Amosando publicacións coa etiqueta videos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta videos. Amosar todas as publicacións

17 decembro 2018

VANESSA GLEMSEL: " A metáfora perfecta"

Vanessa Glemsel, artista!!


Fonte: https://glemsels.wordpress.com/

A historia do noso é unha receita de cociña: croquetas caseiras de polo.
Non ligamos coma a manteiga e a fariña diluídas no leite ata que non houbo lume.
Despois, moito despois, de todas as rutineiras e prescritas voltas de culler obtivemos unha fina bechamel sen bolborotos e engadimos aquel polo reseso adubado cunha pouca cebola e unha presiña de pementa negra para darlle chispa. Amasei, amaseite con esa minuciosidade amorosa que lle poño a todos os pratos. Ti batías os ovos cun aquel de home posmoderno case contemporáneo. Afundímonos no pan relado para acabar queimados en dous dedos de aceite a ferver.
Eu seguín amasando con mans expertas os cilindros delicados, mornos, suaves que ti, sentado á mesa, devoraches cada sábado durante anos. Odiabas os sucedáneos e eu aprendín con esforzo a precisión dos aloumiños que a fariña e a manteiga precisaban para se converter nos pequenos artefactos da túa felicidade cotiá.
Alporizácheste a tarde en que por primeira vez a masa apegañouse no fondo da tixola. Fiquei chorando horas, mesmo despois de fregar aquel queimado de cheiro acre e eliminar así a mancha do meu delito.
Todo mudou tras a miña pequena transgresión culinaria.
Nunca máis quixeches croquetas para cea e eu toleaba entre as tarteiras para sorprenderte con menús diferentes cada noite, pero ningún guiso nos fixo xamais tan felices como aquel feixe de pasta modelado.
Un domingo fatídico, casual, atopei unha bolsa de croquetas de polo precociñadas nun andel do frigorífico.

Compoñente de "Dúas gamberras e un micro" : A volta a torniqueta dos recitais poéticos ou cando a literatura sae do libros e asalta a berros os bares .
https://www.facebook.com/duasgamberraseunmicro/
Compoñente de Grupo FDúas poetas, dúas bailarinas e un universo común. Proxecto escénico que mestura danza, voz, música e poesía.

NURIA VIL: "Deséxovos fillas poetas"

Hai quen lle chama ás poetas desta xeración as Neoneotrobadoras eu escollo tomarlle as súas palabras e hoxe comezamos con Nuria Vil: Penélope deixou o nobelo pra saír a navegar



Poeta, filóloga e defensora da palabra falada. Formo parte de varios proxectos que mesturan poesía oral, imaxe, música experimental e danza. “Dúas gamberras e un micro”, “Sésega, “Grupo F”, “Asociación 85C” e “Fluorenscencia programada”.

14 decembro 2018

Oseu derradeiro paso - A serea- Iria Collazo

Vídeo poema
Música : Roberto Oliveira
Voz : Iria Collazo
Realización e animación : Luz Beloso



O seu derradeiro paso-A serea-IRIA COLLAZO from Luz Beloso on Vimeo.

Para saber máis de Iria Collazo:
https://gl.wikipedia.org/wiki/Iria_Collazo

Polos títulos das obras atoparedes máis información e polas súas historias de animación de "A muller lamprea"...
Para saber máis de Luz Beloso:
https://gl.wikipedia.org/wiki/Luz_Beloso ou https://dibujosbeloso.blogspot.com/

Para saber máis de Roberto Oliveira:
http://www.robertoliveira.es/

17 outubro 2018

A banda da loba, "Pepa"

A banda da loba: Andrea e Marcela Porto, Inés Mirás, Estela Rodríguez e Lastra tomaron para o grupo o nome da mítica bandoleira galega, apenas coñecida, que no século XIX "era temida polos ricos e polos curas. Fálase moito de Robin Hood, pero nós temos a Pepa a Loba, unha muller independente, que o pasou mal na vida e tivo a forza de saír adiante. Queremos ser o símil de Pepa no mundo da música", explica a vocalista da banda. 
A marcada personalidade da Banda da Loba tamén se identifica nas cancións de "Bailando as rúas", onde hai unha exaltación da poesía, vinculada á música. Os poemas de Rosalía Fernández Rial e Celia Parra, así como Celso Emilio Ferreiro, poñen letra a algunhas das súas cancións. Guadi Galego e Tanxugueiras participan tamén neste traballo, as últimas no tema "Pepa", que compuxo Lastra, onde se conta a historia desta histórica muller galega: "Bebín de diferentes fontes porque as historias sobre Pepa son distintas". A letra está envolta nun marcado estilo folk, pois "ao ser de aquí, era o estilo que máis lle pegaba".
 
 

11 outubro 2018

"Micromachismos. Machismo invisibilizado"

A Asociación Berenguela Pola Igualdade presenta "Micromachismos. Machismo invisibilizado", un vídeo colaborativo e interxeracional feito coa participación de veciñas, asociacións e establecementos de Vedra co obxectivo de facer visible o machismo cotiá, tan arraigado que chega a ser imperceptible.
 
 
Por partillar, coma tantas cousas... 

De Rosalía a Sabela OT pasando por Ana Kiro | Aquel-e

O rexurdimento 2.0 xa está aquí. No 2018, unha concursante de OT conseguiu levar ao programa do momento unha canción en galego, facendo que a xente de todo o mundo a escoite na súa lingua.


Castelao inventou os "memos"

Castelao inventou os memes, isto é unha realidade.


  Aquí analizo algunhas das súas viñetas e compároas cos memes actuais. Ademais véñome arriba e falo de tópicos literarios nos memes

 Fonte:aquel -e:

23 maio 2018

Cantas cousas podes facer en galego!

VIVE EN GALEGO!

 O Concello de Carballo puxo en marcha unha campaña para convidar a usar o galego libremente en todos os ámbitos sociais. Ademais do vídeo, a campaña acompáñase dunha serie de carteis CC. Que é iso? Así o explican:  

Para corazóns contentos, para Compras e Caprichos, para Conxeniar e Convivir, para Cálidas Cancións, para Cafés e Confidencias, para Cabezas Creativas, para Cóxegas Cómplices, para Conversas Cruzadas, para Crebar Cadeas, para Celebrar Conquistas..., para Cantas Cousas! Para canto queiras podes usar e compartir a túa lingua, sen restricións, sen límites, sen dereitos reservados. A licenza do galego é libre, é CC, é Creative Commons, para que cada quen poida usalo onde e cando queira.

 Fonte:Concello Carballo Publicado o 11/05/2018

Grazas por compartir:  https://cartaxeometrica.blogspot.com.es/2018/05/cantas-cousas-podes-facer-en-galego.html

 

09 maio 2018

Vida e obra de María Victoria Moreno

Vida e obra de María Victoria Moreno 

Parabéns para o alumnado de 5º  de primaria do Colexio San Pío X (Ourense)

15 abril 2018

O Deporte galego fala galego

Dezasete deportistas de elite do país reivindican a lingua galega neste vídeo realizado nos XX Encontros para a Normalización Lingüística. #odeportegalegofalagalego


 Fonte:Consello da Cultura Galega 
Publicado o 13/04/2018

CORRELINGUA 2018. A LINGUA NON PARA! Bolboreta

Vídeo gañador do concurso de vídeo do Correlingua 2018, a lingua non para!, na categoría de educación secundaria e bacharelato. Os creadores desta proposta foron os alumnos da ESO do CPR Seminario Menor a Inmaculada de Ourense.


CORRELINGUA 2018. A LINGUA NON PARA! Moucho

Vídeo gañador do concurso de vídeo do Correlingua 2018, a lingua non para!, na categoría de educación infantil e primaria. Este vídeo foi feito polo alumnado de 5ºA do CEIP Ramón Cabanillas (Santiago de Compostela) baixo o alcume Moucho.


08 decembro 2017

Compartimos Plan





Compartimos Plan (v.o) from Compartimos Plan on Vimeo.

Compartimos Plan é a estratexia para elaborar, de maneira participativa, un estudo de diagnose e plan de acción das políticas de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención da violencia contra a muller na provincia da Coruña.
Non o dubides! Se formas parte dunha asociación que avoga pola igualdade, se es persoal técnico dalgún concello da provincia da Coruña, ou simplemente tes conciencia de non violencia sexista,  tes que participar. Ti es axente chave deste proxecto.
Cada aportación é importante, a túa opinión conta! Comparte para crear sinerxias, xerar confianza e engadir valor.
Síntete parte!
Nós xa estamos compartindo, e ti?

12 maio 2011

“Oito cancións para oito poemas de Lois Pereiro”


O 12 de maio ás 18 horas presentouse o libro-cd "Oito cancións para oito poemas de Lois Pereiro". Foi un acto máis dos numerosos que se están a facer por toda Galiza. Estaba Alexandre González, que se ocupa da música, Xabier Deive, Lino Braxe... e un público moi cariñoso (entre os que se encontraban alumnado do IES Lagoa de Antela e J. Prieto Nespereira. Tamén a actriz Antela Cid que pola mañá representara a obra teatral "Mundo Lois" con Lino Braxe.

13 decembro 2008

Os defuntos falaban castelao


Animación en plastilina baseada nun relato de Ánxel Fole. Na noite de defuntos, nunha aldea galega, unha rapaza foxe da súa casa para escapar co seu mozo e prometérense amor eterno. Esa mesma noite os veciños escoitan unhas misteriosas voces que falan en castelán no cemiterio.
Director:
Virginia Curiá, Tomás Conde
flocos.tv