Amosando publicacións coa etiqueta FEMINISMO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta FEMINISMO. Amosar todas as publicacións

03 marzo 2023

Fillas de Cassandra // ACRÓPOLE

Fillas de Cassandra

As viguesas María Pérez, artisticamente MaríaSoa (1996) e Sara Faro (2001) son Fillas de Cassandra, un proxecto musical que toma coma referencia o mito de Cassandra, muller á que se lle negou á voz, e lembran que elas son porque antes houbo quen loitou, quen deu vida.

 É así como nace Fillas de Cassandra, que agora presenta en directo o seu primeiro disco, "Acrópole", este sábado, 4 de marzo, a partir das 21.00h na Sala Capitol de Santiago de Compostela.

 A voz, as percusións, o piano e os sintetizadores son os fíos cos que o dúo tece as súas composicións, que beben tanto da música e das coplas tradicionais coma da música clásica o do pop, e que agroman dun xeito natural acompañadas dunhas contundentes bases electrónicas.

 

 

 

"Acrópole" é un álbum conceptual no que Fillas de Cassandra viaxa polos textos clásicos para poñer en relación ás personaxes da mitoloxía grega co mundo actual, ao que devolven unha ollada feminista e contemporánea a través da música.  

O traballo, producido por Berto e publicado da man de Tremendo Audiovisual https://tremendoaudiovisual.com/berto , fía a súa narración a través de oito relatos actuais que asocian ás figuras de Antígona, Cassandra, Dafne, Eco, Pandora, Syrinx ou mesmo Lisístrata. No seu directo, no que o dúo contará coas colaboracións especiais de Berto, Mondra e algunha outra sorpresa, Fillas de Cassandra trasladará o relato do álbum ao escenarios. O concerto terá unha fonda carga teatral, no que presentarán unha proposta moi narrativa, ao igual que o seu disco. "Queremos que a Capitol se transforme nunha acrópole", afirma o dúo. 

Máis Info:

 https://tremendoaudiovisual.com/berto

http://culturagalega.gal/noticia.php?id=34830 

https://www.luneda.gal/tremendo/fillas-de-cassandra/

 

  A TODES ES MOZES QUE QUEREDES SABER-FACER,  PARA CONSTRUÍRMOS UN MUNDO MELLOR, SÓ POSÍBEL CUNHA EDUCACIÓN NO FEMINISMO.

DENDE O PENSAMENTO E CORAZÓN. IES J. PRIETO NESPEREIRA.

Fillas de Cassandra // V. AS MOIRAS

 Fillas de Cassandra María SOA (voz, percursión e piano) e Sara Faro (voz e percusión) // V. AS MOIRAS (ft Nadie González, Xiana Teixeiro).


 Letra: 

Sácate, sácate, sácate sácate bru-bru-bruxa (x4) 

Luz do candil, fío nas mans sombras de orballo tecen no serán. Donas da morte e do espertar danzan coa existencia de aquí para alá. Non teñen nome, nin ida(de) cargan co peso dunha eternida(de) se ollas ao ceo na escurida(de) xunto ás estrelas veralas brillar. 

E se na noite ti queres bailar xa están as moiras co seu aquelarre a túa vida van desenfiar acompañadas do seu cantar. Acompañadas do seu, acompañadas do seu: Sácate, sácate, sácate, sácate bru-bru-bruxa.  

Arríncoche o fío cos dentes ou déixocho aquí ben atado temos na man tres claveles e todos están afiados. 

Arríncoche o fío coas unllas e acabo coa sorte do parvo piden revancha as amigas e o meu cora non é tan brando. 

Medimos coas mans cada paso que dás nesta terra, coidado, na herba que abonen teus ósos hei parir flores do campo. 

Diante de nós pasan todos imos curadas de espanto deuses, heroes, bandidos choran igual mesmo pranto. 

Non teñen nome, nin ida(de) cargan co peso dunha eternida(de) se ollas ao ceo na escurida(de) xunto ás estrelas veralas brillar. 

Non temos nome, nin ida(de) cargamos o peso da eternida(de) se ollas ao ceo na escurida(de) xunto ás estrelas verasnos brillar. 

E se na noite ti queres bailar xa están as moiras co seu aquelarre a túa vida van desenfiar acompañadas do seu cantar. Acompañadas do seu cantar, acompa-, acompa-. 

Sácate, sácate, sácate, sácate bru-bru-bruxa. 


 

30 outubro 2022

Fillas de Cassandra // II. LISÍSTRATA (varre vasoira)

 Fillas de Cassandra // II. LISÍSTRATA (varre vasoira) 

 Mulleres de todas as polis do mundo. Nós, da voz de Lisístrata ciframos en vós a nosa esperanza. Porque hoxe, coma sempre, se nos paramos, o mundo para. Se o mundo para, a guerra remata.


 
Letra: 

Somos distintas das que comezaron/ na nosa pel gardamos o o legado/ alén das bombas soubemos pararnos:/ nin sexo, nin carne, nin putos coidados.

Non asumimos o voso pecado/ facedes a guerra cos ollos pechados/ non recoñecedes nin o propio bando/ A ACRÓPOLE CANTA:

Varre vasoira, vasoira miña,/ fai moito tempo que non várre-la cociña./ 

Varre vasoira, vasoira miña,/ fai moito tempo que non varres a cociña./ Varre vasoira, vasoira miña,/ fai moito tempo que non varres a cociña./ Varre vasoira, vasoira miña,/ fai moito tempo que non varres a cociña.

Nós que coñecemos o cariz da trampa/ sempre deseñada para a vosa lei.

Deixade de impoñernos tódolos vosos coidados/ esta casa en que habitamos non é o hábitat dun rei

e é que unha e outra e outra vez/ escoitando a vosa merda sen saber por que./ Somos as fillas de tódalas que se plantaron e dixeron:

QUE QUE QUE!

Varre vasoira, vasoira miña,/ fai moito tempo que non varres a cociña (x4)

Varre, varre, varre vasoiriña/ Varre, varre, vasoiriña miña/ 

A guerra, a guerra, a guerra imos parar/ A guerra, a guerra, a guerra imos parar.

Xa non calaremos máis/ Non, non, non, non!/ Xa non calaremos máis/ Non, non, non, non! Xa non calaremos máis

Non, non, non, non, non, non, non!/ Varre vasoira, vasoira miña,/ fai moito tempo que non varres a cociña (x2)

Varre, varre, varre vasoiriña/ Varre, varre, vasoiriña miña/ A guerra, a guerra, a guerra imos parar 

A guerra, a guerra, a guerra imos parar 

  FONTE: https://www.youtube.com/@fillasdecassandra

 

Fillas de Cassandra // I. ANTÍGONA

 Fillas de Cassandra // I. ANTÍGONA

 María Soa e Sara Faro, compoñentes de Fillas de Cassandra

Letra:

Toda a nosa historia está feita con sangue/  Toda a nosa historia está feita con sangue/   Toda, está feita con sangue/   Nin se quera cando nos teñen diante poden vernos/    Nin se quera cando nos teñen diante poden vernos/     Porque nunca fomos ninghén /    Porque nunca fomos ninghén /   Veñen detrás, veñen detrás /    Hoxe as nomeamos pra outorgarlles a paz/  Veñen detrás, veñen detrás /    Hoxe as nomeamos pra outorgarlles a paz/ / Veñen detrás, veñen detrás/     Hoxe as nomeamos pra outorgarlles a paz.
 

Se queres saber máis, podes comezar por esta entrevista:

https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/fillas-cassandra-musica-galega-estase-tocando-fibra-que-estaba-adormecida-pola-epoca-ditatorial/20220905201726151668.html 

30 setembro 2022

Catuxa Salom - MULLERES PIRATAS

 Catuxa Salom - MULLERES PIRATAS

Fusión de ritmos tribais latinoamericanos e folclore galego baixo un envoltorio electrónico


PALABRAS DA AUTORA:  Mulleres Piratas é unha canción que fala das mulleres que huían da sociedade na que vivían buscando a liberadade nos mares. “mulleres que levan a loita na pel”. Confío en que as miñas cancións, a posta en escena, traballar con mulleres músicas, directoras de arte, diseñadoras de vestuario, maquilladoras… son actitudes que sin decir nada, falan por si solas. Creo que a loita está en traballar con mulleres e persoas non binarias.

LETRA:

Mira que veñen as nenas baixando do barco / Mira que levan as magoas por dentro da pel

Son as piratas que esconden as balas no taco / Son as mulleres que levan a loita na pel

Ieeiii somatei / Ieeii somatei

Eran mulleres cansas de ser o que deben / Levaban un peso no lombo que non querían mais

Cando coñecen a vida coñecen o verde/ Vaille dicir ti as mozas que deben voltar

Ieee somatei/ ieee somatei

Aínda cando paseo na ria de Arousa / Podo escoitar as mulleres cantando do mar

Son as piratas que esconden as balas no taco / Son as mulleres que levan a loita na pel

Mulleres piratas / Non queren voltar/ Mulleres piratas/ Non queren casar/ Ieee somatei.../ Mulleres piratas...

03 marzo 2021

XELA ARIAS: LETRAS 2021

 A Real Academia Galega dedicaralle a Xela Arias (Sarria, 1962 – Vigo, 2003) o Día das Letras Galegas de 2021. 

Imos curioseando:

Xela Arias, poeta, editora e tradutora

Xela Arias Castaño (Sarria, 1962-Vigo, 2003) publicou o seu primeiro libro de poemas, Denuncia do equilibro, en 1986, e a el seguírono o celebrado Tigres coma cabalos (1990), Darío a diario (1996) e Intempériome (2003). Mais a súa escrita non queda aí, pois mantéñense inéditos Lili sen pistolas e Maldito lindo; e a filóloga Chus Nogueira xuntou a súa obra no volume Xela Arias. Poesía reunida (1982-2004), en Xerais.

Alén de poeta, Xela Arias foi tradutora e verteu para o galego autores como Castelo Branco, Gianni Rodari, Roald Dahl e James Joyce, entre moitos outros. No eido da edición, a poeta formou parte de Edicións Xerais de Galicia, desde 1979 até 1996, e nos últimos anos da súa vida tamén exerceu a docencia en Lingua galega.

Agora chégalle a honra do Día das Letras, logo de ser xa proposta en 2014 e en 2015 e de ser homenaxeada en 2019 pola plataforma da crítica literaria A Sega. http://www.asega-critica.net/2019/09/xela-arias-e-o-dia-das-galegas-nas.html


Xa que estamos á voltiña do 8M, imos ver como cómpre moito "Día de" en feminino!!!

5 de 58

Xela Arias convértese na quinta muller homenaxeada no Día das Letras Galegas nos 58 anos desta celebración, despois de Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrera Garrido (1987), María Mariño (2007) e María Victoria Moreno (2018).

Recollemos as palabras :

Xela Arias. Declárome inconforme

Por Ana Romaní ( FONTE: https://nova.academia.gal/letras-galegas/2021/xela-arias/biografia)

Pois se me declaro inconforme co mundo, se me declaro contradictoria e filla das miñas contradicións (…) a poesía convérteseme nunha táboa de salvación no naufraxio das razóns estritas. Necesidade que xorde da urxencia por entende-lo humano contraposto, pero tamén, e quizais antes, do descontento coa orde establecida, calquera que sexa.

 Escribo en galego porque estou aquí e, desde logo, Galicia pertence, aínda, aos derrotados: 

Quere iso dicir que un pobo que se alonxa do seu idioma alónxase da súa cultura. Quere iso dicir que a un pobo ó que alonxan do seu idioma alónxano da súa cultura. Quere iso dicir que Galicia ten aínda hoxe os seus mitos, a súa tradición sen resolver porque ten aínda sen resolve-la aceptación do seu propio idioma.

 

Entre donas ás beiras do Lérez

 

#21diascogalegoemais #aculturasegue #21dcgemais O IES Sánchez Cantón de Pontevedra está a traballar sobre a valoración de mulleres pontevedresas de diferentes ámbitos e a súa relación coa lingua.  
 
 

 
 
 
Este vídeo foi realizado na edición de 2021 por alumnado deste centro educativo dentro do programa 21 Días co Galego e + da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

25 novembro 2019

Sés: "Non son fada"





Que as nenas canten Non son fada para min é o orgullo máis grande. 
Recuperamos parte da entrevista de Praza do venres 29, decembro 2017, feita por Montse Dopico:
 Pensar que puiden axudar dalgunha maneira a que unha nena se plantee temas como a igualdade, ou a xustiza en xeral: de xénero, de raza, de idioma, do que sexa, é o máis que podo pedir. Que abran as súas mentes a todo iso dáme, ademais, esperanza en que sexan adultas que cuestionen, que critiquen, que loiten polos seus dereitos. Ese é o pago máis valioso que podo ter polo meu traballo.
Pertence ao Álabun Readmirando a condición, do seu primeiro traballo, ‘Admirando a condición’, e da nova versión completa, con novos arranxos e con todas as cancións gravadas de novo. (...) Pasaron seis anos eCon Sés segue admirando a condición e protestando ante a mentira ou a inxustiza. -





Non son fada nin princesa
Se teórica é a causa,
práctica é a consecuencia.
Non quero asumir ausencias
nin chorar para partir.
Comer e deixar que comas,
vivir e deixar que vivas,
loitar se a loita é precisa
e rir se é preciso rir.

Non son fada nin princesa a quen mirar.

Non sei cobrar cando estimo
nin dou se non quero dar,
quero falar e falar
sen dar nada por ouvido.
Camiñar cos pés no chan
negar deuses asasinos,
non crer sen ver, dubidar,
confiar só nos sentidos.

Fanme rir porcos de pé,
contemplo olvido e memoria.
Só forxa patrias a historia,
fabríqueas quen quixer.
Cuspo enriba do papel
que mutile a identidade,
viro as costas ás vaidades,
deséxolle a morte aos reis.

Sés: "É igual que hai cen anos. Calquera muller que non sexa submisa, molesta"

 


20 novembro 2019

QUEREMOS SABER... PARA EDUCARNOS NA IGUALDADE

QUEREMOS SABER... PARA EDUCARNOS 
NA IGUALDADE

 Glosario de termos
Feminismos: movemento teórico, social e político que busca, desde diferentes formas, rachar coas desigualdades e inxustizas relacionadas co sistema sexo-xénero. Noutras palabras, busca a igualdade entre as persoas, o que supón unha toma de conciencia colectiva e a súa mobilización para transformar a sociedade.

Sexo: Habitualmente fai alusión á herdanza xenética que forman as persoas con certas anatomías e aspectos, unha vez máis dividíndonos en dúas opcións, home e muller. Na actualidade, esta perspectiva sobre o sexo está sendo rebatida, xa que non é posible afirmar que o sexo exista separado da cultura. Ademais, hai constancias de que hai diferentes culturas na que non existen só dous sexos.

Xénero: Termo utilizado para delimitar o que entendemos por masculino e feminino. É a construción cultural que fai unha sociedade nun momento histórico e cultural determinado a partir das diferenzas coñecidas como sexo, que no noso caso se dividen en dous.

Identidade de xénero: Fai referencia á identificación co sexo asignado no nacemento e que confronta co que se espera socialmente, tipicamente dentro de dúas opcións: muller e home. Se a persoa non se identifica co sexo asignado, será “trans” e se se identifica co sexo asignado, esta persoa será “cis”.

Transexual: É un termo de orixe médica que diagnosticaba un comportamento de xénero atípico. Hoxe úsase para referirse ás persoas que se desmarcan do xénero que se lles asignou ao nacer. Son persoas que cruzan as fronteiras que son construídas pola súa cultura para definir os patróns que son propios para os homes ou para mulleres. Como identidade, engloba unha heteroxeneidade de experiencias de persoas transexuais, transxéneros, e outros termos que sinalan a transgresión das normas de xénero binarias.

Estereotipos de xénero: Son aqueles que crean expectativas sociais, actitudes, roles que atribuímos a un grupo determinado, neste caso, ao colectivo de homes e de mulleres.

Roles de xénero: Sons construcións culturais da nosa sociedade que esperan das persoas certos comportamentos. Asignan aos homes a masculinidade e as mulleres a feminidade, para o caso das sociedades occidentais. Non todas as culturas perciben os mesmos roles de xénero, nin son necesariamente fixos, nin están ligados á lóxica binaria (muller/home).

Heterosexismo: Consiste en asumir a heterosexualidade como a orientación social maioritaria e normalizada. É o motor da transfobia e da homofobia desde as que se considera que o castigo á transgresión dos roles de xénero tradicionais forma parte inherente da aprendizaxe social.
 
FONTE: Contra a violencia machista, UNIDADE DIDÁCTICA para traballar nas aulas de SECUNDARIA o 25N. (ASPG E CIG-ENSINO)

POESÍA CONTRA A VIOLENCIA

POESÍA CONTRA A VIOLENCIA
 

NADA foi suficiente
roubaches o que ninguén che deu
para logo matarme
e non foi suficiente

usaches o meu corpo
e despois liberaches este río de sangue
para afogarme nel
para matarme
e non foi suficiente
porque entón golpeaches
con saña
reincidente
este rostro desfeito
para que ninguén vise o terror
cristalizado
nas pálpebras abertas
e non foi suficiente
que a boca e os ollos xa non puideran dar
noticia do meu nome
non era suficiente
e non foi suficiente
borrar a vontade
a vida
borrar a identidade
que fora testemuña
non era suficiente e
un a un
un
a
un
cortaches cada dedo
cada uña cortaches
as uñas que gardaban as probas do teu crime

e non foi suficiente
e non foi suficiente
e non foi suficiente
porque prendiches lume ao que de min quedaba
ao que de min quedaba
para que non quedara
nada
nada do que eu fora
teimaches en borrarme
anularme
desaparecerme

e non foi suficiente
e non foi suficiente


                      Marta Dacosta, De Acuática alma, 2011, Edicións Espiral Maior.

CURTAS CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

10 salas e cineclubs galegos únense nunha proxección conxunta de curtas contra a violencia machista:

Unha proxección conxunta das curtametraxes '16 de decembro' (Álvaro Gago) e 'Suc de síndria' (Irene Moray) acompañará os actos do 25-N Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller en Galicia. As dúas pezas, que tratan distintos aspectos desta problemática, poderán verse nas pantallas dos cineclubs Lumiere (Vigo), Cangas, Carballiño, Valle Inclán (Lugo), Padre Feijoo (Ourense), Os Papeiros (Chantada) e La Lanterna (Viana do Bolo), e tamén nos cines Numax (Santiago), Dúplex (Ferrol) e Minicines Central (A Estrada).

O proxecto, financiado pola Federación de Cineclubs de Galicia (FECIGA) para os seus asociados, é unha iniciativa de Elena García Román, vicepresidenta da Federación de Cineclubs e delegada da Asociación de Mulleres Cineastas e Medios Audiovisuais (CIMA). "A idea naceu despois de ver ‘16 de decembro’ no Festival de Locarno.
As proxeccións comezaron xa o pasado venres 15 no Cineclube Carballiño (Auditorio Manuel María) e continúan este xoves no Clube cultural Valle Inclán de Lugo (ás 20.00 horas no Auditorio Vello Carcere). O domingo 24 realizarase no Cineclube A Lanterna de Viana do Bolo (ás 20 horas na Casa da Cultura). E xa o luns 25 nos restantes cineclubs (con entrada de balde) e nas tres salas privadas que participan na iniciativa.

As curtas

  • ‘16 de decembro’ (14 minutos) é unha curtametraxe do director vigués Álvaro Gago, estreada este ano no prestixioso festival suízo de Locarno, cun percorrido posterior que inclúe a SEMINCI de Valladolid, o AFI Fest de Os Ánxeles ou o Gouna Film Festival de Exipto. A peza recibiu xa 11 premios en distintos certames, entre eles o Festival Internacional de Cine Curtocircuíto de Compostela. Na curta, Lucía, de vinte e cinco anos, sae de adestrar a balonmán e vai buscar ao seu irmán en moto baixo as luces dunha cidade que cre coñecer.
  • ‘Suc de Síndria’ (22 minutos) está nomeada aos EFA (European Film Awards) e estreouse na 69 edición da Berlinale onde comezou unha xira chea de éxitos que a levou a exhibirse en festivais tan importantes coma Toronto, Chicago, Londres (BFI), Melbourne ou BAFICI (Bos Aires). Na curta, Bárbara e Pol vanse uns días de vacacións. Co apoio de Pol, no medio da natureza, entre bágoas e risas, Bárbara aprende a soltarse, sandar vellas feridas e redefinir a súa sexualidade.
  • FONTE: https://praza.gal/cultura/10-salas-e-cineclubs-galegos-unense-nunha-proxeccion-conxunta-de-curtas-contra-a-violencia-machista

25 N: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

 25 N: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

As violencias de xénero son unha das formas de expresión das opresións derivadas das relacións do sistema sexo-xénero. Historicamente, elas estableceran relacións de poder desiguais entre mulleres e homes na nosa sociedade, levando as mulleres a unha situación de subordinación respecto ao xénero masculino. Polo tanto, é unha problemática na que todas as persoas estamos implicadas.
As violencias e desigualdades de sexo-xénero exprésanse de diferentes maneiras nos máis diversos espazos, porque elas aséntanse en pautas culturais, nos costumes e nas tradicións que aprendemos desde que nacemos. O ámbito educativo non está exento desas violencias. Alí tamén atopamos uns espazos que son ocupados de maneira desigual, os xogos reproducen estereotipos, así como a linguaxe e determinadas condutas sexistas. Tamén nos atopamos con actos ou ameazas de violencia sexual, física ou psicolóxica que poden ser explícitas ou non, e ir máis aló das paredes do centro educativo. Pero os centros educativos tamén poden ser un espazo estratéxico para traballar na prevención das violencias.
É preciso camiñar neste sentido para que consigamos construír sociedades máis xustas.
 
FONTE: Contra a violencia machista, UNIDADE DIDÁCTICA para traballar nas aulas de SECUNDARIA o 25N. (ASPG E CIG-ENSINO): https://www.cig-ensino.gal/files/Documentos/25N/2019UD25NSecundaria.pdf



 

03 novembro 2019

Tanxugueiras: "Contrapunto"

'Contrapunto' de Tanxugueiras, un canto que reflexiona sobre a situación da muller na nosa sociedade e sobre o seu empoderamento a través de letras tradicionais que se cantan dende antigo na xeografía galega.
 O 5 de Decembro no Auditorio Ilduara de Celanova


Desposorio é o single que veñen de presentar as Tanxugueiras, un adianto do seu novo traballo Contrapunto, que verá a luz o vindeiro 22 de novembro. Seguindo o ronsel do seu primeiro traballo, as intérpretes continúan coa reinterpretación e actualización da música de tradición oral.
Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío presentan Desposorio cun videoclip dirixido por Trece Amarillo. O tema colle as letras tradicionais para reinterpretalas desde o presente, no que desde o grupo definen como un “canto á liberdade da muller” e ao seu empoderamento, remarcando as presións sociais ás que aínda hoxe se ve sometida na toma de decisións. “A palabra téñoa dada / e non sei se a cumprirei”, afirma o tema.
O segundo álbum, Contrapunto, continúa na liña de desafío aos confíns da música tradicional coa pretensión de a colocar nun escenario actual no que poida competir con ritmos pop e indie. As voces e a percusión son as protagonistas e no que se reitera o seu apego pola música de baile e da tradición das pandeireteiras. Esta aposta valeulles o premio a mellor álbum galego 2018 nos Premios MIN da Música Independente e o Martín Códez da Música Tradicional polo seu debut.



02 outubro 2019

II ROMARÍA FEMINISTA DE BARBADÁS

II ROMARÍA FEMINISTA DE BARBADÁS
DÍA 5 DE OUTUBRO:


II ROMARÍA FEMINISTA EN BARBADÁS
O día 4 de outubro ábrese a Romaría Feminista coa apertura de postos de comida na rúa e a actuación de “Carolina Rubirosa Band” e Paula Do Campo.
O 5 de Outubro
10: 50h.: Apertura coas Pandereteiras “Euquechesei”
11:00h.: Mesa de apertura: “Movemento feminista nas políticas públicas”
12.30h.: Recital de Poesía de Irma Ruth del Ángel
13:00h.: Mesa Debate: “ A muller no deporte”
DESCANSO PARA COMER E INTER-RELACIONAR
17:00H.: Mesa debate: “Activismo Feminista nas redes”
19:00h.:Charanga “O Son da Líla”
21:00h.: Actuacións musicais: LEILÍA, BANDA DA LOBA E BAMBINA
O espazo no que se desenvolverá a festa feminista será na zona do pavillón da Valenzá e no parque dos Carrís, ao carón do río dos Muíños
OBXECTIVOS:
  • Achegar o feminismo a todas as mulleres, creando espazos nos que estean representadas por diferentes mulleres do eido político, económico, cultural e/ou social” é o principal obxectivo da segunda edición da Romaría Feminista de Barbadás, sinala Elisabet González Nistal, concelleira de Igualdade.
  • A romaría pretende nesta segunda edición tanto nas mesas de debate coma nas actividades e nas actuacións musicais “centrarse na sororidade coma ferramenta feminista”.
  • O lema “Xuntas camiñamos” é o eixo para facer fincapé no que a feminista mexicana Marcela Lagarde chama “pacto político entre mulleres”.
  • As mesas de debate abordarán as diferentes formas de violencia contra as mulleres, “tratando específicamente a violencia sexual e a cultura da violación, as políticas públicas nesta Cuarta Ola e tamén sobre o activismo feminista nas redes sociais”.
MÁIS INFORMACIÓN:
  • O día 4 de outubro será o prólogo da Romaría coa presenza na zona de fook trucks e a actuación a partir das 21,00 horas de Carolina Rubirosa Band e Paula Do Campo.
  • O día 5 de outubro o grupo de pandereteiras de Piñor “Euquechesei” protagonizarán a actuación de apertura da Romaría ás 10,50 horas da mañá.
  • A Continuación a primeira mesa de debate está prevista para as 11,00 horas baixo o título “Movemento feminista nas políticas públicas”. Nesta mesa intervirán Pilar Cancela, presidenta da Comisión de Seguemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, María del Consuelo Vispo, deputada e portavoz do PP en Barbadás, Zaida Rodríguez, Secretaria provincial de Igualdade do PSdeG, Cristina Cid, alcaldesa de Allariz e moderadora e Noa Presas.
  • Ao mediodía (12,30 horas) está previsto un recital de poesía protagonizado por Irma Ruth del Ángel, ddo Círculo Poético de Ourense.
  • Ás 13,00 horas comezará a segunda mesa de debate titulada a muller no deporte coa participación de Marta Bobo (primeira olímpica española e galega de ximnasia rítmica), Lorena Novas (árbitra de primeira división feminina de España), Carmen Cid “Witch” (atleta do Clube Box 001 Rumaniak), Mercé Barrientos (presidenta da Asociación de Mulleres Deportistas Galegas, MUDEGA) e Silvia Vieito (moderadora, de Xornalistas Galegas).
  • Pola tarde a partir das 17,00 horas está prevista a mesa centrada en torno ao “Activismo feminista nas redes” coa presenza de Towanda Rebels (iutubers feministas), Feminista Ilustrada (ilustradora e educadora visual feminista), Daniela Fernández (AMIZANDO, Asociación LGTBI Galega) e Laura Seara (moderadora e Ex_Secretaria de Estado de Igualdade. Avogada e consultora de xénero).
  • Ás 19,00 horas actuará a charanga “O son da Lila”.

29 setembro 2019

II ROMARÍA FEMINISTA DE BARBADÁS

II Romaría Feminista de Barbadás 

4 de outubro: a partir das 21,00 horas actuación de  Carolina Rubirosa Band e Paula Do Campo.

5 de outubro: 
Bases reguladoras para a colocación de postos temporais
AS MULLERES PODERÁN EXPOÑER A SÚA ACTIVIDADE ARTÍSTICA, ARTESANAL, COMERCIAL, INFORMATIVA OU DE OUTROS ÁMBITOS NA ROMARÍA FEMINISTA DE BARBADÁS.
O concello de Barbadás, a través da Concellería de Servizos Sociais, Igualdade, Participación Veciñal e Sanidade organiza a II Romaría Feminista de Barbadás, que ten por obxecto reflexionar sobre distintos aspectos relativos á igualdade de xénero, promocionar e visibilizar o papel da muller nas diferentes disciplinas artísticas, así como, poñer en valor todas as actividades realizadas por mulleres no eido creativo, artístico, comercial, asociativo, etc.
Poderán poñer un posto, todas as mulleres que desexen amosar a súa actividade, podendo ser esta, de carácter artístico, artesanal, comercial, informativo ou outro que se considere acaído en relación ao obxecto da Romaría, ate completar aforo.
Bases reguladoras postos Romaría Feminista 2019
ANEXO I -Solicitude de colocación de posto
Para calquera dúbida ao respecto contactar con:
Concellería de Servizos Sociais, Igualdade, Participación Veciñal e Sanidade
Centro de Información á Muller (CIM)
Barrio Fornos, 4- 32890 Barbadás
Tel. 988222251
email: igualdade@barbadas.gal

07 xuño 2019

“ENCANTADAS - MULHERES E SUAS LUTAS NA AMAZÔNIA"

Documentário “Encantadas”, mostra a resistência          das mulheres ativistas na Amazônia

" São feministas da cidade, do campo e da floresta falando de direitos e igualdade de gênero"              (Maria Cecília Costa)

 

 Así comeza este documental, coa voz de Manaus (AM) “A terra é meu corpo, a água é meu sangue. Os rios são os caminhos que percorremos”. 

 O documentário "Encantadas - Mulheres e suas lutas na Amazônia" retrata a resistência das mulheres defensoras de direitos humanos em diversos territórios da Amazônia. Indígenas, quilombolas, ribeirinhas, pescadoras, agricultoras, as mulheres amazônicas lutam pelo reconhecimento de suas terras, pela preservação das águas, pelo direito de viver bem, em harmonia com a natureza, e por respeito às suas culturas e seus modos de vida. Mobilizadas e mobilizadoras de suas comunidades, elas resistem à pressão dos megaprojetos e latifúndios sobre seus territórios, à destruição da floresta e à mercantilização da Amazônia, que geram consequências desastrosas para as suas vidas e as suas comunidades. Reagem e rejeitam o lugar de submissão que lhes é imposto e reafirmam autonomia sobre seus corpos e seus territórios, enfrentando ameaças e as mais variadas formas de violência.

Fonte: https://www.youtube.com/user/cfemea (17-01-2019). O CFÊMEA - Centro Feminista de Estudos e Assessoria é uma organização não-governamental, sem fins lucrativos, que trabalha pela cidadania das mulheres e pela igualdade de gênero, de forma autônoma e suprapartidária. Integra articulações e redes feministas internacionais, especialmente da América Latina, além de participar de diferentes iniciativas para o combate ao racismo.

Estão presentes no documentário Antônia Barroso ( membro do Fórum Permanente de Mulheres de Manaus (FPMM), do Movimento LGBT, da Rede Brasileira de Integração dos Povos (Rebrip) e do Coletivo Urihi, e foi a única a representar o Amazonas no documentário), Ivonilse de Jesus Santos (Quilombolas de Saracura/PA), Rosa Maria Pessoa (PA), Ellen Sateré-Mawé (Coletivo Suraras do Tapajós/PA), Merlane Mikure (AP), Lídia Roberta de Matos (PA), Cláudia Silvia Medeiros, Joaquina Lopes de Freitas, Graça Brazão (Quilombo de Campina Grande/AP), Igina Mota Sales (PA), Domingas Martins (Grupo de Mulheres Brasileiras/PA), Nilde Maria de Souza (Fórum de Mulheres Paraenses/PA), Juce Borari (Suraras do Tapajós/PA) e Ivanilde Oliveira.

Antônia Barroso:  “Quando eu falo de identidade, falo dessas mulheres que trazem, na sua ancestralidade, a luta pela floresta, pela preservação da vida. A proposta é de mostrar a resistência das mulheres, mas também de denunciar essas grandes mazelas que a gente sofre”,

O filme é assinado como uma obra coletiva, desde a  construção do argumento até a criação do roteiro. A carioca Taís Lobo foi a responsável pela direção e edição. Representando a equipe técnica e a Cfêmea estava no lançamento a diretora de produção e assessora técnica Milena Argenta, de Brasília.

Trilha sonora: "Separadas pelo rio" (Intérprete Maiza Black e composiçao Rosalva silva Gomes9, "Ciranda de amor e luta" ( Intérprete e composiçao Mestra martinha do Coco).                                   Amazônia querem-te acabar, as mulheres não vão deixar

Imagens aéreas cedidas por Eliza capai ("O Jabuti e a Anta") e Mulheres Negras Amazônidas ("Marcha das Mulheres Negras Amazônidas").

Fonte e mía información do proxecto: http://amazoniareal.com.br/documentario-encantadas-mostra-resistencia-das-mulheres-ativistas-na-amazonia/

  "Eu já nasci feminista, eu já vim assim. Só faltava saber por que eu era desse jeito"


22 maio 2019

Punkiereteiras

 Punkiereteiras

O que empezou sendo un obradoiro de pandeireta e canto tradicional que se levaba a cabo no CSA O Fresco ( Ponte Areias), converteuse nun arma de loita e reivindicación coa cal expresamos as inxustizas e as nosas raivas con toques de humor.
NON NOS VAN PARAR!!!!

Mulleres listas pa loitar,
mulleres ata reventar,
Estamos preparadas,
non aguantamos máis,
somos punkiereteiras
e ninguén nos vai parar!!



 CANTO FEMINISTA: 
O machismo non ten gracia, 
no traballo nin na casa, 
non o queremos de festa porque o machismo apesta. 
Muller ti si que es bonita, 
porque luitas porque berras, 
porque nunca estás calada, 
porque sempre das a cara.

Fonte:    https://www.youtube.com/channel/UCLTHCYKcMf6_nyYsx9cFKQw


02 abril 2019

Su Garrido Pombo - Camiñan descalzas polas rochas

Este tema de Su Garrido Pombo ponlle voz e música ao poema de Ana Romaní " Camiñan descalzas polas rochas" que daba título a un volume colectivo, publicado por Amnistía Internacional e Tris Tram //onde participaban once escritoras e dez ilustradoras. . Nel,  as mulleres teñen un papel activo como axentes do cambio e defensoras dos dereitos no mundo da discriminación universal.


Para saber máis da autora: http://sugarridopombo.com/bio



Texto do poema do vídeo: "Belas irmás, subide
ás mais firmes rochas"
EDITH SÖDERGRAN

Camiñan descalzas polas rochas,
pantasmas de sal habitan as sombras,
saben que as últimas mareas
esqueceron na praia os restos do naufraxio.
As mulleres recollen cada noite
os tesouros de auga, líquidos e fráxiles,
rebélanse contra a Historia,
constrúen co mar as estatuas
que nunca permanezan.
As mulleres de sal, con argazos de sombras,
xorden das últimas mareas
e tecen tesouros de auga cada noite
contra a Historia.
Elas, que saben que o efémero permanece.
                                                           ANA ROMANÍ Das últimas mareas (1994)

Su Garrido  grava o seu primeiro disco en solitario “Quedo a vivir aquí “ no 2018 (leva no mundo da música dende o 99).

31 marzo 2019

el Diluvi - E ti, só ti (con SÉS)

El Diluvi, O grupo de reggae, cumbia e "mestizaxe mediterráneo" alicantino aliouse con oito grupos de mulleres ou  o liderados por elas para lanzar una campaña de reivindicación feminista en diversas linguas nas redes sosiais  para publicar con motivo del 25 de noviembre, Día Internacional contra aViolencia de Xénero.
Esta é a canción que fixo coa nosa cantora Sés 


Fontes: https://www.youtube.com/channel/UC-QeigkuT0jVePTpc6laJxw
 https://www.elsaltodiario.com/musica/el-diluvi-lanza-un-videoclip-feminista-por-el-25n-en-primicia-en-la-directa-y-el-salto

Letra:
 Serás aquela que quixeches ser
 serás a indómita muller
 serás no ar un puño a arder e ti,
 só ti 
a Terra ti farás tremer

 Emancipada xa de calquera dor 
vas sorrindo como aquela que non ten temor 
sabes ben que mañá 
sabes ben que mañá será mellor 

Xa liberada en calquera lugar 
non deixarás que ninguén te free máis 
serás a luz que traerá 
serás a luz que a liberdade traerá 

 Es a dura tormenta de abril 
para os teus inimigos un edén hostil 
es a dura tormenta de abril 
o sol que rebenta a flor 
para os inimigos un edén hostil 
o lume na noite febril 

Serás aquela que quixeches ser 
serás a indómita muller 
serás no ar un puño a arder 
e ti, só ti 
a Terra ti farás tremer

31 xaneiro 2019

VINTE

Vinte, tamén Vinte na Praza, é unha revista dixital galega (http://vinte.praza.gal/) lanzada o 11 de decembro de 2018. Está dirixida a un consumo totalmente dixital, cunha gran presenza de contidos multimedia.


Nos seus artigos trátanse diversos temas de sociedade, cultura e tendencias e algunhas das súas seccións son Fai o que eu che diga, un consultorio en vídeo de Lucía Aldao, Iria Pinheiro e María Lado ou Vinte en..., reportaxes sobre a vida de personaxes concretas da cultura galega. Edítase dentro da plataforma do xornal Praza Pública, replicando o seu modelo de financiamento mediante achegas regulares de socios e publicidade.

 Por esta revista coñecemos ás Flow do toxo: http://vinte.praza.gal/video/flow-do-toxo

Son rapeiras, feministas e da comarca do Condado. Recíbennos en Pesqueiras (Salvaterra de Miño) para contarnos como se decidiron a montar un grupo para facer música urbana desde o rural honrando as mulleres da aldea.


Flow do toxo from VINTE on Vimeo.