06 xuño 2011

O Clan da Loba


Desde tempos inmemoriais, os clans das bruxas Omar viviron agochándose das sanguinarias bruxas Odish e agardando a chegada da elixida pola profecía.
Agora os astros confirman que o tempo está próximo. Anaíd, que viviu durante os seus catorce anos de vida apartada nunha vila do Pireneo, ignora os segredos que teñen que ver coas mulleres da súa familia... Ata que a misteriosa desaparición da súa nai, Selene a roxa, a enfronta cunha verdade tan arrepiante coma incrible e obrígaa a percorrer un longo camiño cheo de perigos e de descubrimentos...

3 comentarios:

paula 1ºeso -B dixo...

Ola, gustoume moito este libro porque é intrigante e fantasioso e ademais anímate moito a ler os seguintes. Recomendollo a todo o mundo .Lédeo e xa comentaremos.

Belén 1ºESO B dixo...

É un libro moi intrigante, aínda que ao principio un pouco lioso, pero ten un final moi bonito.Gustoume moito!!

Andrea 1º ESO B dixo...

Ola!!
Este é un libro fermoso que nos ensina que a pesar de todo Anaid o que quere é salvar á súa nai.
Recoméndovolo a todos.