19 maio 2011

Palabras de caramelo


Kori é un neno de oito anos que só recoñece as palabras nos movementos da boca. Por iso é capaz de saber o que lle di o seu mellor amigo, un pequeno camelo ao que trata de salvar camiño dese deserto co que sempre soñou. Quizais a súa aventura nunca remate, sobre todo pola mensaxe tan especial de Caramelo.

5 comentarios:

Andrea 1º ESO B dixo...

Este libro gustoume moito porque expresa a amizade que ten Kori cara ao seu amigo, Caramelo, e o difícil que é deixalo atrás.
Recomendollo aos rapaces de primeiro de ESO.

LUCIA 1º ESO B dixo...

Ola,este libro gustoume moito porque expresa a amizade co camelo e o amor cara el .
Tamén nos ensina que hai que ter bo corazón e ser un bo amigo . É moi curto ,desexovós que o leades , é moi feliz.

UN SAÚDO

Belén 1ºESO B dixo...

Este é un libro moi fermoso, ensínanos a amizade entre un neno xordomudo e un camelo, aínda que ten un final triste pero ao mesmo tempo bonito.Foi un libro que me gustou moito!!

mario 2ºESO B dixo...

Gustoume moito porque é moi fermoso e expresa moita amizade. Recomendollo a todos os nenos/as do mundo.

Mario 2ºESO B dixo...

Perdón polo nome en minusculas agora xa o poño ben xd