Cine clube Padre Feijoo
 Ciclo Imaxinario (Sesións diferentes ao habitual; 10, 15 de xaneiro, 2, 5 e 7 de febreiro).
 Durante a ocupación das fábricas e as reivindicacións obreiras de finais
 da década dos sesenta nas localidades francesas de Sochaux e Besançon, 
un grupo de cineastas, liderado por Chris Marker, Jean-Luc Godard e 
Bruno Muel, achegáronse a filmar aos activistas obreiros. O rexeitamento
 que os filmes produciron nos obreiros levou aos realizadores militantes
 a propoñerlles que se filmaran eles mesmos. Así xurdiron Os Grupos 
Medvedkin,  ou "Numax presenta" de Joaquin Jordá, e logo un cento de 
cineastas que construíron un imaxinario social instituínte e autónomo...
 como diría  Edgar Morin
  o imaxinario explícase de xeito que un homo sapiens é tamén un homo 
demens.  A sociedade críase ao través de imaxinarios sociais que 
vinculan aos homes e mulleres e dan sentido ao seu accionar. 
Así as relixións, ideoloxías ou as utopías políticas proporcionan 
crenzas comúns que estruturan un vínculo social a través dun imaxinario 
colectivamente compartido. Esas son precisamente parte das historias que
 presentamos neste novo ciclo,  unha serie de transformacións sobre o 
real grazas á imaxinación. 
Extra: IV Ciclo de cine e medicina
etc...................... 
 
 
 
          
      
 
  
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario