06 novembro 2008

O diario vermello de Carlota

Autora: Gemma Lienas

Carlota coñece na estación do metro a Flanagan. Dille que vai comezar un diario vermello, onde porá as súas ideas, experiencias e esperanzas sobre a sexualidade. Flanagan decide escribir un el tamén, para ao rematalo intercambialo e comparar dúbidas e aprender xuntos. Pronto a súa relación se fai máis intensa e á vez complicada.

7 comentarios:

Anónimo dixo...

Na miña opinión ,é un libro entretido.Recómendollo en especial ós rapaces,porque é moi interesante e divertido.Instrúe sobre sexo,sentimentos e a etapa da adolescencia,que tantas dores de cabeza nos ocasiona,basándose nas experiencias dunha rapaza.

Anónimo dixo...

Este libro é un dos máis interesantes e sobre todo informativos que teño lido,xa que nos explica todo sobre o sexo,que seguramente non nos atreveriamos a preguntarlle a ninguén.Pero non só fala de sexo,senón tamén dos sentimentos que experimenta unha rapaza na adoelescencia.

Anónimo dixo...

Este libro gustoume moito e pareceume moi interesante xa que nos informa sobre o sexo,ese tema que ás veces nos preocupa pero non nos atrevemos a preguntar a outras persoas.Tamén narra os sentimentos que ten unha rapaza durante a súa adolescencia.Recoméndollo a calquera persoa xa que é moi entretido.

María S dixo...

O diario vermello, tanto o de Flanagan como o de Carlota, son libros pensados para informarnos sobre a sexualidade. Tanto a rapaces coma a adultos. Penso que sempre nos ensina algo novo. Recomendo este libro a todo aquel que queira ter un poco de cultura sobre a sexualidade, sobre os problemas que pode acarrear o sexo e sobre milleiras dúbidas que se nos podan plantexar.

nuria dixo...

para o meu gusto e un libro interesante, xa que da respostas a moitas preguntas que nos facemos na adolescencia,e ademias de explicarnos cousas sobre o sexo tamen nos fala de enfermidades sexuais, e os riscos que corremos se non usamos métodos anticonceptivos.

Silvia M dixo...

Este libro é un dos máis informativos que lin, porque supoño que achega datos sobre o sexo que non nos atrevemos a preguntarlle a ninguén por vergoña...Ademáis trata outros temas secunadarios pero non menos importantes,como a discriminación que tivo a muller en canto á sexualidade(tiñan que chegar virxes ao matrimonio,o seu cometido na vida era casar e ter fillos...),a posibilidade de decir non se non che apetece,etc.
Recoméndovolo porque aínda que a simple vista pode parecer moi longo,lese moi rápido porque engancha e interesa(polo menos a min).

Fátima Iglesias dixo...

Este libro encantoume e sen dúbida foi dos mellores que lin até o momento. Foi unha moi boa elección escollelo, polos temas que aborda, relacionados coa sexualidade, baixo o padecemento e dende o punto de vista, tan parello ao meu, da protagonista: Carlota, unha estudante de 1º de bacharelato que, nunha etapa de cambio fisiolóxico, mental e hormonal, vive novidosas experiencias propias da idade adolescente, tamén coñecida como 'a idade do pavo'.
Foi un libro que me sorprendeu gratamente porque á mesma vez que narra a historia da protagonista e os seus problemas e infortunios, tanto familiares como amorosos, recada e da información sobre temas que as persoas descobren na súa época adolescente, como os métodos anticonceptivos e os seus pros e contras, as ETS (Enfermidades de Transmisión Sexual), SIDA, embarazos na adolescencia...e esta información chega ao lector co peso de resultados obtidos de enquisas feitas a nivel mundial e nacional, como, por exemplo, o número de adolescentes embarazadas ao ano, número de abortos, número de falecidos a causa do SIDA...
Recomendo lelo sen ningunha dúbida porque, ademáis de todo o anterior, é un libro que, baixo o meu criterio, lle pode gustar á maioría das persoas, especialmente a adolescentes.