18 febreiro 2021

Hip Hop em galego

A páxina de Facebook Hip Hop en galego comezou a ser desenvolvida en xaneiro do ano 2015. O obxectivo da mesma é promover o Hip Hop feito en galego con independencia de normas lingüísticas dentro e fóra da nosa rexión.

FONTE:  https://www.facebook.com/hiphopemgalego/



Un mapa cos grupos e artistas máis relevantes da nosa historia

🎵 Con case 40 anos de historia, este "mapa" serve para identificar os grupos (en maiúsculas) e as artistas (rappers, beatmakers, djs...) que aportaron contido á nosa cultura.

🎤 A contribución de cada unha non se pode medir coa imaxe, pero abonda con escoitar os traballos das artistas para valoralo.

Como consello, escoita aquelo que descoñeces (xa sexa actual ou do pasado) e volve a escoitar aquelo que non che gustou de primeiras.

Aproveita ben o tempo e axuda as artistas difundindo a súa música!
Tedes moito onde escoller, e todo feito na nosa lingua.

#RapEnGalego #hiphopemgalego
#HipHop #Galiza #hiphopengalego #rapengalego #rapgz #rap

Ningún comentario: