19 maio 2011

O frío azul


O frío azul.. Ano 1517. Nunha escura invernía, desafiando unha mesta nevarada, un viaxeiro chega ao mosteiro de Oseira. Acarrexa unha misteriosa bagaxe, a fonda tristeza do seu corazón mancado e, sobre todo, a ansia por saber a calquera prezo a razón da súa insólita desventura.

8 comentarios:

Érika Fernández dixo...

Na miña opinión é un libro moi entretido.O que máis me gustou foi o suspense que houbo ate o final.O vocabulario entendino a perfección.O que menos me gustou foi a variedade de lugares que percorren os persoaxes e como conta a historia saltando dun ao outro.
O que máis me chamou a atención foi o final,a resolución da trama.Dende a metade da novela pensaba no final,en como acabaría a historia,e non me imaxinaba iso en absoluto.En definitiva,gustoume moito a pesar de que non me gustan os libros de fantasía e maxia,pero neste caso o suspense,o romance e o misterio gañáronme

Anónimo dixo...
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
Antía López Ucha dixo...

O que me gustou deste libro foi a orixinalidade da trama, xa que nunca lera unha historia semellante, e o ton sobrenatural que ten, ao haber persoas neste libro que se poden converter en animais.
Outro punto que considero bó é a cantidade de lugares que percorren as persoaxes, dende Oseira ata Salvaleón e a maneira que ten cada unha delas de contar a súa propia historia.

O que menos me gustou do libro foi a parte da narración, cando non fala ningunha persoaxe, xa que considero que usa unha linguaxe máis difícil de comprender.

En xeral, este libro pareceume entretido e interesante, cunha boa historia e unha boa resolución da trama, polo que o recomendaría a calquera.

Samuel Varela 1 BACHARELATO dixo...

Trátase dunha historia curta pero que engancha dende o comezo ata a fin do libro, combinando a historia real co fantástico.
É un libro con multitude de detalles, tanto que nos fai estremecer e coller frío cando entramos ao mosteiro da man do protagonista ou cando comprobamos como entra a lenda na novela co caso das fillas do zapateiro.
Resúltame un libro próximo pois coñezo de cerca a maioría dos lugares por onde pasa o cabaleiro para chegar a Oseira.
Confesións, maxia, poder, amor e morte mestúranse dun xeito pouco común.
A superstición e o poder do mal concentrado dun abade, violento, peligroso que usa calquer arma para conseguir o que desexa.
Todo isto concédelle a obra unha grande orixinalidade.
RECOMENDO A SÚA LECTURA

Alba Diéguez Fernández 1º Bacharelato dixo...


Dende o meu punto de vista a narración tan precisa que emprega, as atentas descricións, o amplo vocabulario e os recorridos detallados fan que leer esta novela de Ramón Caride sexa un pracer.
A primeira impresión que me deu non foi moi boa, xa que a súa situación cronolóxica , a Idade Media, non me chamaba pero según fun avanzando na lectura íame enganchando máis e máis . Sen duda é unha recomendación a ollos pechados, xa que é unha relato que, aunque o principio che poda votar atrás a súa lectura debido os trazos mitolóxicos que se encontran, acabará por gustarche, e máis se eres dos que lle encanta perderse entre as historias con algo de maxia.

Xiana Veiras dixo...

Este libro non me gustou moito porque daba saltos no tempo e mesturaba o pasado co presente.Pareceume difícil de comprender porque a veces empregaba unha linguaxe un pouco complexa.Aínda que según transcorría o libro íame gustando máis e incitabame a ler máis.

Aldara Mojón Santiago dixo...

Tratáse dun libro cunha historia chea de intriga, misterio e suspense que lle da unha orixinalidade a forma na que se desenvolve a historia. O que máis me gustou foi o final da novela, xa que penso que é moi distinto ao que calquera pode imaxinar se les o libro. Outra cousa que destacaría é a mestura da historia real co mundo fantástico ou máxico.
En xeral, é un libro interesante, curioso e que pode ler calquera xa que ten unha linguaxe e un vocabulario moi sinxelo de comprender.
Polo tanto, recomendo este libro!

Alba Diéguez Fernández 1º Bacharelato dixo...

Dende o meu punto de vista a narración tan precisa que emprega, as atentas descricións, o amplo vocabulario e os recorridos detallados fan que ler esta novela de Ramón Caride sexa un pracer.

A primeira impresión que me deu non foi moi boa, xa que a súa situación cronolóxica, a Idade Media, non me chamaba, mais cando ía avanzando na lectura íame enganchando máis e máis.

Sen dúbida recomendo este libro, xa que é un relato que, a pesar de que o comezo che poida botar atrás, debido aos trazos mitolóxicos que se encontran, acabará por gustarche, e mais se es dos que lles encanta perderse entre as historias con algo de maxia.