”:

Sempre

Un frío crepúsculo
escurece as nosas vidas
Os días xa non eran días
de pronto volvéranse noite.
O reloxo parou un instante,
dixeras adeus.
Marchaches,
e levaches contigo o teu sorriso,
a túa mirada, as túas palabras.
Marchaches,
e levaches contigo a túa
sabedoría;
aquela sabedoría que
impregnabas en nós
cada vez que deixabas ao
descuberto
aquel amor que pola Terra sentías.
Marchaches,
pero non para que as bágoas
mergullasen as meniñas dos nosos
ollos.
Non.
Marchaches
na busca da liberdade:
esa liberdade coa que poderías
fundirte cos teus amores.
Esa liberdade
que che permitiría formar parte
de cada río, de cada mar,
de cada lago, de cada ser.
Formar parte do ar.
Hoxe é o día
no que o sol brilla de novo;
no que os paxaros volverán piar
o seu cantar de ledicia,
porque hoxe é o día
no que estarás sempre connosco.
(Susana Rodríguez Fariñas. 1º Bach)

18 decembro 2008

Biblioteca para as nosas familias: Fotos xornada 18 decembro


Proxecto da Biblioteca para familias, con préstamos de libros e coa
apertura a partir do ano 2009 dos xoves pola tarde (a cargo da profesora de
Educación física Leo).
Tamén fixeron lectura pública @s colegas dos poemas contra
a violencia de xénero acompañada do power point que elaboraramos. Foi unha
xornada moi emotiva, onde tod@s nos sentimos moi a gusto.

25 novembro 2008

25 de Novembro: Día Internacional da NON VIOLENCIA DE SEXO


Debate e posta en común sobre os distintos tipos de violencia de xénero.
Trátase de educar nuns valores igualitarios e respectuosos que eviten nun
futuro situacións discriminatorias. Colaboración do Departamento de Filosofía e
Educación para a Cidadanía.

21 novembro 2008

25 de Novembro Día Internacional pola NON VIOLENCIA CONTRA A MUllER

O martes, 25 de Novembro, @s Colegas das palabras imos facer unhas lecturas comprometidas e solidarias coas mulleres que sofren calquera tipo de maltrato no mundo.
Unha vez máis roubamos palabras a Antía Otero, Lino Braxe, Marica Campo, Carlos Negro, Marta Dacosta, Medos Romero, Luísa Castro, Mercedes Peón, Marga Do Val, Uxía Senlle, Lupe Gómez.
Lerán os poemas Cristian, Silvia, Rubén, Jennifer e Manuel de 3º ESO; Yolanda, Lucía e Marta de 4º ESO e Susana, Irene, Lucía e Cris de 1º Bacharelato.
Será no 2º recreo (12:10 a 12:30) no salón de actos. Proxectaranse fotos-denuncia acompañando a lectura.
Non deixedes de acudir! Que non calen a nosa voz!

24 outubro 2008

Celebración do Día das Bibliotecas, 24 de outubro


En colaboración co equipo da biblioteca. (Grazas especialmente a Ana Romero e Leo).
Voluntari@s tomaron "as palabras", dos libros que máis lles gostaron...
Confección dun mural co manifesto de Agustín Fernández Paz para as bibliotecas
e coas suxestións ds nos@s lector@s.

03 outubro 2008

Bicos con lingua



O alumnado de 4º ESO e 1º e 2º de Bacharelato asistiu á representación teatral de “Bicos con lingua”de Talía Teatro.
Primeiramente traballáronse conceptos de sociolingüística (diglosia, lingua propia, lingua de estado, lingua minorizada....), prexuízos lingüísticos... e despois da representación fíxose unha posta en común.

28 abril 2008

Anxo Fariña estivo con nós


O 27 de marzo Anxo e os megatoxos: Ruxe, Lúa, Faísca e Ninfa estiveron no noso instituto. O malvado Druxel non puido impedir que @s seguidor@s dest@s heroes e heroínas estiveran co seu mago creador.
Estádevos atentos: A segunda entrega dos Megatoxos esta para saír

Marilar Aleixandre visita o centro

Marilar Aleixandre compartiu con nós a visión dos seus personaxes e contestou as nosas curiosidades...Tamén nos leu o comezo dunha historia para que nós a acabásemos.