19 novembro 2020

O que sei do silencio

       

Título: O que sei do silencio.

Autora: Andrea Maceiras

Editorial: Xerais, Colección Fóra de Xogoa. Finalista do Premio Raíña Lupa 2017

Reseña:  «Chámome Delia e son unha covarde. Esta é a historia de como acosamos a Silke durante os meses que estudou no noso instituto. E de como todo se nos foi das mans. Das miñas mans inútiles. E das manipuladoras mans de Xulia, Lara e Daniela. Das mans indiferentes de Marcos. Das sucias e miserables mans de Vítor. Das indecisas mans do meu irmán Iago. Diso vai este blog que acabo de abrir. Dos meses que pasei en silencio. Do que aprendín naqueles días da crueldade e da covardía. Isto é o que sei do silencio.»"O que sei do silencio" é o relato estremecedor de como Delia se converteu en acosadora pasiva dunha rapaza inocente de 3º da ESO. Historia inspirada libremente nun suceso real, afonda dende voces diversas na xénese, desenvolvemento e consecuencias dun caso de acoso escolar.

                                         

1 comentario:

Unknown dixo...

Este libro trata a historia dunha rapaza que presenciou no seu instituto un caso de bullying.
Viviuno de primeira man, xa que, ela mesma se considera unha acosadora pasiva. Admite que participou nun acoso prolongado que mudou por completo a vida doutra compañeira completamente inocente.
Recomendovos a todas e todos que leades este libro ,porque vos fará recapacitar sobre algunhas das vosas actitudes no voso día a día. A min,polo menos, fixóme reflexionar .
Este libro encantóume . Dinme conta das veces que inconscientemente, deixamos pasar pequenas intención de acoso.Das veces que pensamos que iso non é nada , considerámolo algo secundario , pero equvocámonos , iso simplemente é o comezo de algo moito peor.
Estou segura de que , despois de ler este libro, moitas y moitos reflexionaredes.

Belén Rodríguez Barrosa
4 ESO B