01 decembro 2008

Cartas de amor

As historias deste libro nacen a partir de cartas de amor. Pero non son cartas de amor convencionais. O amor ou o desamor son as desculpas que nos permiten coñecer as dramáticas circunstancias que rodean ás mulleres que as escriben. De feito, os verdadeiros protagonistas das cartas xon a pobreza, a guerra, a inmigración, o franquismo, a violencia, a prostitución, a presión social, a integración…
Autor: Fran Alonso

1 comentario:

Marta dixo...

Sendo eu unha romántica, esperaba atoparme con outro tipo de historias máis típicas de películas, pero sen dúbida considero moi acertado o previo aviso do autor.
Malia pena de non ser o que eu desexaba, debo dicir que ao acabar o libro estaba sorprendidamente abraiada. Coma quen recibe unha sorpresa ben agradable. "Fascinada" tal vez sexa a palabra apropiada para definirme.
Nun principio non cría que chegase a ser para tanto pero si, encantoume, moito. É un deses libros que recomendaría ler, e despois de acabalo, desexar esquecer o contido para volver lelo e gozalo de novo cada vez.
Considero un magnífico traballo o das narradoras por conseguir escribir esas cartas, como resposta ou como vía para desafogar sentimentos pero que, á vez, contan brevemente toda unha historia entre varias personas. Si que é certo que cada relato, cada acontecemento que se contan, son únicos pero penso que constan dunha unión especial entre eles: son cartas que nos dan a entender que nunca chegarán ao destinatario, cartas de mulleres doloridas e cartas que contan os verdadeiros desastres humanos, as inxustizas, os abusos e maltratos, os terrores da vida actual. Todo o que a estas alturas non debería de estar a acontecer.
Grazas a Fran Alonso por commpartir estas historias con nós.