19 maio 2011

Os megatoxos II, A espada esmeralda


Ruxe, Lúa, Faísca e Ninfa están a vivir un curso escolar ben emocionante. Tras desenvolver por accidente estraños poderes, un milleiro de problemas comezan a xurdir nas súas vidas. Na procura dunha solución para a súa mutación xenética, viaxarán desta vez ao medievo, onde atoparán un antigo e misterioso mosteiro en que nada é o que parece.
Nesta nova aventura, os Megatoxos deberán medir a súa intelixencia e valor entre códices medievais, nunha biblioteca chea de enigmas e perigos, situación que porá en xogo a súa amizade.

1 comentario:

Aitor Conde 1º ESO B dixo...

É un libro moi guai, divertido e cheo de acción.
Xa lin o terceiro libro da saga (os Megatoxos e os templarios da luz), pero este gústame moito porque a aventura sempre está acompañándoos.
Estou desexando ler o cuarto!