Xulia, a nena que ama moitas linguas e fala galego
Case dez anos despois, recuperamos o video de Xulia, preguntándonos que será desta aventureira amante das linguas que levaba na fronte unha estrela e no bico un cantar?
Falaba media ducia de idiomas, vivía en Bélxica, viña a Vigo e falaba en galego vehicularmente. Ela non lle puña portas nin fronteiras á lingua, ás linguas...
SOM DO GALPÓN, A piques de estoupar.( Libreria en Acustico).
Videoclip gravado en Compostela na Libraría Couceiro (Febreiro 2014);
este clip é unha mostra da xira feita por librarías apresentando o disco
Galinha de Troia cunha formación especial con Brais Bassave no violino,
Gael Bassave na voz e no looper e Javier Miranda na guitarra.
Xosé Lois Romero é un dos nomes clave no rexurdimento da música
popular en Galicia nas últimas décadas. Recoñecido acordeonista,
percusionista e compositor formado na música tradicional, colaborou con
algúns dos proxectos e artistas máis influíntes de Galicia (Nova Galega
de Danza, Mercedes Peón, Fuxan os Ventos, aCadaCanto, Orquestra de Jazz
de Galicia, Radio Cos, Jane Joyd, Quique Peón Cía, Xabier Díaz,...).
Premiado en numerosas ocasións, a súa traxectoria está marcada pola
versatilidade e a busca permanente de novos camiños de expresión, sempre
dende a sensibilidade e a perspectiva galega.
Agora preséntase xunto a Aliboria, un colectivo de novos músicos
galegos cos que reinventa os cantos e os ritmos enxebres de Galicia
conxuntando as potentes voces das súas cantantes con innovadores
arranxos para percusión tradicional cheos de forza, raza e terra. As
mulleres e homes que conforman Aliboria representan unha nova xeración
de músicos cun coñecemento profundo do seu folclore e cunha gran
calidade técnica, un equipo perfecto para dar un novo paso adiante na
evolución da música popular galega, que está a vivir o seu momento máis
fértil e en permanente proceso de actualización.
A música de Xosé Lois Romero & Aliboria combina as voces
ancestrais da tradición oral de Galicia coa forza e o colorismo
multitímbrico de bombos, pandeiros, pandeiras, tixolas, tarrañolas,
cunchas, pandeiretas, latas, tambores, sachos… e todo interpretado coa
frescura e a enerxía que os seus membros ofrecen en directo.
A escola de danza Media Punta de Vigo gañou a medalla de ouro nun
campeonato nacional en Burgos. A peza escollida foi a 'Muiñeira de
Chantada' bailada ao estilo hip hop.
A escola de danza Media Punta de Vigo gañou a medalla de ouro nun
campeonato nacional en Burgos. A peza escollida foi a 'Muiñeira de
Chantada' bailada ao estilo hip hop. Participarán con ela nun campionato
do mundo en Sitges.
Intervención de Nuria, moza de 23 anos, no LGx15 2017.
#LGx15.
Ideas para o futuro da lingua | www.lgx15.gal | Sala Capitol | Santiago
de Compostela | 9 de novembro de 2017 | Coordinadora de
Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) | www.ctnl.gal
Nuria Espasandín, unha rapaza de 23 anos de Vimianzo, que estuda
actualmente Dereito na Universidade da Coruña, despois de de que
comezara a carreira en Santiago de Compostela.
Tamén atopou tempo neste camiño para tomarse un ano sabático cando non
soubo atopar o rumbo e ir traballar a terras inglesas. Decisión que a
levou a patear máis dunha ducia de países do globo e vicio que ocupa
gran parte do seu tempo: viaxar, en todos os sentidos e extensións da
palabra.
Escribe tamén por puro deleite aínda que comparte algún que outro texto
na rede, onde tamén deixa caer os seus pensamentos en forma audiovisual.
Ente último pasatempo foi o que a levou a ser finalista de #youtubeiras e #youtubeiros (http://youtubeiras.gal/) en 2017 co seguinte vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=3THm7...
Canle de Youtube de Nuria: https://www.youtube.com/channel/UCic_...
Nacín en Ourense o mes da chuvia, alá polo 1990, pero odio pisar
pozas. En Compostela enchoupeime de pedra e letras, mentres Comunicación
Audiovisual pasaba de coartada a paixón. Levo versos nos petos desde
que aprendín a ler entre liñas. Algúns convertéronse en premios, coma os
terceiros escalóns do Minerva (2007, 2008) e do Xuventude Crea (2010)
ou o primeiro do Ánxel Casal (2008). Gracias ó Avelina Valladares outros
versos mesmo se volveron libro: “No berce das mareas” (2009, Editorial
Fervenza).RE(C)verso, 2012, CD de audiopoemas. ¨Últimas obras colectivas: Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de expansión, 2013, Bubela. 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.No seu despregar, 2016, Apiario.
Un dos nosos poemas preferidos: "Adondar a lingua"
Adondar a lingua" é un videopoema que fala do amor pola lingua e das
raíces emocionais que a ela nos unen. Do papel da familia como
transmisora de apego pola nosa cultura e tradicións.
FESTIVAIS
- Nominado a "Best Valentine" no Rabbit Heart Poetry Film Festival
(EE.UU.) 2016
- Seleccionado en Rabbit Heart Poetry Film Festival (EE.UU.) 2016
- Seleccionado en Ó Bhéal Poetry-Film Competition (Ireland) 2016
- Proxectado en Poemaria Festival Internacional de Poesía (Galicia) 2017
- Proxectado en Shorty Week (España) 2017
- Proxectado en Clare Island Film Festival (Irlanda) 2017
- Seleccionado en Festival Silencio (Portugal) 2017
- Seleccionado na shortlist de VI CYCLOP International Poetry Film
Contest (Ucraína) 2017
PREMIOS
2º Premio compartido de videocreación, Xuventude Crea 2016
Todas elas son estudantes do IES de Cacheiras (Teo). Dirixidas pola súa profesora de música, Matilde, compuxeron esta peza orixinal. Forman o grupo Máis boas cás patacas. Nas voces están Lua, Valeria e Ruth, á guitarra temos a Ana, no baixo a Sara, co uquelele está Carme, co piano, Cristina e coa batería, Candela. Son as gañadoras do certame Quero Cantar convocado pola Deputación da Coruña.
Videoclip realizado polo alumnado de 2º ESO do CPI Plurilingüe Eusebio
Lorenzo Baleirón (Dodro) en colaboración co IES Cosme López Rodríguez (A
Rúa), o IES San Paio (Tui),o IES de Melide ( Melide),o Agrupamento de
Escolas Dr. Júlio Martins (AEJM) (Chaves) e o IES Padre Sarmiento,
O alumnado do IES Pintor Colmeiro de Silleda demostra que está plenamente comprometido coa lingua e por iso é que todo o centro está GALEGANDO!!! Parabéns!!!