24 febreiro 2010

A banda sen futuro


Autora: Marilar Aleixandre
Unha rapaza de dezaseis anos debe facer amigos no seu instituto novo. Non é doado conseguilo e menos se unha ten o cabelo rapado ó cero e se sente como un ídem á esquerda. Carlota non entende por que os seus pais a obrigan a ir a clase. Só, Poch o cantante morto de Derribos Arias é quen de comprendela e manter longas conversas co ela desde a súa foto, aínda que non sempre lle dá a razón. Nestes meses Carlota descubrirá o amor e o desamor, e intentará pillar o ceo cos pés.

1 comentario:

Lucía G 4ESO dixo...

A Banda sen futuro é un libro que conta a historia de Carlota, unha nena que non quere ir ó instituto pola enfermidade que padece.
Complexos, inseguridades e medo ás burlas poden ser os pensamentos máis habituais de Carlota.Non é fácil non ter pelo e ser adolescente, pero co paso do tempo darase conta que non está tan mal como ela pensa. Sen dúbida unha historia chea de emocións, mensaxes e situacións, tanto amorosas como familiares, que faran sen dúbida facer pensar a calquera que a lea.

Dende o meu punto de vista máis subxectivo teño que dicir que me encantou. Ten un transfondo que toca moito e conciencia outro tanto.
Unha historia amena que permite case meterte no papel da protagonista e sentir o que pode ser a angustia por non ser aceptada e a satisfacción que ó final do relato ten o saber quererse e valorar o que ten. Sen dúbida unha mensaxe moi positiva cara os novos lectores.