Amosando publicacións coa etiqueta TEATRO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TEATRO. Amosar todas as publicacións

14 outubro 2019

Unha primavera para Aldara

      
Autora: Teresa Moure                   
Editorial:Ed. Deputación Provincial da Coruña ,2008.
Editorial: Xerais, INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOGO 

Unha primavera para Aldara é unha peza teatral que se desenvolve no interior dun mosteiro, na Galicia do século XV. No exterior estoupa a Revolta Irmandiña contra os abusos dos nobres feudais. Ao convento chega Don Nuno, un cabaleiro irmandiño ferido gravemente na batalla. As regras non permiten presencia masculina no mosteiro, porén Aldara, a abadesa decide poñer por diante a misericordia e acoller ao forasteiro. Mais unha decisión coma esta no convento serviu como detonante dun enfrontamento de posturas entre as monxas que culminará nunha traizón. En palabras da autora "os personaxes desta obra teatral afrontan conflitos dos que se chaman eternos e procuran horizontes de liberdade persoal relativos ao afán de coñecemento, a paixón, a ruptura co establecido, nun ambiente de tenrura e fraternidade". Unha primavera para Aldara obtivo o Premio de teatro Rafael Dieste 2007, ademais dos premios da Asociación de Escritores en lingua Galega (Teatro) 2008 e o María Casares ao Mellor Texto Orixinal 2009.

Foi estreada en 2009 por Teatro do Atlántico, cun elenco formado por María Barcala, María Bouzas, Belén Constenla, Marcos Correa, Xosi Laxe, Amparo Malo, Xoán Carlos Mexuto, Pilar Pereira, Lucía Regueiro e Agustín Vega.

09 febreiro 2018

Elas que din.

 Autor: Miguel Sande
Este volume recolle tres textos premiados: "Á alba pide comigo vivir", un monólogo dunha moza universitaria que queda embarazada no seu último ano de carreira. Tamén inclúe o texto "Ninguén chorou por nós", premio Rafael Dieste, estrenado en boa parte de Galicia e en Lisboa: un arrendatario histórico perde a terra que traballou toda a vida e a casa o mesmo día no que a súa filla le a tese de licenciatura na facultade. Finalmente o libro recolle unha terceira obra, "39 veces chao", un monólogo dunha muller através dun teléfono móbil; na conversa vai aparecendo a frustración dunha relación e moitas experiencias vitais.

Noite máxica


Autor: Carlos Freire Pérez.
Biblioteca Didáctica Fontel

Os burros que comen ouro nunca serán cabalos

 
Autor: Bernardino Graña.
Editorial Sotelo Blanco.
Premino Abrente 1979.
Farsa bufonesca-carnavalesca en dous lances e un breve intermedio.

Ulises

Autores: Lino Braxe e Ana Pontón.Ilustracións de   Xosé Cobas. Editorial: Everest Galicia.

 «Este Ulises de Ana Pontón e Lino Braxe vén ser unha adaptación humorística para o teatro escolar d’A Odisea que recrea e reinventa a obra de Homero. Un traballo conxunto que deu como resultado unha actividade moi interesante e, sobre todo,unha lectura moi divertida.» 

«Ulises e Penélope,así como o elenco que os acompaña, amosan unha imaxe diferente á das ríxidas figuras gregas ás que estamos afeitos, pero é unha imaxe que os aproxima aos lectores,tanto pola linguaxe que empregan–ocorrente, descarada e vulgar– coma por determinados comportamentos e pensamentos anacrónicos.»

«A esencia do poema épico orixinal, o seu tema e o seu argumento mantéñense nesta peza teatral»

12 novembro 2017

Raclette


Autor:  Santiago Cortegoso

Obra gañadora do XXII Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais.
É unha obra que mestura a comedia co dramatismo, abordando temas universais desde a perspectiva da sociedade actual. Cunha sólida reflexión arredor de temas como a incomunicación, a morte, a relación de parella, a maternidade, a sobreprotección ou a violencia. Preséntanos a cinco personaxe sentados nunha mesa que compoñen un complexo mosaico humano. A partir de aí, o autor constrúe un texto caracterizado por unha inquedante estrutura dramática, dentro da que a información chega ao lector-espectador dun xeito rigorosamente dosificado, nunha liña de acción que avanza con sutil equilibrio entre a ironía e o humor corrosivo, espindo as contradicións dunha sociedade enferma que devora os seus integrantes.