14 febreiro 2009

Día do amor fronte á violencia, guerra, discriminación...


Esta actividade utilizouse para homenaxear ao profesor do Departamento de
Ciencias desaparecido, Amadeo. Con Moito amor participaron alumn@s de todo o
centro, coordinando o ENDL as lecturas públicas no patio, xunto á arbore plantada na súa memoria. Este é un dos poemas lidos polos “Colegas das palabras”:

Sempre

Un frío crepúsculo
escurece as nosas vidas
Os días xa non eran días
de pronto volvéranse noite.
O reloxo parou un instante,
dixeras adeus.
Marchaches,
e levaches contigo o teu sorriso,
a túa mirada, as túas palabras.
Marchaches,
e levaches contigo a túa
sabedoría;
aquela sabedoría que
impregnabas en nós
cada vez que deixabas ao
descuberto
aquel amor que pola Terra sentías.
Marchaches,
pero non para que as bágoas
mergullasen as meniñas dos nosos
ollos.
Non.
Marchaches
na busca da liberdade:
esa liberdade coa que poderías
fundirte cos teus amores.
Esa liberdade
que che permitiría formar parte
de cada río, de cada mar,
de cada lago, de cada ser.
Formar parte do ar.
Hoxe é o día
no que o sol brilla de novo;
no que os paxaros volverán piar
o seu cantar de ledicia,
porque hoxe é o día
no que estarás sempre connosco.
(Susana Rodríguez Fariñas. 1º Bach)

1 comentario:

Sus R. dixo...

Amadeo,

Grazas por amosar esa paixón que sentías pola túa profesión. Despertaches en min ansias de alcanzar unha meta... a meta de desfrutar do que faga o día de mañá.
Agardo que agora por fin sexas completamente feliz... esteas onde esteas

Grazas profe, nunca te esqueceremos.