03 marzo 2023

Fillas de Cassandra // V. AS MOIRAS

 Fillas de Cassandra María SOA (voz, percursión e piano) e Sara Faro (voz e percusión) // V. AS MOIRAS (ft Nadie González, Xiana Teixeiro).


 Letra: 

Sácate, sácate, sácate sácate bru-bru-bruxa (x4) 

Luz do candil, fío nas mans sombras de orballo tecen no serán. Donas da morte e do espertar danzan coa existencia de aquí para alá. Non teñen nome, nin ida(de) cargan co peso dunha eternida(de) se ollas ao ceo na escurida(de) xunto ás estrelas veralas brillar. 

E se na noite ti queres bailar xa están as moiras co seu aquelarre a túa vida van desenfiar acompañadas do seu cantar. Acompañadas do seu, acompañadas do seu: Sácate, sácate, sácate, sácate bru-bru-bruxa.  

Arríncoche o fío cos dentes ou déixocho aquí ben atado temos na man tres claveles e todos están afiados. 

Arríncoche o fío coas unllas e acabo coa sorte do parvo piden revancha as amigas e o meu cora non é tan brando. 

Medimos coas mans cada paso que dás nesta terra, coidado, na herba que abonen teus ósos hei parir flores do campo. 

Diante de nós pasan todos imos curadas de espanto deuses, heroes, bandidos choran igual mesmo pranto. 

Non teñen nome, nin ida(de) cargan co peso dunha eternida(de) se ollas ao ceo na escurida(de) xunto ás estrelas veralas brillar. 

Non temos nome, nin ida(de) cargamos o peso da eternida(de) se ollas ao ceo na escurida(de) xunto ás estrelas verasnos brillar. 

E se na noite ti queres bailar xa están as moiras co seu aquelarre a túa vida van desenfiar acompañadas do seu cantar. Acompañadas do seu cantar, acompa-, acompa-. 

Sácate, sácate, sácate, sácate bru-bru-bruxa. 


 

1 comentario:

Anónimo dixo...

Non hai quen as pare, que forza para derribar teitos, de cristal chamados.
Que bo facer neses traballos mimados con arrolo de respecto e intelixencia