10 outubro 2008

A sombra descalza de An Alfaya.

A sombra descalza de An Alfaya.
Elsa, unha moza de dezaseis anos, vive asfixiada nun ambiente poboado de segredos familiares procedentes dun pasado escuro. A corda tensa dos silencios rómpese cando ela remexe neles, e fai que as voces das mulleres da casa, Amadora, Esperanza e Florinda, caladas durante moito tempo, revelen misterios que atinxen aos homes das súas vidas, Xuliano, Fernando, Bieito e Rafael, nunha tentativa de recuperar a dignidade perdida polas miserias da Guerra Civil. Nesa época quedou ancorada unha presenza ausente, Sagrario, que sen estar, paira pola vivenda como unha sombra descalza.

Editorial. Edicións Xerais de Galicia
Coleccion. Fóra de xogo

6 comentarios:

Anónimo dixo...

Este é un libro sobre intrigas, pero non ás que estamos acostumados xa que non é de medo senón máis ben temos ansias de saber máis sobre o que sucederá.
Non é de ficción xa que trata dos efectos que produce sobre as persoas as guerras, a infidelidade, os amores obrigados por asuntos económicos que impiden a unha persoa estar co amor de verdade, pero, sobre todo, da curiosidade que sente Elsa, a protagonista, por saber todos os misterios que oculta a súa familia. Desta forma revela segredos ata agora descoñecidos pola meirande parte dela.
Aínda que é un libro curto comparado con outros é fácil de ler. O autor introduce a información importante de tal forma que ao acabar de lelo parece coma se che contansen detalladamente a vida destas persoas. Tamén nos fai ver que non todo na vida ten un final feliz xa que moitas veces ocorren as cousas menos desexadas no peor momento.
Recoméndoo para todas aquelas persoas dispostas a aceptar calquera final e que á vez se sorprendan polo inesperado que pode chegar a ser.

Eva e Alicia dixo...

Recomendamos enclarecidamente ler esta novela de An Alfaya. Mestúrase intriga, prexuízos, amor, curiosidade, política... unha boma explosiva que está presente na sociedade actual.
Elsa, unha rapaza de 16 anos, decide descubrir o por que da existencia case invisible da súa familiar, Sagrario, que pasa desapercivida tanto como para a súa irmá Amadora, como para ela mesma.
Pero non só Sagrario sofre en silencio; Florinda, a tía de Elsa, foi vendida polo seu propio pai e condenada a unha vida de falsedade e encubrimentos.

Non só aconteceu isto; non só sufriron Sagrario e Florencia; nesa familia, todos e cada un gardaban no seu peito grandes segredos e prexuízos. Esperanza discriminada polas súas orixes, Amadora enganada...

Rosa V. 1º-B dixo...

O libro gustoume moito. É bastante entretido e moi intrigante, xa que hai moitos segredos en ta oda a historia que Elsa, a protagonista, terá que resolver.

Tamén me gusta semellanza que hai entre Sagrario e FLorida, o único que non me gustou foi o castigo de Sagrario que foi demasiado duro.

Belén 1ºBACH dixo...

Esta novela de An Alfaya mestura intriga,amor,política,machismo...a maioría presentes na sociedade de hoxe en día.
Elsa,unha rapaza de 16 anos,medrou nun ambiente resentido e indaga no pasado da súa familia para desvelar segredos que ninguén lle quere contar.A historia xira ao redor do pasado de Sagrario,irmán da avoa de Elsa.
Tamén ten moita importancia Florinda,a tía de Elsa,que ten un marido que presenta moitas condutas machistas.
Toda a familia esconde segredos e é o que fai que o libro está cheo de misterios e non poidas parar de lelo para saber o final.
O que máis me gustou foi ó final do libro cando Florinda regresa á casa dos seus pais e deixa só a Bieito,o seu marido.
E o que menos me gustou foi o machismo que está presente en case todos os personaxes,incluídas as mulleres.
Recoméndollo a rapaces e rapazas de 4º da ESO ou 1º de bacharelato.

Andrea Lama, 1º Bach A dixo...

Est anovela, que parece só de intriga mestura moitos temas que están actualmente presentes na sociedade, como a política, o amor, o machismo...

A historia xira en torno a unha rapaza, Elsa, que non acouga ata saber toda a verdade sobre o pasado escuro da súa familia. O seu principal obxectivo é coñecer a pasada vida de Sagrario, a irmán da súa avoa, que vaga pola casa adiante coma unha sombra descalza. A partir de descubrir a historia de Sagrario dase conta de que non é o único suceso terrible que acntecera no pasado da familia. Descobre a historia que hai entre Bieito e Florinda, ya que nesta relación atopamos o principal foco de machismo da novela por parte do marido.

Recomendo moito este libro, pareceume moi entretido e ten unha intriga que persiste ata o final desexando coñecer todos os segredos da novela. Persoalmente, unhas das cousas que máis me gustou foi a historia de Florinda, resistindo e intentando voltar a ese amor prohibido que lle arrincaran por conveniencia cando aínda era unha moza.

Antía S. 1ºB dixo...

A Sombra Descalza trátase dunha novela que xira entorno a unha investigación realizada por unha moza. Esta historia atópase ambientada en dúas épocas diferentes: a dos anos oitenta e a da guerra e posguerra civil.

A nosa protagonista, Elsa, vive rodeada dunha familia que agocha varios segredos encadeados ao pasado das mulleres da casa.
Tras cumprir os dezaseis anos, seu pai ábrelle as portas para coñecer un dos misterios que máis lle chama a atención. A pesar diso, ela non queda conforme e comeza a indagar, atopando distintas pistas e axudándose das palabras das súas achegadas, para, finalmente, destapar os máis escuros e inesperados segredos.

Na miña opinión, estamos ante unha novela moi interesante, que abarca certos problemas relacionados coa Guerra Civil, así como conflitos intrafamiliares que se daban comunmente en épocas pasadas, e que perduran até os nosos días.
Todo isto é tratado dun xeito entretido, creando intriga ao remate de cada capítulo e facendo quedar ao lector con ganas de saber que pasará no seguinte.

En conclusión, recomendo moito este título debido a que é moi sinxelo de ler e móstranos unha imaxe de como era a sociedade naquela época.