Amosando publicacións coa etiqueta IMPLICÁMONOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta IMPLICÁMONOS. Amosar todas as publicacións

21 febreiro 2021

21 DE FEBREIRO, DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA GALEGA

 A Mesa pola Normalización Lingüística : https://www.amesa.gal/


 

 


 Estreado o 18 de feb. de 2021

A Mesa pola Normalización Lingüística, Euskalgintzaren KONTSEILUA, CIEMEN, Iniciativa Pol asturianu, NOGARA, Plataforma per la Llengua, Òmnium, Escola Valenciana e Acció Cultural del País Valencià, difunden nas linguas propias oficiais (galego, catalán e éuscaro) e as que aspiran a este recoñecemento (asturleonés e aragonés) o contido da proposta que presentaron en febreiro de 2020 no Congreso de Madrid e que será debatida nunhas semanas

INICIATIVA POLO GALEGO COMO LINGUA OFICIAL NO PARLAMENTO EUROPEO: 4º de ESO do CPI O Cruce de Cerceda

Un colexio de Cerceda inicia a súa propia loita pola oficialidade do galego no Parlamento Europeo: O alumnado de 4º de ESO do CPI O Cruce de Cerceda lanza unha campaña a través da plataforma Change.org para acadar o seu obxectivo. Este xurdiu porque este ano son escola "embaixadora" da institución europea.

As e os estudantes idearon esta proposta de integración lingüística porque o centro é “embaixador” da administración europea este ano. A acción case coincide no tempo co Día da Lingua Materna.

No escrito colgado na páxina web engaden que queren que todas as “linguas cooficiais estean representadas” na Unión Europea.

FONTE: https://www.nosdiario.gal/articulo/lingua/loita-pola-oficialidade-do-galego-parlamento-europeo-colexio-primaria/20210219201651116255.html

 

 

IMPLÍCATE, XA LEVAN MÁIS DE 3.000:  https://www.change.org/p/european-parliament-conseguir-que-as-l%C3%ADnguas-cooficiais-sexan-representadas-no-parlamento-europeu?utm_content=cl_sharecopy_27381851_es-ES%3A4&recruiter=1181203264&utm_source=share_petition&utm_medium=copylink&utm_campaign=share_petition

 

23 setembro 2018

I Romaría feminista, 29 de setembro, Concello de Barbadás


 LOGO DO 8 M, CAMIÑAMOS





A Marcha Mundial Mulleres Galiza é un movemento feminista e anticapitalista que liga as loitas locais coas internacións a través dunha rede feminista que se coordena nos cinco continentes.
"Traballamos na Galiza en Ourense, Vigo, Ferrol, A Coruña,Santiago de Compostela e con alianzas en numerosas vilas para dar resposta ás agresións machistas e para construír unha axenda feminista propia para reclamar igualdade nun modelo económico que sitúe a vida no centro das políticas",aseguran.
Elas colaboran coa nosa Romaría Feminista na posta en marcha dun protocolo feminista e no punto lila e estarán presentes na mesa "Despois do 8M, que? que dará comezo ás 11h.
#Logodo8MCAMIÑAMOS

Desdibuxar de Guadi Galego

Tema pertencente ao seu último traballo BOLA DE CRISTAL



Entre varios mundos, o de “Lúas de outubro e agosto” (2014), “O mundo está parado” (2016) e agora “A bola de cristal” leva viaxando Guadi Galego nos últimos anos. Os seus tres discos máis recentes compoñen unha “triloxía” coa que a artista cedeiresa pechará un ciclo que para ela supuxo “unha inmersión directa nun mundo totalmente distinto no que tomei conciencia e consciencia dun montón de cousas que ata agora non tiña tomado por estar noutro vida distinta”, comenta. (...)
 “A bola de cristal”, que é “o mundo que me gustaría ver no futuro, ese sen fronteiras mentais, sociais nin de clase”: Fronteiras ou Recoñecéndome por exemplo:


 

08 decembro 2017

Felices para sempre

"NamorAndo 2017"



Proxecto creado polo alumnado de todos os centros educativos de Pontevedra en Estudo Bonobo, dentro do programa NamorAndo 2017. Seis mozas de secundaria traballaron na letra e música da canción, na que se uniron nenos de primaria para a elaboración do videoclip, e deste xeito traballar contra a violencia de xénero dotándolles de ferramentas para rachar cos mitos do amor romántico e estereotipos sexistas. Con elas nos despedimos ata o sábado que vén. Sexan felices.