06 novembro 2008

As luces de setembro

Varios sucesos parecen envolver a nova amizade de Irene, Ismael: un fabricante de xoguetes que vive recluído na súa mansión, un lugar cheo de sombras e seres mecánicos; unha misteriosa desaparición na illa do faro de Baía Azul fai vinte anos; a morte dunha amiga no bosque preto da Casa do Cabo... Todos estos acontecementos levaraos a vivir unha histoira chea de luz e sombra.

Autor : Carlos Ruíz Zafón

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Este libro mestura un pouco a historia de outras dúas novelas de Carlos Ruíz Zafón: O Príncipe da Brétema e Marina. As numerosas e detalladas descricións do autor permiten reproducir as escenas de maneira minuciosa e vivir dunha maneira máis intensa os acontecementos vividos polos protagonistas. As cartas que aparecen ó principio e ó final do libro permiten saber exactamente o que pensan os protagonistas tras vivir unha historia tran estremecedora, ademais de ser orixinal. En xeral o libro está envolto dunha aura de misterio e de maxia que fan que mereza a pena lelo.

Anónimo dixo...

O libro é interesente e bonito,pero para min hai un fallo,é dicir,unha cousa que non me gustou e é que pasa moito tempo describindo personaxes e estes son demasiados,e despois o que é o interesante e o máis bonito do libro relátao todo dunha forma moi rápida.

Anónimo dixo...

Este libro sorprendeume bastante xa que nun principio non me agradaba e resultábame un tanto aburrido e agobiante ao ver tanto personaxe pero ao ir avanzando na lectura,foi un libro que me enganchou,polo misterio que ten.O final deste libro foime bastante inesperado pero gustoume e a carta coa que finaliza pareceume fermosa.