15 novembro 2011

Trece anos de Branca

        
Título: Trece anos de Branca
Autor: Agustín Fernández Paz Editorial: edebé
 Branca é unha rapaza chea de ilusións. Unha hepatite obrígaa a gardar uns meses, tempo que aproveita para facer un repaso das súas experiencias infantís. Un álbum cheo de fotografías evocará esas sensacións xa vividas. Ó mesmo tempo, Branca     decátase de que deixa atrás unha parte importante da súa vida para dar paso á adolescencia.

1 comentario:

Nerea Salgado, 1º ESO dixo...

Recoméndoo porque me gustou moito.Branca ao principio non valora o que fan os demais,pero despois de estar dous meses enferma na casa vai cambiando.Falar coa súa nai,que o seu pai a atenda,ademais de traballar,axúdaa.A medida que pase o tempo vai dándose conta das cousas.Agora quere saír,gozar.Espero que vos animedes a lelo e vos guste.