15 novembro 2011

Leonel

 Título: Leonel.Autor: Antón Cortizas. Editorial: Xerais
Leonel, a primeira novela xuvenil de Cortizas, narra a historia de Miguel, un xove estudiante que se despraza á aldea dos avós que a penas coñecía para pasar o verán estudiando o que suspendera. Miguel non imaxinaba que este verán sería o máis apaixonante da súa vida. E non só porque se ía atopar un mundo fascinante, aínda que alleo á súa vida da cidade; nin porque se vería mergullado na solución dun apaixonante misterio; nin porque había de coñecer a Leonel e a Metralla; nin porque se namoraría de Ana...

1 comentario:

Anónimo dixo...

Miguel é un rapaz que ten que ir á aldea dos seus avós, Duarte e Tareixa, para estudar todo o verán. Para el iso é un castigo porque é un rapaz de cidade e non quería deixar Ferrol para ir á aldea. Ao final acaba pasándoo ben, grazas ás historias de Leonel e tamén grazas a Ana, unha rapaza moi simpática coa que pasará todo un verán cheo de aventuras. Pásao tan ben que por Nadal quere volver para poder reconstruír a cabana que fixera o seu avó.
Gustoume este libro. Gustoume como o avó xogaba co rapaz coas historias do Leonel. Foi unha estratexia para que Miguel non o pasase mal e que estivese entretido.

Nerea Oliveira Parafita 4A.