14 novembro 2020

O grupo de An Alfaya

 

TÍTULO: O grupo

AUTORA: An Alfaya

EDITORIAL: INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOGO E-book

XII Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil - Lista de Honra 2019 da OEPLI

Sentiches discriminación algunha vez polo teu aspecto, a túa orixe ou a túa orientación sexual? Serías quen de desprazarte a diario pola túa cidade nunha cadeira de rodas? Imaxinas ter un pai maltratador? Antón, Runa, Carla, Amina e Nico son adolescentes que viven en primeira persoa algunha destas situacións. Deciden acudir ao Centro Cívico do seu barrio seguindo o consello dos adultos nos que confían. Non se coñecían, mais a carón de Sandra, unha traballadora social que conduce os encontros, as súas voces álzanse de xeito testemuñal amosando a súa vulnerabilidade. Non obstante a coordinadora arrastra feridas pendentes de cicatrizar que a fan dubidar da súa capacidade profesional cando se atopa fronte ao Grupo.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Este libro simplemente...encántoume!
Trata as historias de cinco rapaces que se xuntan para falar dos seus problemas e manifestar a súa escura e triste realidade.
Todos teñen un pasado difícil ou un presente complexo e neste grupo, a través das accións dunha asistenta social, intentan desafogar o seu desacougo.
Foi unha experiencia fantástica e sentinme identificada con algún personaxe.
Recoméndoo a todo o mundo independientemente da súa idade.
Foi un dos mellores libros que tiven a oportunidade de ler.
Aquí vos deixo un anaco dos momentos que máis me gustaron:
“O certo é que nos avisaron ben cando entramos no colectivo LGTBI hai un par de meses.
Xa nos previron de certa xente, non toda, pero aínda moita, que segue a relacionarnos con termos caducos”
...

Anónimo dixo...

O grupo é un libro que trata sobre os problemas duns rapaces que se reúnen nunha sala cunha psicóloga para tratar de resolvelos.
É un libro que fai reflexionar sobre se os teus problemas son tan graves como pensas e a non xulgar a ninguén sen antes coñecelas ben a fondo.É non só iso senón que ademais faiche poñer en dúbida que é o normal nunha sociedade.
Recomendo moito esta obra sobre todo a quelas persoas inseguras de si mesmas ou que se sinten desprazadas polos demais.