Amosando publicacións coa etiqueta LECER. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LECER. Amosar todas as publicacións

27 setembro 2018

Cineclub Padre Feijoo, Outubro 2018

PROGRAMACIÓN DE OUTUBRO DO CINECLUB PADRE FEIJOO

 
 Filmoteca CGAI
"Do mesmo xeito que a Traxedia, a Comedia persegue provocar emoción no espectador. Pero mentres que na primeira -dito en palabras de Valle Inclán- o autor contempla aos seus personaxes como forzas superiores gobernadas polo destino, no espazo da comedia "autor e personaxes conviven, o primeiro como titiriteiro e os segundos como marionetas", que ata podendo chegar a situacións esperpénticas, móstranse como seres libres, donos do seu propio destino e xa que logo, capaces de conducir o fío da trama (ás veces moi enmarañado) cara a un desenlace feliz.
Esa liberdade esencial que impregna o xénero fai da comedia o paraíso da versatilidade, a sorpresa, a xenialidade, os cambios de ritmo e o disparate. 
 Así, veremos un rei sen reino, os desvaríos do amor, a loita de egos,e as inseguridades das relacións nunha sociedade no abismo da inmadurez. De seguido o avance visual [.mp4 • 20'7 MB] da programación que vos presentamos, ambientado coa música de Ramón Mirabet "Happy days", do que esperamos o mesmo... días felices para este outono. 

 

28 decembro 2017

OCIO EN OURENSE

http://vouaxenda.com/


Cine clube Padre Feijoo

http://cineclubepf.blogspot.com.es/2018/01/programacion-xaneiro-febreiro-2018.html


https://www.facebook.com/cineclube.feijoo/ 

 Ciclo Imaxinario (Sesións diferentes ao habitual; 10, 15 de xaneiro, 2, 5 e 7 de febreiro).

 Durante a ocupación das fábricas e as reivindicacións obreiras de finais da década dos sesenta nas localidades francesas de Sochaux e Besançon, un grupo de cineastas, liderado por Chris Marker, Jean-Luc Godard e Bruno Muel, achegáronse a filmar aos activistas obreiros. O rexeitamento que os filmes produciron nos obreiros levou aos realizadores militantes a propoñerlles que se filmaran eles mesmos. Así xurdiron Os Grupos Medvedkin, ou "Numax presenta" de Joaquin Jordá, e logo un cento de cineastas que construíron un imaxinario social instituínte e autónomo... como diría Edgar Morin o imaxinario explícase de xeito que un homo sapiens é tamén un homo demens. A sociedade críase ao través de imaxinarios sociais que vinculan aos homes e mulleres e dan sentido ao seu accionar. Así as relixións, ideoloxías ou as utopías políticas proporcionan crenzas comúns que estruturan un vínculo social a través dun imaxinario colectivamente compartido. Esas son precisamente parte das historias que presentamos neste novo ciclo, unha serie de transformacións sobre o real grazas á imaxinación. 

Extra: IV Ciclo de cine e medicina

etc......................