21 xuño 2017

As meigas de Lupa

María colleu un avión a Santiago de Compostela, onde a esperan os seus curmáns Pablo e Martiño, para pasar unha semana de vacacións coa avoa Berta. Unha sorpresa agarda aos tres rapaces na casa de Santa Cruz de Ribadulla: deberán compartir a estancia con varias amigas da avoa, que veñen participar nun congreso de meigas. Tras a desaparición dunha vella chave da avoa e tras a presenza daquelas mulleres agóchase a historia dun segredo milenario, que foi gardado xeración tras xeración, que pasou de bocas a oídos, unha e outra vez, e que nunca se contou a quen non era merecedor de sabelo.Unha emocionante novela de intriga no século XXI. 
Autora: María Solar.
Editorial Xerais.

1 comentario:

Sergio González dixo...

O libro gustoume moito, provoca intriga, emoción e engancha con moita facilidade. Unha das cousas que máis me gustou foi que contase unha segunda historia no século I, para entender o que pasa no século XXI. Recomendo o libro porque é moi emocionante e ao ler a historia do século I podemos aprender cousas do pasado de Galicia.