29 outubro 2013

Cartas de inverno

 Autor: Agustín Fernández Paz. Ed. Xerais.
Tareixa Louzao recibe un voluminoso sobre remitido polo seu irmán Xabier desde un, para ela, descoñecido lugar: Doroña (Vilamaior). No interior inclúense unha carta e outro sobre máis pequeno coa lapela de cerre reforzada por unha fita adhesiva. Na carta, Xabier indícalle á súa irmá que non abra o sobre fechado e que, se antes dunha semana non volve recibir outra misiva súa, llo entregue ó Inspector Soutullo da Comisaría de Vigo.

5 comentarios:

Raquel dixo...

-A min este libro gustoume, porque fala dun tema que me gusta moito:o misterio; sobre todo porque mantén a intriga ata o final ainda que o remate non me gustou moito. Eu recoméndoo a todos os rapazes/as da miña idade. Pasarás un bo rato e as túas neuronas funcionarán moito máis ca mirando a tele.

Belén Rodríguez Barrosa 3ESO B dixo...

Gustoume este libro porque mestura intriga,suspense,algo de medo...
Sentinme identificada con Teresa que se preocupa tanto por seu irmán Xabier e o seu amigo en común, Diego.Eu non sería capaz de pasar nin unha noite máis nesa casa, sabendo o que pasa...
Recomendolle este libro a toda a xente a que lle guste a intriga,o suspense...
Este libro no fondo engancha...

B.A.M.P. dixo...

Este libro de Agustín Fernández Paz recomendaríao para facer unha lectura interesante,curta e cun final algo estraño pero bo.

Cartas de Inverno pereceume intrigante,gustoume o desenlace mediante cartas enviadas dun personaxe a outro.O que non gustoume tanto foi o final,demasiado aberto e intrigante para a miña opinión,quedeime sen saber algunhas cousas.
Pero en xeral o libro gustoume e todo o momento tiven unha sensacion de suspense.

Laura Fernández dixo...

Cartas de Inverno é un libro cheo de misterio. Gustoume especialmente porque ao final de cada capítulo déixate tan intrigado que o primeiro que queres facer é seguir lendo ata chegar ao final da historia. Recomendoo a calquera persoa, xa que é moi entretido.

Lourdes Villarino 3ESOA dixo...

Na miña opinión é un bo libro que contén misterio e feitos paranormais e por iso gustoume moito.Había moitos momentos en que non sabías o que ía pasar ou te sorprendías das accións dos personaxes.A temática é interesante,entretida e engaiolante