30 abril 2022

MJ Pérez - Agarda no horizonte

MJ Pérez - Agarda no horizonte.

Unha canción orixinal de MJ Pérez inspirada na historia de Pedro e Inês, unha páxina fundamental da historia de Portugal que foi fonte inesgotable de inspiración no mundo das artes ao longo dos séculos ata a actualidade. 

 

Este videoclip forma parte do DOCUMENTAL "Inês, aquilo que nos une", unha peza audiovisual que conta en galego a historia de Inês de Castro. O videoclip foi gravado en Coimbra no verán de 2021, coa colaboración de Pablo Lomba como auxiliar de cámara. Foi gravado en diferentes puntos da cidade e na Quinta das Lágrimas, nos lugares emblemáticos desta historia coma é a árbore e a Fonte das Lágrimas. Conta tamén con imaxes do documental que mostran os túmulos de Pedo e Inês que se atopan no Mosteiro de Alcobaça, así coma animacións feitas a partir de ilustracións orixinais de Laura Romero que fixo para este documental. MJ Pérez canta esta canción e realiza este documental para dar a coñecer a historia de Inês de Castro na Galiza, pois sendo Inês de orixe galego, é unha historia case descoñecida a esta beira do Miño. 

FONTEhttps://www.youtube.com/@MJPerez

Ningún comentario: