21 outubro 2008

A escura luz do Tíber

Cos turbulentos e apaixonantes anos do Imperio Romano baixo o mandato do emperador Nerón como marco de fondo, unha mociña chamada Marcia vainos ir relatando os momentos de alegría, inocencia e dor que se combinan na súa vida. Descubrirá a amizade, a xenerosidade, a forza da fe e, por fin, o amor da súa vida. Pero antes diso, experimentará tamén a traizón e o odio ata chegar ao asasinato. Todas estas vivencias irá recolléndoas en tres diarios personais que a acompañarán desde a súa adolescencia ata a súa madurez xunto ao seu namorado. Porque quizais, como ela ben di, nada sexa eterno, salvo a palabra.

Autor:Lola Gándara.

Ningún comentario: