18 outubro 2019

Fanny + Alexander-Maria Silenzo

Seguimos recompilando poemas musicados de Ricardo Carvalo Calero. Desta seleccionamos o poema de Maria Silenzo interpretado polo grupo Fanny+Alexander


Info do grupo: Fanny+Alexander son unha banda indie galega con base en Compostela que gosta de poñer a proba en cada unha das súas cancións os límites do Pop máis canónico, chimpando do pop acústico á indietronica máis arriscada, do chamber-pop orquestrado ao máis shoegazer e espacial, do sintético pop electrónico ao máis folkie e espido.
Publicou os seguintes traballos: Lusco e Fusco, (A Regueifa Discos, 2006), Finais dos 70s comezos dos 80s, (A Regueifa Discos, 2007) e Alfaias, (A Regueifa Discos, 2009)
Fonte: http://www.gzmusica.com/cartafol/pop-indie/fanny--alexander.html

Letra do poema  " Maria silenzo" do poemario Pretérito Imperfeito:

Cabeleira de chúvia, ollos de néboa.
Maria Siléncio, esfarrapada, à espreita.
Sempre agardando, pola noite, as barcas.
A tua angúria fala con olladas.
Maria Nocturna: no peirán ¿qué esperas?
¿polo dia non vives?
¿Naces cada solpor? ¿Cais de primeira estrela?
Maria Siléncio, sempre dura e muda...
¿Cál é a barca que agardas?
Das fontes dos teus ollos
fluen rios de sono.
Pero ti sempre dura e desvelada,
batida polo vento, no peirán...
Maria Siléncio, eu roubaria
no ceu
a estrela de mel,
na água
a estrela de prata,
pra che mercar a fala.
Se queres ulir flores,
darei-che a flor da lua.
Maria do Mar, ¿qué barca agardas?
¿Queres o sol, carne de lua fria?
O sol é un porco-espiño disfarzado.
No mar agora, ourizo de mar, dorme.
Pescado pola cana do abrente,
darei-cho eu, raiolante e mollado.
¡Maria Siléncio, Voz Dormida: fala!
¿A qué afogado esperas,
Maria da Sombriza Espranza?
Maria Siléncio, ¿aagardas a tua voz?
¿As ondas do mar levado roubaron-cha?
De chúvia e vento vestida,
Maria Siléncio, calada...

Ningún comentario: