13 outubro 2018

Galilusofonía

Nace Galilusofonía, unha rede para impulsar as relacións lingüístico-culturais entre Galiza e a Lusofonía

Participan trece iniciativas galegas e portuguesas. Realiza a súa primeira reunión no marco do Foro na Maré-Cantos na Maré.

Nace a Rede da Galilusofonía, no marco do Foro da Maré-Cantos na Maré, impulsada por diferentes iniciativas galegas e portuguesas que partillan o obxectivo común de difundir a música e as artes e aproximar a língua e a cultura de Galiza e de toda a Lusofonia.
 
Estas iniciativas, con diferentes enfoques e formatos decididen xuntarse co obxectivo de amalgamar esa audiencia para dar novos pasos na dirección pretendida, sumando esforzos e recursos humanos e materiais.
 
Entre as  iniciativas que manifestaron a súa adhesion á Rede están A Mesa pola Normalización Lingüística, Academia Galega da Língua Portuguesa, AGAL-Associaçom Galega da Língua, AJA Galiza-Núcleo da Associaçom Jose Afonso na Galiza, aRi[t]mar galiza e portugal-Escola Oficial de Idiomas de Santiago, Cantos na Maré, Castro Galaico Festival de Nogueiró-Braga, Convergências Portugal Galiza-Braga, Festival da Poesia no Condado-SCD Condado, Fundación Via Galego, Ponte a Portu-Gal-Concello de Ponteareas, Ponte nas Ondas eTraz outro amigo também-Concello de Cedeira.

A Rede pretende agora reunir todas estas iniciativas arredor dun Foro e un Espazo internacionais.

Ningún comentario: