15 novembro 2011

Os Megatoxos e a espada esmeralda (2).

Autor: Anxo Fariña . Ed. A Nosa Terra
Ruxe, Lúa, Faísca e Ninfa están a vivir un curso escolar do máis emocionante. tras desenvolver por accidente estraños poderes, un milleiro de problemas comezan a xurdir nas súas vidas.
Na procura dunha solución para a súa mutación xenética, viaxarán desta vez ao medievo, onde atoparán un antigo e misterioso mosteiro no que nada é o que parece.
Nesta nova aventura, os Megatoxos deberán medir a súa intelixencia e valor entre códices medievais, nunha biblioteca chea de enigmas e perigos, situación que porá en xogo a súa amizade.

1 comentario:

Christian González Castro dixo...

Este libro recoméndolollo a todos os rapaces e rapazas porque ensina que un non se pode fiar de todos ou das súas apariencias. Como lle sucedeu a Ninfa, Ruxe, Faísca e Lúa que se atoparon no mosteiro cun rapaz da súa idade que estaba atado e que lles fixo crer ós rapaces que era cabaleiro da orde dos Templarios da Luz. Despois ó final Ezbel, que así se chamaba o mozo, resulta que era malvado e quería matar aos Megatoxos para recuperar a espada.
Tamén ensina como os rapaces se axudan mutuamente para derrotar os monstros de pedra e tamén cando est.aban caendo a un foxo, que Faísca non deixaba caer a Ninfa
O libro é moi interesante, de feito é un dos libros que máis me gustou. Del, pópdese sacar a conclusión de que se nos axudamos entre todos podemos conseguir o que queremos.