15 novembro 2011

O misterio das badaladas

 Título: O misterio das badaladas.
Autor: Xavier P. do Campo Editorial: Vía láctea
Por fin hai reloxo novo en Eiranova. Anda exacto ata as doce da noite, en que dá trece badaladas. Como ao día seguinte tamén o fai, o reloxeiro mira de amañalo pero non lle atopa fallo ningún na maquinaria. Cinco rapaces, encabezados por Cristina, póñense a pescudar o misterio da badalada número trece. Válense dunha serie de pistas que o "culpable" lles vai deixando.

Ningún comentario: