'Espiña sen rosa', primeiro adianto do novo álbum de Sés
Este single mestúrase o mellor de Sés con guitarras, baterías,
pandeireta. "Un auténtico hit que ten como eixo a loita feminista, ánima
a levantarse, a romper as mordazas, a ser una mesma".
A cantante galega presentou o seu novo tema o 31 de xaneiro, do seu sétimo traballo discográfico 'Liberar as arterias'.
Letra: Eu son espiña sen rosa
para o lobo e o chacal
desde o teito de cristal
que non me queiran sorrir
prefiro ser herba mala
que camelia para lucir
Mentira de brazo aberto
é cadea con colar
eu son espiña sen rosa
para o lobo e o chacal
hai que querer ver primeiro
para ser quen de mirar
E ninguén que me ambicione
nin que me permita ser
nin facer leña da árbore
que a hiena fai caer
para vivir en liberdade
hai que ser mala muller
Para vivir en liberdade
hai que ser mala muller
a pirámide romper
e a mordaza queimar
quen queira flores do campo
que as vaia apañar
............................................................
Maria Xosé Silvar (Voz, guitarra eléctrica e pandeireta)
Tito Calviño (Guitarra eléctrica)
Gravado nos Estudios BRUAR no outono de 2019.