
   Conxunto de vinte e cinco poemas en verso libre       titulados con cadanseu verbo, segundo a orde alfabética, que       constitúe o punto de partida para o motivo lírico. Ler o libro é viaxar para atoparse a un       mesmo, para volver á cerna onde sempre estivemos porque "os poetas       escriben / con follas de ouro branco / e ollos de maxia (...) / onde nós       só vemos / campo gris e amezante". Por iso esta poesía é       como unha praza "onde caben os nenos / que habitan os domingos / e comen       chocolate / e rin fóra das sombras". 
Ningún comentario:
Publicar un comentario