Catuxa Salom - MULLERES PIRATAS
Fusión de ritmos tribais latinoamericanos e folclore galego baixo un envoltorio electrónico
PALABRAS DA AUTORA: Mulleres Piratas é unha canción que fala das mulleres que huían da sociedade na que vivían buscando a liberadade nos mares. “mulleres que levan a loita na pel”. Confío en que as miñas cancións, a posta en escena, traballar con mulleres músicas, directoras de arte, diseñadoras de vestuario, maquilladoras… son actitudes que sin decir nada, falan por si solas. Creo que a loita está en traballar con mulleres e persoas non binarias.
LETRA:
Mira que veñen as nenas baixando do barco / Mira que levan as magoas por dentro da pel
Son as piratas que esconden as balas no taco / Son as mulleres que levan a loita na pel
Ieeiii somatei / Ieeii somatei
Eran mulleres cansas de ser o que deben / Levaban un peso no lombo que non querían mais
Cando coñecen a vida coñecen o verde/ Vaille dicir ti as mozas que deben voltar
Ieee somatei/ ieee somatei
Aínda cando paseo na ria de Arousa / Podo escoitar as mulleres cantando do mar
Son as piratas que esconden as balas no taco / Son as mulleres que levan a loita na pel
Mulleres piratas / Non queren voltar/ Mulleres piratas/ Non queren casar/ Ieee somatei.../ Mulleres piratas...
Ningún comentario:
Publicar un comentario