Amosando publicacións coa etiqueta SXPL. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SXPL. Amosar todas as publicacións

13 outubro 2019

Como mentir coas estatísticas do galego.3

Se Queremos saber a manipulación non terá as mans tan cheas!

Como mentir coas estatísticas do galego.3
 Información recollida no blog:https://cartaxeometrica.blogspot.com/2019/10/como-mentir-coas-estatisticas-do-galego3.html
Este cartel foi difundido polo secretario xeral de política lingüística nas redes sociais. Nel preséntanse seis cifras, todas elas son enganosas. Nun principio cabería esperar que os valores foron obtidos do estudo sobre o galego do IGE (2018) e que as variacións correspóndese á comparación co anterior enquisa do IGE (2013). Xa explicamos que o que se presenta como incremento na lectura en galego (+3,95%)  non é tal, senón a cifra absoluta da porcentaxe dos que len máis en galego ca en castelán. Os incrementos no trato cos superiores e cos clientes, foron obtidos sumando as pocentaxes de "só en galego" con "máis en galego", porén  o +2,71% é a cifra de incremento de uso exclusivo do galego cos comerciantes. Se neste caso non se lle engadiu a de "máis en galego" foi porque esta porcentaxe era negativa. Velaí, que segundo conveña a Xunta escolle ben uns datos, ben outros, e así manipula todos os valores.
Pasemos a explicar as dúas últimas cifras que aínda non se analizaron.
Lemos no cartel publicitario da Xunta o seguinte anuncio: un 48% emprega o galego nas redes sociais. Consultamos a fonte



As cifras non coinciden. Que sucede? De onde sae ese 48%? Aquí conviña que o lector investigase nos datos e intentase pescudar como obter esa cifra dun 48% antes de seguir lendo. A resposta é para nota.
      ..................................................................................................................................................
      ..................................................................................................................................................
A cifra obterémola cando sumemos as as porcentaxes correspondentes ao ítems "en galego sempre", "máis galego ca castelán" e... "máis castelán ca galego"!: 8,25 +18,03+21,65=47,93, que, redondeando, nos dá ese misterioso 48% . As mesmas razóns servirían para sumar un 92% ("en castelán sempre"+"máis castelán ca galego"+"máis galego ca castelán") de internautas que e empregan o castelán nas redes sociais. Nin este valor, nin o ofrecido pola Xunta son realmente informativos. Se o propósito fose o de facer unha análise seria e rigurosa para adoptar as medidas acaídas ao que reflicten os datos sociolingüísticos non se manipularían os datos.

Consideremos agora a cifra de +4,48%. O cartel foi publicado xusto despois de facérense públicos os datos do IGE sobre o uso do galego no 2018. Todo o mundo entende, polo contexto, que respecto do anterior estudo, do 2013, houbo un aumento dun 4,48% do uso do galego na internet. No seguinte gráfico temos todos os datos desta epígrafe.




Un exercicio moi ilustrativo consistiría en obter, a partir dos datos aquí expostos, o valor destacado pola Xunta: +4,48%. Aposto a que prácticamente ninguén é capaz de obtelo. Con todo, conviña pararse un momento a intentalo antes de continuar lendo. Outra vez a pescuda é para obter unha nota alta, pois a deturpación é ben retorta.
     ......................................................................................................................................................

Vou dar a solución: ー4,48= 69,47-73,95. Efectivamente, houbo un decrecemento dun 4,48% na navegación exclusivamente en castelán no período 2013-2018. A manipulación non é pequena, a Xunta toma, sen xustificación algunha, este decrecemento do castelán como un crecemento do uso do galego. Que manda truco! Basta mirar á esquerda do diagrama de barras para ver que a porcentaxe dos que navegan sempre en galego é ridícula e que, neste caso, se houbo aumento, nin sería prudente indicalo pois prácticamente queda subsumido no erro que se lle permite cometer aos datos do IGE.
É imposible que alguén con algo de vergonza se atreva a divulgar que houbo un incremento dun 4,48% no uso do galego en internet, sabendo que a cifra dos que navegan nesta lingua é dun 1,29%.

Como mentir coas estatísticas do galego.2

Se Queremos saber a manipulación non terá as mans tan cheas!

Como mentir coas estatísticas do galego.2 
 Información recollida no blog: https://cartaxeometrica.blogspot.com/2019/10/como-mentir-coas-estatisticas-do-galego2.html

Seguimos co estudo da manipulación que fai a Xunta dos datos obtidos polo Institituto Galego de Estatística (IGE) sobre o estado da lingua galega e seguimos tamén co mesmo cartel.

Ámbito laboral
Nesta ocasión botarémoslle un ollo aos datos marcados e que fan referencia a dúas grandes áreas do estudo do IGE, as correspondentes ao ámbito social e laboral. Con respecto ao segundo grupo recóllense dous datos neste cartel, un incremento de +3,11% na lingua empregada cos superiores e outro +2,29% na utilizada cos clientes. O que non se di é que estas cifras obtivéronse de sumar os ítems "en galego sempre" con "máis en galego ca castelán" polo que no anunciado incremento de uso do galego, vai incluída unha parte que podemos atribuir á outra lingua. En todo caso, para obter estes resultados houbo que facer sumas de porcentaxes moi pequenas. Sacar conclusións triunfalistas disto é polo menos aventurado. Veremos a razón.
Para facer unha enquisa cómpre escoller unha mostra. Os datos obtidos son os resultados da mostra, non os da poboación. Así e todo, se somos prudentes, podemos tirar determinadas conclusións sobre esta última. Esa prudencia consiste en ter sempre presente que os valores que ofrecemos non son exactos; poden estar sometidos determinados erros. A ventaxa, neste caso, é que o estudo do IGE pode abarcar unha mostra enorme, duns 23.000 individuos, polo que o erro para datos de toda a poboación galega nunca debería superar, con bastante seguridade, 土 0,65%. Velaí que o máis prudente sería consignar que nos últimos cinco anos houbo un estancamento na situación, sobre todo se acompañamos dunha visión máis ampla.
No ámbito laboral o IGE ofrece tamén resultados sobre a lingua usada cos compañeiros e cos empregados. En todos os casos vemos un panorama con porcentaxes moi semellantes para 2013 e 2018. Que sentido ten buscar cifras irreais e descontextualizadas?




 Ámbito social
Quédanos aínda un valor por comentar, ese +2,71% na epígrafe "con comerciantes". Aquí si, a cifra é correcta e fai referencia á evolución do ítem"en galego sempre". Nesta ocasión non se lle sumou a correspondente diferenza ao ítem "máis en galego ca castelán", posiblemente porque aquí houbo unha pequena redución de -0,38%. Polo tanto, se tivesen a honestidade de colocar sempre a mesma cifra, no canto dun +2,71 deberían ter posto +2,33. Unha forma ben miserable de manchar as mans. Total, por unhas décimas. A prepotencia é o que ten.
Outra vez non se dan as outras cifras do ámbito social: na relación cos amigos, o médico, a banca ou a Administración os resultados do 2018 prácticamente repiten os do 2013. Tamén se oculta a variación máis grande de todo o ámbito social e que se dá na lingua con que se fala cos profesores dos fillos. Neste caso os que só usan o castelán aumentan nun +4,02%. Ben curioso a Xunta oculte  o maior de todos os incrementos.
Ficou claro. A Xunta mente. Ademais no tema da lingua faino decote. Ten que ofrecer unha visión triunfalista e deturpada da situación da lingua para xustificar unha atroz política lingüística.
Se somos serios e honrados non creo que de todos estes datos se poida extraer outra conclusión de que o declive do galego freouse nestes dous ámbitos durante estes últimos cinco anos. Isto lévanos a enxergar que hai unha masa social resistente que está disposta a apostas pola nosa lingua. Xa que logo, debemos aproveitala. Outra lección que sacamos destes datos é o fracaso de todos eses agoreiros da morte inmediata do galego.
Agora ben, o retrato xeral non é bo. Nos ámbitos social e laboral houbo dun decrecemento de uso do galego de entre un 11% e un 13% no transcurso dos últimos 15 anos. Se abrimos o foco, o panorama neste intervalo é como o do seguinte gráfico, co galego (liñas azuis) en descenso e o castelán (liñas vermellas) superando ás azuis.



FONTE: https://cartaxeometrica.blogspot.com/2019/10/como-mentir-coas-estatisticas-do-galego2.html

Como mentir coas estatísticas do galego. 1

Se Queremos saber a manipulación non terá as mans tan cheas!

Manipular, do latín manipulare, "todo o que se pode operar coas mans" . Formado  a partir do manipulus "mans cheas"
Os sentidos figurados están ben acaídos para o tema que nos ocupa: " Tratar [un asunto] da maneira que máis convén aos propios intereses, sen ter en conta os dereitos dos demais"
 " Realizar diversas  operacións ou manobras de forma oculta para alterar ou falsear [unha cousa]". Fonte: https://portaldaspalabras.gal/dicionario/procura/manipular

 Como mentir coas estatísticas do galego. 1

 Nunha serie de entradas vannos mostrar a adulteración que, desde o goberno galego, se fai dos datos obtidos polo IGE na enquisa quinquenal de coñecemento e uso do galego

Nesta ocasión comenzaremos coa última cifra deste cartel, divulgado desde as altas instancias da Secretaría Xeral de Política Lingüística. aos poucos días de publicarse os datos do IGE. Parece que se fai referencia a que houbo un aumento, +3,95%, da lectura en galego. Polo contexto enténdese que as cifras indican incrementos dos resultados da enquisa do IGE do 2018 respecto da anterior, do 2013. Se facemos a comparativa entre os datos destas dúas enquisas sobre a lingua dos libros que lemos os galegos, vemos que non houbo cambios. O máis prudente sería afirmar que neste aspecto a situación segue igual. Entón, de onde sae esa cifra de +3,95%? Non se trata de ningún incremento, fai referencia á porcentaxe de persoas que len máis en galego que en castelán (datos 2018). A gráfica explica moi ben tanto a mentira do cartel como a febleza do mundo editorial en galego, moi condicionado por unha lei zombie, que frustra o seu potencial.
 En todo caso o mellor é ir á fonte limpa e consultar os datos da porcentaxe de persoas segundo a lingua que usan para ler libros:

07 outubro 2019

Coñecemento e uso do galego 2

Coñecemento e uso do galego 2 
Segundo os resultados da enquisa do IGE sobre coñecemento e uso do idioma galego nos fogares https://www.ige.eu/estatico/html/gl/OperacionsEstruturais/Resumo_resultados_EEF_Galego.html#uso-habitual-e-inicial-do-galego:
 

Uso do galego no ámbito familiar

 O 44,34% da poboación de Galicia que ten fillos ou fillas fálalles en galego sempre, o 31,20% sempre en castelán, o 13,85% máis castelán que galego e o 9,50% máis galego que castelán. No tocante aos fillos e ás fillas, cabe destacar que arredor do 39% fala sempre en galego cos seus proxenitores e arredor do 37% sempre en castelán.

 Persoas segundo a lingua na que falan no ámbito familiar. Galicia. Ano 2018

Unidade: porcentaxe (%)
Ámbito familiar
En galego sempre
Máis galego ca castelán
Máis castelán ca galego
En castelán sempre
Outras situacións
Nai
39,36
6,68
14,59
37,19
2,17
Pai
37,99
7,70
14,46
37,57
2,28
Avós
38,30
9,70
14,66
34,94
2,40
Fillos
44,34
9,50
13,85
31,20
1,10
Irmáns
45,54
7,87
11,05
33,71
1,82
Parella
44,53
8,24
11,96
34,18
1,10

Uso do galego no ámbito social

Dentro do ámbito social, o uso exclusivo do galego está máis estendido nas relacións entre amigos. O 34,12% da poboación de Galicia habitualmente fala sempre en galego cos amigos e coas amigas. Porén, o 39,40% comunícase co profesorado dos seus fillos e fillas exclusivamente en castelán e o 34,07% sempre utiliza este idioma cos especialistas sanitarios.


Persoas segundo a lingua na que falan no ámbito social. Galicia. Ano 2018
Unidade: porcentaxe (%)
Ámbito social
En galego sempre
Máis galego ca castelán
Máis castelán ca galego
En castelán sempre
Amigos
34,12
17,96
20,60
27,32
Comerciantes
30,27
19,14
21,34
29,25
Médicos
27,88
18,22
19,82
34,07
Profesores dos seus fillos
23,48
15,81
21,31
39,40
Persoal da administración
29,30
20,37
19,76
30,57
Persoal da banca
28,74
17,92
19,32
34,02

Uso do galego no ámbito laboral

No referente ao ámbito laboral, o 29,57% das persoas ocupadas de Galicia fala sempre en galego cos compañeiros e coas compañeiras de traballo e o 18,61% utiliza máis galego que castelán. A porcentaxe das persoas que falan sempre en galego ou máis galego que castelán cos seus superiores sitúase no 42,79%.


Persoas segundo a lingua na que falan no ámbito laboral. Galicia. Ano 2018
Unidade: porcentaxe (%)
Ámbito laboral
En galego sempre
Máis galego ca castelán
Máis castelán ca galego
En castelán sempre
Compañeiros de traballo
29,57
18,61
23,90
27,92
Persoal ao seu cargo
24,54
18,90
24,78
31,78
Superiores
25,08
17,71
21,86
35,35
Clientes
21,76
25,92
28,70
23,63

Uso do galego no ámbito educativo

No ámbito educativo a utilización de ambos idiomas, galego e castelán, é bastante parella: o 59,57% das persoas que estudan en Galicia recibe a mesma proporción de clases en galego que en castelán. Agora ben, se diferenciamos pola idade da persoa e, por conseguinte, por nivel educativo, esta porcentaxe cambia: sobe ata o 72,72% para a poboación de 5 a 16 anos, pero baixa ata o 36,03% entre a poboación de 17 ou máis anos. Este colectivo recibe o 46,48% das clases en castelán ou maioritariamente neste idioma.

Persoas que estudan en Galicia segundo a lingua na que reciben as clases por idade. Ano 2018
Unidade: porcentaxe (%)
Lingua Total De 5 a 16 anos De 17 ou máis anos
Total 100,00 100,00 100,00
Todas en galego 1,28 1,03 1,71
Maioritariamente en galego 11,51 9,13 15,78
Igual en galego ca castelán 59,57 72,72 36,03
Maioritariamente en castelán 24,96 15,68 41,58
Todas en castelán 2,68 1,44 4,90



Coñecemento e uso do galego 1

Coñecemento e uso do galego segundo o IGE


O Instituto Galego de Estatística (IGE) presentou o r27 do 09 de 2019  os datos sobre coñecemento e uso do galego, extraídos da Enquisa estrutural a fogares de 2018. No ano 2018 un dos módulos específicos está dedicado ao coñecemento e uso da lingua galega. Neste módulo analízanse, entre outras cousas, o grao de coñecemento do idioma galego nas súas distintas formas (oral e escrito) e o seu uso en distintos ámbitos sociais. Imos expor o resumo extraído da súa páxina: https://www.ige.eu/estatico/html/gl/OperacionsEstruturais/Resumo_resultados_EEF_Galego.html#uso-habitual-e-inicial-do-galego 
Segundo as conclusións recollidas polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia) do Consello da Cultura Galega (CCG): http://consellodacultura.gal/cdsg/paxinaarq.php?id=6122 , en termos xerais, non se perciben nestes últimos cinco anos grandes mudanzas, con respecto á Enquisa de 2013:
O 30,57% da poboación de Galicia afirma falar sempre en galego (0,63 puntos menos ca en 2013), un 21,72% afirma falar máis galego que castelán (1,43 puntos máis ca en 2013), un 23,32% afirma falar máis castelán que galego (1,06 puntos máis ca en 2013) e un 24, 40% afirma falar sempre en castelán (1,85 puntos menos ca en 2013). Mantéñense tamén as grandes desigualdades de usos segundo a idade da poboación, resultando especialmente preocupante na franxa de entre 5 e 14 anos, onde só o 26,12%da poboación fala “só galego” ou “máis galego que castelán”. 
Imos expor ( en sucesivas entradas) unha recompilación de datos desas estatísticas do IGE segundo coñecemento e uso do noso idioma:

Coñecemento do galego 1

No ano 2018 o 57,59% dos galegos e das galegas de 5 ou máis anos manifesta que sabe falar o galego moito, o 30,46% bastante e o 11,95% pouco ou nada. Entre a poboación menor de 15 anos, a porcentaxe de persoas que saben falar pouco ou nada o galego sitúase no 23,90%, mentres que entre a poboación de 65 ou máis anos sitúase no 8,84%.
A familia segue a ser a principal vía de aprendizaxe do idioma galego. O 83,36% dos galegos e das galegas aprendeu a falar o galego neste ámbito, pero ao cinxirse á poboación menor de 30 anos a escola supera á familia como medio de aprendizaxe: o 93,73% das persoas neste grupo de idade aprendeu o galego na escola e o 69,99% coa familia.

Persoas que saben falar galego por idade. Galicia. Ano 2018
Unidade: porcentaxe (%)
Idade
Total
Moito
Bastante
Pouco ou nada
Total
100
57,59
30,46
11,95
De 5 a 14 anos
100
38,03
38,07
23,90
De 15 a 29 anos
100
63,01
27,15
9,84
De 30 a 49 anos
100
61,06
26,73
12,21
De 50 a 64 anos
100
56,22
32,09
11,69
De 65 ou máis anos
100
58,54
32,62
8,84


Uso habitual e inicial do galego

En 2018 o 30,57% da poboación de Galicia fala sempre en galego. Esta porcentaxe é inferior á rexistrada hai 5 anos en 0,63 puntos.

Por outra banda, a porcentaxe de poboación que fala máis galego que castelán aumentou 1,43 puntos respecto ao ano 2013 ata situarse no 21,72%; tamén aumentou a porcentaxe dos que falan máis castelán que galego: 22,26% en 2013 e 23,32% en 2018.

Finalmente, algo máis do 24% dos e das residentes en Galicia fala sempre en castelán, 1,85 puntos porcentuais menos que en 2013.

O uso do galego é desigual dependendo da idade da poboación. Deste xeito, o 48,48% das persoas de 65 ou máis anos fala habitualmente só en galego e un 24,91% utiliza máis o galego que o castelán. Pola contra, entre os rapaces e as rapazas de 5 a 14 anos, o 14,27% habitualmente sempre fala en galego, o 11,85% máis en galego que en castelán e o 73,88% restante utiliza sempre o castelán ou máis castelán que galego.

Persoas segundo a lingua na que falan habitualmente por idade. Galicia. Ano 2018
Unidade: porcentaxe (%)
Idade
En galego sempre
Máis galego ca castelán
Máis castelán ca galego
En castelán sempre
Total
30,57
21,72
23,32
24,40
De 5 a 14 anos
14,27
11,85
29,75
44,13
De 15 a 29 anos
18,94
18,45
30,75
31,86
De 30 a 49 anos
23,66
20,64
28,25
27,45
De 50 a 64 anos
32,78
25,35
21,51
20,36
De 65 ou máis anos
48,48
24,91
12,96
13,65
No tocante á lingua habitual de escritura, o castelán segue a ser a lingua máis utilizada polas persoas que viven en Galicia. A porcentaxe de poboación que habitualmente escribe en galego é do 16,64%.
Ao comparar os datos segundo a lingua na que falan habitualmente, obsérvase que entre as persoas que sempre falan en galego, o 36,19% escribe habitualmente na mesma lingua e o 63,81% faino en castelán. 
 
Persoas segundo a lingua na que escriben habitualmente por lingua na que falan habitualmente. Galicia. Ano 2018
Unidade: porcentaxe (%)

Lingua na que escriben
Lingua na que falan
Total
Galego
Castelán
Total
100
16,88
83,12
En galego sempre
100
36,19
63,81
Máis galego ca castelán
100
23,79
76,21
Máis castelán ca galego
100
3,02
96,98
En castelán sempre
100
0,73
99,27