15 abril 2010

A recortada


O destino xoga con Martín, poñéndolle nas mans unha recortada e enfrontándoo a un fuxido da xustiza nos seus anos mozos. A partires dese intre a arma converterase no seu sinal de identidade. Só a lembranza de Mariña, a que fora a súa mestra e fonte dos seus soños adolescentes, lle dará pulos para resistir. Pero outro atranco do destino deixará pegadas de morte ás súas costas, condenándoo definitivamente a ser unha víctima das circunstancias. Unha novela sobre o sentido tráxico da existencia, tecida sobre unha inquebrantable e intensa historia de amor.
Autora: An Alfaya

1 comentario:

Martín Araújo Mosquera dixo...

Este libro pareceume moi entretido xa que conta case a mesma historia desde tres perspectivas diferentes que permiten ao lector poñerse na pel do protagonista e entender algúns dos seus feitos.
Ademais este libro amósanos que o futuro e o azar poden levarnos a cometer actos antes impensables para nós.
A pesar da súa brevidade e a súa facil lectura , unha vez lido, resulta un pouco difícil expresar con palabras todas emocions e sentimentos que se dan nel.