06 novembro 2008

O portal dos elfos

Pyrgus Malvae é o príncipe herdeiro do reino dos elfos, onde está a piques de declararse unha guerra terrible. Uns sinistros personaxes, os terribles elfos da noite e os demos do príncipe Beleth, están dispostos a matar para facerse co control do reino. Diante da ameaza, Pyrgus vese obrigado a fuxir ao mundo dos humanos para salvar a vida. Mais os seus malvados inimigos sabotean o portal máxico que debía trasladalo e non aparece onde estaba previsto senón no xardín do señor Fogarty...
Autor: Herbie Brennan

1 comentario:

Anónimo dixo...

O libro trata dunha trepidante historia na que se mesturan aventuras excitantes, ficción, outros mundos paralelos, demos, elfos...; maxia, conxuros para invocar os demos, conxuros ilusorios...; temas de actualidade, divorcio, homosexualidade...; etc.

É un libro fácil de ler. Pódelle gustar a todo o mundo, xa que reune case todos os tipos de xéneros de actualidade. A medida que vas lendo xorden cuestións que un quere saber:¿que vai ocorrer?, ¿onde estará?,¿que pasará agora?..., polo que nunca quererás parar de ler ata chefar ó final, xa que cando parece que as cousas se arranxan volven a xurdir problemas que non se resolven ata o finaldo libro.

Está ben estruturado, en cada capítulo fálase sobre os problemas e a situación en cada mundo e en cada familia. A descrición axúdache a facerte unha idea de cómo pode ser o lugar, a persoa, o seu aroma... Chégaste a meter na pel dos personaxes e imaxinar diferentes finais.